A UNIVERSIDADE DA CORUÑA
A Universidade da Coruña (UDC) soubo adaptarse, ao longo dos nosos 30 anos de historia, ás oportunidades e retos da contorna, centrándose nunha formación, investigación e transferencia de resultados innovadora e de calidade.
As novas tendencias tecnolóxicas, sumadas ao afán de mellora continua, permiten que a UDC camiñe hoxe cara á dixitalización das ferramentas necesarias para adaptarse a un mundo global e cada vez máis tecnoloxizado, prestando servizos eficaces, modernos e sostibles.