
Os nosos obxectivos estratéxicos

Docencia e aprendizaxe
- Aprendizaxe de calidade no ámbito do espazo europeo de educación superior.
- Atención especial á empregabilidade e ao emprendemento dos egresados.
- Oferta formativa consolidada e axustada ás necesidades da contorna.

Investigación, innovación e transferencia
- Produción científica de calidade.
- Incrementar a colaboración coas empresas da contorna e
fomentar a transferencia de coñecemento. - Internacionalizar a investigación e transferencia.

Responsabilidade social
- Universidade que impulsa o cambio social.
- Igualdade de oportunidades e fomento dunha cultura de non
discriminación. - Universidade responsable do seu impacto ambiental.

Internacionalización
- Titulacións e ambiente universitario social.
- Mobilidade internacional crecente por motivos de estudo e
prácticas laborais. - Mellorar as competencias lingüísticas en idiomas estranxeiros de toda a comunidade universitaria.

Financiamento e uso eficiente dos recursos
- Captación de recursos proactiva e ingresos diversificados.
- Xestión eficiente responsable e transparente dos recursos
públicos. - Comunidade identificada coa institución.
Para asegurar a nosa cultura universitaria, baseada na ética e a responsabilidade, desenvolvemos un Código Ético que recolle os valores e principios que se presentan como os fundamentos sobre os que se cimentan os nosos comportamentos e actuacións.

Oferta académica
Na Universidade da Coruña comprometémonos a garantir unha oferta académica inclusiva e de calidade. O noso obxectivo céntrase en dar resposta ás necesidades formativas e expectativas docentes das persoas que requiren de servizos educativos superiores.Parte da nosa oferta responde os requirimentos expostos polas administracións que son as encargadas de verificar a calidade dos nosos plans de estudo, e, por outra banda, ás condicións particulares dos nosos estudantes e as necesidades da sociedade.

Estudantes
O noso carácter de organismo público de ensino lévanos a enfocar os esforzos nos estudantes, considerámolos o noso grupo de interese prioritario. Grazas a eles ten sentido o noso traballo e cumprimos o noso propósito docente. Poñemos todos os nosos esforzos en superar as súas expectativas e adaptarnos ás súas necesidades coa máxima calidade.

Equipo humano
O noso equipo humano pódese clasificar en dous grupos segundo as actividades que desempeñen dentro da Universidade. Está integrado polo persoal de administración e servizos (PAS) e o persoal docente e investigador (PDI).
Os grupos que conforman o noso equipo humano proporcionan valor á institución e son o piar fundamental da Universidade. Grazas a eles conseguimos garantir a máxima excelencia no ensino, na protección e coidado das persoas e o medio ambiente, nunha senda de innovación e desenvolvemento sostible.