Memoria de Responsabilidade Social da Universidade da Coruña
A UDC e o desafío da intelixencia artificial
Innovación e investigación
Compromiso
UDC
A Universidade da Coruña alcanzou importantes logros que reflexan a súa contribución cara á excelencia académica e investigadora, así como a súa contribución ao desenvolvemento sostible da sociedade. A través da formación de profesionais altamente capacitados, da investigación e da transferencia de coñecemento, a UDC mostra o seu compromiso co desenvolvemento das comunidades do seu contorno e coa busca de solucións aos desafíos que enfrontan. A universidade procura ser un axente de cambio positivo na sociedade, traballando en estreita colaboración cos seus grupos de interese, incluíndo estudantes, académicos, empresas privadas, institucións públicas e a comunidade en xeral. Ademais, a UDC está profundamente arraigada no territorio galego. O seu compromiso esténdese máis alá das aulas e contribúe ao desenvolvemento económico, social e cultural da rexión. A través de alianzas estratéxicas, programas de transferencia de coñecemento e actividades de divulgación, a universidade procura fortalecer os lazos co entorno e promover o benestar e a prosperidade a todos os niveis.
LER MÁISO RETO DA IA
A nosa sociedade enfronta unha profunda transformación tecnolóxica. Ferramentas como a Intelixencia Artificial (IA) gañan relevancia á medida que xorden novas necesidades e aplicacións. A Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial (ENIA), integrada na Axenda España Dixital 2026, supón un claro reflexo da importancia estratéxica destas tecnoloxías para un futuro dixital.
A Universidade da Coruña está alineada con estas tendencias e posícionase como un axente activo no impulso da investigación e a innovación neste ámbito. A UDC emprende diversas accións para impulsar a excelencia tecnolóxica, destacando colaboracións interdisciplinares, proxectos de investigación, programas de formación e iniciativas de transferencia de coñecemento. O compromiso da UDC coa Estratexia Nacional e a innovación queda reflexado na súa constante adaptación e na participación no panorama tecnolóxico, contribuíndo así ao progreso cara á nova era dixital.
LER MÁISINNOVACIÓN E INVESTIGACIÓN
A investigación e innovación constitúen un dos pilares fundamentais da Universidade da Coruña (UDC). O seu compromiso cos avances científicos e tecnolóxicos reforza a súa contribución de valor social.
Con este obxectivo, a UDC potencia unha formación especializada que impulsa de maneira significativa o desenvolvemento de habilidades e coñecementos avanzados. Asimismo, promove proxectos de emprendemento entre a comunidade universitaria que fomentan a creación e consolidación de iniciativas innovadoras.
LER MÁISCOMPROMISO
A UDC contribúe aos retos actuais da sociedade, como o cambio climático ou a dixitalización, en consonancia cos compromisos establecidos no seu Plan Estratéxico 2022-2026. O Consello Social posiciónase como un axente fundamental para alcanzar estes obxectivos, garantindo a inclusión e a participación de todos os actores necesarios para camiñar hacia o desenvolvemento sostible.
A través das diversas actividades desenvolvidas e promovidas pola universidade, búscase avanzar cara á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas, fomentando a integración entre os diferentes actores sociais cos que interactúa tanto na vida do campus como na sociedade galega. Asimismo, a colaboración co sector privado é fundamental nesta estratexia, xa que impulsa o intercambio de coñecementos, o desenvolvemento da investigación e a mellora da empregabilidade do estudantado. En liña co Plan Estratéxico 2022-2026, a dixitalización da universidade, apoiada na Intelixencia Artificial, preséntase como un eixe central para alcanzar os obxectivos da UDC.
LER MÁIS