Desde a Universidade contribuímos á defensa da seguridade cidadá traballando, particularmente, nos seguintes ámbitos:

EMERXENCIAS E CATÁSTROFES
RISCOS PARA A SAÚDE DAS PERSOAS
SEGURIDADE DE INFRAESTRUTURAS CRÍTICAS
CONFLITOS XEOPOLÍTICOS E COOPERACIÓN INTERNACIONAL
VULNERABILIDADE ENERXÉTICA E CAMBIO CLIMÁTICO
SEGURIDADE DA INFORMACIÓN E PROTECCIÓN DE DATOS

Os proxectos, actividades investigadoras e demais iniciativas vinculadas ás liñas de actividade sinaladas, contaron con cun gran impacto.

A UDC e a protección ante emerxencias e catástrofes

Traballamos para facer fronte a estas situacións de risco co obxectivo de previr e minimizar potenciais danos, tanto para o ser humano como para os ecosistemas naturais. Desta forma, mantemos un firme compromiso para achegar as respostas adecuadas de forma eficaz, desde un punto de vista preventivo e de mitigación ante situacións accidentais ou intencionadas.

Unha Universidade comprometida cos riscos para a saúde das persoas

Para a Universidade, é de vital importancia reforzar os nosos sistemas de saúde, desde un punto de vista operativo, pero tamén desde un enfoque de innovación para estar preparados e poder anticiparse a futuros escenarios. Desde a UDC impulsamos a investigación e transferencia nesta materia apoiándonos no desenvolvemento tecnolóxico e nas últimas técnicas de vangarda.

Ademais, neste marco de seguridade e saúde das persoas na contorna universitaria, seguimos traballando de forma específica na xestión da COVID-19 para poder volver á nosa actividade normal. Así, desde a Universidade traballouse no desenvolvemento dun Protocolo de volta ás aulas ao comezo do curso para garantir a saúde e a seguridade de toda a comunidade universitaria.

A Universidade e a seguridade das infrastruturas críticas

A Universidade da Coruña traballa para desenvolver materiais e estruturas innovadoras a través de actividades de investigación e transferencia co fin de reforzar infraestruturas clave.

Conflitos xeopolíticos e cooperación internacional: O noso compromiso coa paz e a prosperidade no mundo

Garantimos a seguridade dos estudantes beneficiarios de programas de mobilidade internacional. Desta forma, os nosos estudantes recibiron asistencia por parte da Universidade para cancelar, aprazar ou modificar as accións de mobilidade internacional afectadas polo conflito bélico.

Traballamos para dar a maior flexibilidade posible aos estudantes ucraínos e exploramos medidas concretas para xerar contornas seguras e inclusivas das que poidan beneficiarse.

Vulnerabilidade Enerxética e Cambio Climático: Unha Universidade que aposta pola Eficiencia Enerxética e a Mobilidade Sostible

Desde a UDC centrámonos no desenvolvemento de solucións que permitan xestionar os recursos enerxéticos de forma máis eficiente e, ademais, tendo en conta o factor de que sexa accesible para a sociedade no seu conxunto.

Colaboramos en proxectos vinculados ao desenvolvemento de actividades investigadoras que permitan minimizar e mitigar os riscos asociados ao cambio climático e traballamos para optimizar o uso enerxético na nosa actividade universitaria diaria.

Vulnerabilidad do Ciberespacio: Unha Universidade comprometida coa seguridade da información

Na Universidade da Coruña desenvolvemos, principalmente a través dos nosos grupos de investigación, as solucións necesarias para aplacar os problemas vinculados á ciberseguridade e á crecente dixitalización dos servizos.

A nosa contribución á xestión de emerxencias e catástrofes

A Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias

A Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias foi creada no ano 2019, a través dun convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol co propósito de converterse nun espazo estratéxico e duradeiro para a investigación sobre a protección civil, así como un mecanismo para trasladar coñecementos e transferir resultados a sociedade.

Obxectivos

  • Previr, adiantarse e planificar os elementos de protección civil do sistema público para que cheguen a implantarse na sociedade.
  • Creación dun espazo de estudo e formación no ámbito da prevención e control de emerxencias.

Principais liñas de traballo

  • Coordinación e Comunicación en emerxencias.
  • Autoprotección en centros escolares e centros públicos dependentes doutras administracións.
  • Plans de emerxencia ou autoprotección en espazos peculiares.
  • Protocolos de actuación en emerxencias.
  • Actuación municipal ante fenómenos meteorolóxicos adversos.
  • Espectáculos públicos e actividades recreativas. deportivas e culturais.

ACTIVIDADES E PROXECTOS REALIZADOS

  • ELABORACIÓN DE ESTUDOS E INFORMES VINCULADOS Á XESTIÓN DA COVID-19
  • CICLO DE CONFERENCIAS “A PROTECCIÓN CIVIL QUE QUEREMOS”
  • GALICIA INNOVATION DAYS
  • PREMIO TFM
  • CURSO DE ESPECIALIZACIÓN UNIVERSITARIO DE PROTECCIÓN CIVIL E XESTIÓN DE EMERXENCIAS

PROXECTO CRISPRO encara os riscos máis significativos vinculados a impactos provocados por desastres e o desenvolvemento sostible, como poden ser a emerxencia climática, a seguridade e a protección da sociedade e a resiliencia das comunidades ante desastres.

PROXECTO COLES SEGUROS nace co propósito de ir máis aló da implantación dun plan de autoprotección na contorna escolar, incluindo ao alumnado na comprensión e desenvolvemento, aumentando, desta maneira, o impacto.