UNIDADE UNIVERSITARIA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
A función da ADI é facilitar a integración das persoas con discapacidade na comunidade universitaria da UDC, eliminando ou mitigando os obstáculos e barreiras que estas persoas atopan á hora de acceder a unha educación en igualdade de condicións e todas as implicacións desta problemática.
A ADI márcase os seguintes obxectivos específicos:
- Velar polos dereitos do alumnado e do persoal da comunidade universitaria.
- Facilitar o acceso á Universidade.
- Favorecer a integración e a independencia.
- Transmitir e difundir información á comunidade universitaria.
- Asesorar nas posibles adaptacións.
- Eliminar as barreiras arquitectónicas.
- Dinamizar as canles e redes de comunicación.
- Fomentar actividades relacionadas coa diversidade e integración social.
OFICINA PARA A IGUALDADE DE XÉNERO
O propósito desta oficina é lograr que a actividade docente, investigadora e laboral manteña un carácter equilibrado e igualitario, así como eliminar e impedir calquera manifestación de discriminación por razón de xénero que sexa susceptible de ocorrer na contorna da Universidade.
Desde a OIX préstanse os seguintes servizos a través das súas actividades e iniciativas:
- Promoción de estudos sobre situacións de xénero.
- Amparar a introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación.
- Describir e desenvolver actividades de difusión, sensibilización e extensión.
- Impulsar accións que garantan condicións igualitarias.
- Colaborar con institucións e administracións públicas e privadas.
- Coñecer, informar e resolver os posibles conflitos.
- Servir como observatorio de situacións de xénero.
CENTRO DE ESTUDOS DE XÉNERO E FEMINISTAS
O Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) créase co propósito de establecer un espazo de investigación de carácter aberto e multidisciplinar que integre e dea cabida a todas aquelas persoas investigadoras que desenvolvan as súas liñas de traballo sobre aspectos relacionados con materia de xénero ou feminismo
Ademais, o Centro establécese como un espazo de formación no que desenvolver cursos con temáticas e público diverso así como un espazo de encontro e diálogo buscando estar en contacto continuo coa realidade social en todos os puntos do mundo.
Internacionalización e empregabilidade da comunidade universitaria
PROGRAMA INTALENT
A través do programa de colaboración UDC-Inditex, InTalent búscase a xeración, retención, recuperación e captación de talento investigador co obxectivo de xerar tecido científico e investigador de excelencia.
Contrato de ata 3 anos na UDC.
Salario de 45.000 euros por ano.
30.000 euros por proxecto para a investigación propia.
Asesoramento técnico.
Independencia investigadora.
Instalacións para a execución do proxecto.
ESPAZO COMPARTIDO
A través do Programa Espazo Compartido orientado a mozos e mozas con discapacidade cognitiva impulsa a obtención de habilidades persoais, sociais e competencias básicas que fomenten a empregabilidade e a inclusión laboral deste colectivo.
PROGRAMA ADDVENTURE
Programa enfocado a mozos recentemente titulados universitarios, microempresas, profesionais e traballadores autónomos das zonas da Coruña e Ferrol que pretendan levar á realidade unha idea de negocio, ou que decidisen redefinir a súa estratexia empresarial, apoiándose de maneira intensiva no uso das TIC.
ESTANCIAS PREDOUTORAIS INDITEX-UDC
A través das estancias predoutorais, facilitamos as personas matriculadas nos nosos estudos de doutoramento a posibilidade de estancia en un centro de investigación no extranxeiro como formación complementaria a cal lle permita optar a mención internacional na súa tese de doutoramento.
21 persoas beneficiadas
Máis de 81 mil euros en axudas
TALENTOS INCLUSIVOS
Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar as vocaciones STEM así como a adquisición de habilidades nestos ámbitos, facendo visible a utilidade social con persoas con Parálisis Cerebral (PC). Desde o proxecto, explórase a forma na que a aplicación de tecnoloxía pode resolver algún dos retos diarios aos que se enfrontan as persoas con parálise cerebral.
FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA (FUAC)
Desde a Universidade da Coruña búscase que os alumnos perciban unha integración no sistema laboral por mor da súa experiencia universitaria, considerando fundamental manter unha frutífera relación universidade-empresa para cumprir co noso compromiso de formación completa. Con esta relación conectamos os postos de formación dos que dispoñen as empresas cos alumnos que buscan poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante os seus estudos.
PROGRAMA BERCE
O obxectivo fundamental do Programa Berce é establecer as bases para que investigadores de calquera procedencia atopen atractiva e escollan á UDC como a institución para levar a cabo a súa investigación de excelencia. O programa pretende, tal e como indican as súas siglas, facilitar a benvida, estabilización e retorno de ciencia excelente
Os obxectivos específicos definidos para o Programa Berce son os seguintes:
• Atraer talento de calquera parte do mundo
• Motivar aos investigadores da UDC para participar en iniciativas de ciencia excelente
• Facilitar as oportunidades de desenvolvemento profesional na UDC para os futuros líderes de investigación
• Prestar soporte técnico e mentorización aos solicitantes
PROGRAMA LABORALIA
Dirixido a estudantes e graduados sobre competencias profesionais, co obxectivo fundamental de mellorar a inserción laboral e fomentar a cultura emprendedora no ámbito universitario.
Protección do medio ambiente e da saúde na nosa contorna
OMA.
OFICINA DE MEDIO AMBIENTE
Na Oficina de Medio Ambiente (OMA) temos moi en conta o importante papel que a concienciación ambiental xoga na transición cara a un modelo de consumo sostible. Dende a Oficina lévanse a cabo:
- Programas de especialización en sustentabilidade
- Difusión e divulgación das actividades realizadas e temas de interese
Educando para a sustentabilidade
Iniciativa para a formación e participación en temas relacionados coa sustentabilidade ambiental e social por parte da comunidade universitaria, a través do marco “Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio”.
Green Campus
En colaboración coa Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), a Universidade da Coruña comprometeuse a implantar os procedementos de xestión ecolóxica nos seus centros e facultades baixo a etiqueta Green Campus por mor da firma dun convenio que os converte en membros da International Foundation for Environmental Education (FEE).
GreenMetric
O GreenMetric World University Ranking busca ofrecer información sobre a situación e o desempeño ambiental das universidades de todo o mundo a través da publicación anual dunha clasificación que atende a criterios relacionados co medio ambiente como a loita contra o cambio climático, a xestión da enerxía e a auga, ou a reciclaxe e xeración de residuos.
- 4º Posto entre as Universidades Españolas
- 49º Posto entre todas as Universidades presentadas
- Entre o 5% das Universidades con mellores resultados.
Programa Monte da Fraga
O Monte da Fraga é unha área forestal que foi reforestado pola UDC. Esta restauración do medio forestal pretende recuperar os ecosistemas e o valor paisaxístico propio das áreas costeiras atlánticas, mentres serve como escenario para numerosas iniciativas da comunidade universitaria.
A creación de elementos destinados ao estudo e investigación, a promoción do voluntariado ambiental, a creación de humidais e eliminación de especies exóticas e a achega dunha referencia verde na cidade da Coruña, atópanse entre estas iniciativas.
INDICADORES AMBIENTAIS
Continuamos traballando na mellora ambiental da nosa contorna e a sensibilización da comunidade universitaria, de forma que camiñemos cara a unha xestión ambiental máis responsable mediante a sustentabilidade no uso dos recursos.
Un paso relevante, foi a medición da pegada de carbono para presentar as emisións asociadas de forma transparente aos nosos grupos de interese.

UDC SAUDABLE
Desde a UDC promóvese o coñecementos e habilidades orientadas cara aos estudantes e traballadores, guiándoos nun estilo de vida máis saudable.
Obxectivos
- Ser exemplo de saúde na sociedade no seu conxunto.
- Fomentar a investigación, a docencia e o intercambio na área de Promoción da Saúde.
- Promover e favorecer a cooperación entre os organismos de saúde pública, as institucións comunitarias e as universidades.
- Participar en proxectos internacionais e no desenvolvemento de proxectos comúns coa Rede.
- Fomentar e aumentar a oferta de actividades relacionadas coa promoción da saúde da comunidade universitaria.
Participación na contorna da comunidade universitaria
CONSELLO SOCIAL
O fomento das relacións universidade-sociedade constitúe o punto de partida da estratexia do Consello Social da UDC. A través dos premios Impulso, Confianza e Emprende, pretenden contribuír a este fin, poñendo en valor as boas prácticas desenvolvidas pola UDC en materia de colaboración universidade-empresa e emprendemento.



MOBILIDADE INTERNACIONAL

VIDA NO CAMPUS
Cultura
A UDC procura continuar coa tradición universitaria de servir como espazo de creación e intercambio cultural, creando así un ambiente que potencie a inspiración artística da sociedade no seu conxunto, tanto de integrantes da comunidade universitaria como de persoas alleas a ela. Así, á parte da extensa variedade de graos, másteres e programas ofertados, desde a Universidade da Coruña ofrécense outras actividades culturais como actuacións, presentacións ou exposicións artísticas.
Deporte
A área de Deportes da Universidade da Coruña ten a misión fundamental de fomentar a actividade física e un estilo de vida saudable entre os membros da comunidade universitaria, mellorando así tanto a súa saúde como a súa condición física e potenciando a creación de relacións sociais sas. Outro labor importante é a xestión das instalacións deportivas da UDC, coa finalidade de garantir o máximo proveito das mesmas e un uso eficiente dos recursos e materiais dispoñibles. Ademais, promove a organización de actividades e competicións deportivas dunha ampla gama de disciplinas no ámbito universitario.
ASOCIACIÓN ALUMNI UDC
A Asociación Alumni constitúese formalmente a principios do curso académico 2020/2021, coa misión de establecer, xestionar e ofrecer aos membros e beneficiarios da Asociación canles e ferramentas para fortalecer a comunidade de antigos alumnos da UDC e fomentar as oportunidades de colaboración e desenvolvemento persoal, profesional e empresarial.
- Fomento das relacións dos antigos estudantes entre si e destes coa propia UDC.
- Impulso de actividades formativas e culturais que permitan manter vivo o vínculo Universidade-comunidade universitaria.