Memoria de Responsabilidade Social da Universidade da Coruña
A presente memoria recolle a achega da Universidade á contorna e ás comunidades onde está presente. Nun contexto de incerteza marcado pola COVID-19, destacamos o esforzo do persoal da Universidade que permitiu asegurar a continuidade das actividades docentes e investigadoras durante os momentos máis críticos da actual crise sociosanitaria. Así mesmo, resaltamos o intenso labor investigador que na actualidade está a levar a cabo a UDC no ámbito da saúde e, particularmente, mediante a posta en marcha de proxectos de investigación específicos vinculados á loita contra a pandemia.
Saúde
Colaboración e impulso
Compromiso
A UDC
Con máis de 30 anos de historia, a Universidade da Coruña continúa afrontando os retos e as oportunidades da contorna cunha visión innovadora a través da formación, a investigación e a transferencia dos resultados.
A nosa ambición de mellora continua permítenos ir abrindo camiño cara a un desenvolvemento máis sostible. Este crecemento integra de forma transversal a dedicación para asegurar o benestar e a saúde das persoas a través de todas as nosas actuacións. No proceso de adaptación a un mundo interconectado creamos as ferramentas necesarias para proporcionar servizos sostibles e de vangarda.
VER MÁISSAÚDE
Na UDC estendemos o noso compromiso coa saúde e a seguridade a todas as nosas actuacións. Ademáis, a situación sanitaria que estamos a vivir pon máis en valor a necesidade de promover as actividades relacionadas coa innovación e investigación.
Principalmente, durante a etapa de confinamento traballamos para continuar ofrecendo todos os nosos servizos á comunidade universitaria, maioritariamente de forma telemática. Neste sentido, continuamos estando comprometidos cos servizos de investigación e a actividade que levan a cabo día a día os nosos investigadores no ámbito da saúde.
VER MÁISCOLABORACIÓN E IMPULSO
A alianza que se crea entre a universidade e a empresa é unha oportunidade de desenvolvemento socioeconómico. As tendencias actuais inciden na necesidade de fortalecer as relacións entre entidades público-privadas. Estas colaboracións teñen que ser o motor de creación e crecemento dos procesos de innovación e transformación dixital, promovidos polos estímulos económicos e sociais da nosa contorna.
Dende a UDC adaptámonos ás novas tendencias marcadas polo cambio continuo da sociedade e do medio. Para favorecer a adaptación a un entorno cambiante e máis esixente, promovemos a transformación mediante a docencia, a investigación e a transferencia de resultados.
VER MÁISCOMPROMISO
Na consecución dos nosos compromisos como institución educativa de significativa importancia para o desenvolvemento da sociedade, desafiamos os retos actuais con entusiasmo e motivación.
Desta maneira axudamos e contribuímos para completar as metas mundiais recollidas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas, incluídas na axenda para o desenvolvemento de todas as sociedades.
VER MÁISundefined