Os nosos centros de investigación, desenvolvemento e innovación de vangarda

CITEEC.
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil

O seu propósito é atopar respostas aos principais desafíos cos que lida o mundo da enxeñaría civil hoxe en día a través da investigación e a análise experimental.

CITIC.
Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións

O seu propósito é alcanzar a excelencia e potenciar o avance no campo do I+D+i aplicado ás TIC. Desta forma, establécese como un punto de encontro entre a Universidade e as empresas TIC, onde os seus departamentos de I+D convivan e cooperen con investigadores universitarios, aproveitándose así ambos dunha simbiose de coñecementos e habilidades.

CICA.
Centro de Investigacións Científicas Avanzadas

É a unión de diversos grupos de investigación da UDC nos campos da química, da bioloxía e da biomedicina. As súas liñas principais de actividade son: Biomedicina, Alimentación, Contaminación e Saúde, Nanociencia e Materiais Avanzados.

CIT.
Centro de Investigacions Tecnolóxicas

Enfocada en acadar a excelencia investigadora e na capacidade de transferir e aplicar os seus resultados ás empresas de forma que sexan funcionais para elas, a visión deste centro é desenvolver a Fábrica do Futuro. Mediante a investigación, o CIT afronta os retos de desenvolvemento e incorporación dos procesos de fabricación da industria, mellorando así a súa competitividade e fomentando a innovación en todo o tecido empresarial.

UMI.
UNIDAD MIXTA DE INVESTIGACIÓN UDC-NAVANTIA

A UMI nace debido ao interese de Navantia por liderar a transición da empresa no mercado actual en canto a innovación e a sustentabilidade. Actuando en coordinación coa Universidade da Coruña, a UMI actúa como ferramenta para facilitar o desenvolvemento tecnolóxico, identificando necesidades e desenvolvendo novas técnicas e tecnoloxías que sitúen ao estaleiro nunha posición máis competitiva.

Cidade das TIC

A Cidade das TIC posiciónase como un polo tecnolóxico e de innovación dixital de referencia. O complexo acollerá a empresas tecnolóxicas que xogarán un papel clave na transformación dixital da sociedade e serán fundamentais para dar resposta aos retos tecnolóxicos máis inmediatos.

Desta forma, converterase nun foco de especialización e referencia a nivel nacional e internacional en innovación tecnolóxica e dixitalización empresarial. Contará con espazos adaptables ás empresas, xerando sinerxias entre o ámbito universitario e investigador.

Impulsando a formación especializada

A creación do Campus Industrial de Ferrol reforzou o compromiso da UDC por dinamizar e articular a economía a nivel comarcal, rexional e nacional, sendo ademais a primeira aposta que se fixo desde a nosa Universidade como Campus de Especialización.

6 centros universitarios
14 graos
12 másteres
6 programas de doutoramento

O Campus Innova axuda a dar resposta á canalización de fortalezas e características particulares das TIC co obxectivo de apoiar a estratexia da UDC en materia de formación de disciplinas diversas.

O propósito do Campus Innova é converterse nun referente a nivel rexional, nacional e internacional no desenvolvemento, dominio e capacidade de aplicación das TIC e outras tecnoloxías punteiras e innovadoras.

INNOVA TIC
INNOVA TECH
INNOVA HUMANITAS

O propósito do Campus Sustentablidade é posicionarse como unha solución innovadora e vangardista que dea resposta ás ameazas e retos que están a axexar á sociedade a un nivel global, como o cambio climático, a sobreexplotación de recursos ou o benestar social; de forma que impulse e apoie a transición cara a un sistema máis sostible.

Debido ao profundo compromiso coa contorna natural e social, as súas actividades céntranse na mitigación, corrección e prevención contra os impactos negativos producidos.

CIDADE E TERRITORIOS SOSTIBLES
ECONOMÍA CIRCULAR E SOSTIBLE
SUSTENTABILIDADE E EDUCACIÓN AMBIENTAL
VIDA ACTIVA E SAUDABLE

Soporte e apoio á investigación na UDC

OTRI.
OFICINA DE TRANSFERENCIA DE RESULTADOS DA INVESTIGACIÓN

A Oficina de Transferencia de Resultados da Investigación créase co propósito de facilitar e favorecer as relacións entre a Universidade e a Empresa a través da transferencia dos recursos científico-técnicos universitarios ao sector empresarial.

A OTRI desempeña unha función de unión e coordinación entre os distintos grupos de investigación da UDC, fortalecendo os seus vínculos coa sociedade e impulsando as relacións estratéxicas mediante a innovación e a transferencia de resultados.

TRANSFERENCIA DE COÑECEMENTOS A TRAVÉS DOS CONTRATOS ART.83 LOU

A Lei Orgánica 6/2001 do 21 de decembro, de Universidades (LOU), recolle no seu Artigo 83 a normativa referente aos contratos de colaboración con fins de desenvolvemento de traballos científicos, técnicos, artísticos e actividades educativas de especialización ou formación entre a Universidade e outras entidades ou persoas físicas.

SERVIZOS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN (SAI)

A oficina dos Servizos de Apoio á Investigación leva durante máis de 20 anos poñendo ao dispor da comunidade universitaria investigadora os recursos necesarios para o desenvolvemento excelente das súas actividades. Concíbese este servizo como unha ferramenta dinámica e adaptada ás novas tecnoloxías, que dá resposta e soporte aos centros tecnolóxicos e entidades singulares de investigación.

Emprendemento universitario con características tecnolóxicas

Spin-off

Desde a Universidade explóranse posibilidades comerciais para os resultados das investigacións producidas no seu seo, resultando en empresas con base tecnolóxica e coñecemento científico denominadas spin-off, que están participadas pola UDC.

11 SPIN-OFF ACTIVAS EN 2021

  • Appentra Solutions
  • Centro de estimulación cerebral de Galicia
  • Ius Publicum Innovatio
  • Manufactura de Ingenios Tecnológicos (MINT)
  • Nerxus Quality Solutions
  • Peloides Termales
  • Phycosem Marine Agronomy
  • Sedaqua
  • Terravanza
  • Torus Software Solutions
  • Artificial Intelligence Indestia
Viveiro de empresas

Este espazo de acollida a emprendedores da contorna da UDC créase en 2004 por mor do aumento da demanda de lugares para a creación e despegamento de startups.

As empresas que pertencen ao viverio teñen diversas prestacións e beneficios:

  • Dispoñen dun lugar donde instalarse con conexión de voz e datos, mobiliario e distintas estancias.
  • Asesoramento na elaboración do plan de empresa, búsqueda de financiación, xestión empresarial e de patentes, etc.
  • Establecemento de relacións e conexións con outras empresas da contorna, fomentando a colaboración e a simbiosis entre elas.