Curso académico 2021-2022

Gobernos implicados coa responsabilidade

Misión, visión e valores

Misión

A Universidade da Coruña concibe a súa misión como un servizo público, galego e de calidade, orientado á consecución de maiores niveis de benestar para o conxunto das cidades grazas aos avances sociais, científicos e tecnolóxicos. A Universidade ten como finalidade contribuír ao avance cultural, social e económico da sociedade a través da xeración, xestión e difusión de cultura e coñecemento científico, tecnolóxico e profesional, así como da mellora das necesidades. Forma parte da misión da UDC a formación dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática, cooperativa e solidaria, capaz de analizar a calidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Visión

No horizonte das décadas vindouras, a dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e dese tránsito cara a un modelo máis ecolóxico e respectuoso co medio ambiente e coas persoas, e co fin de responder ao reto da innovación dixital e tecnolóxica, a UDC aspira a ser:

  • Xeradora de coñecemento útil e especializado.
  • Líder en innovación e desenvolvemento en TIC.
  • Xeradora de canles de participación solidaria e responsable.
  • Comprometida co desenvolvemento sostible.
  • Unha institución que aporta valor á sociedade.
  • Un axente estratéxico para a economía de Galicia.
  • Comprometida co fomento dunha vida saudable.

Valores

  • O compromiso con Galicia
  • A calidade
  • A resiliencia
  • A responsabilidade social
  • A igualdade de oportunidades

Código ético

Para asegurar a nosa cultura universitaria, baseada na ética e responsabilidade, desenvolvemos un Código Ético que recolle os valores e principios que se presentan como os fundamentos sobre os que se cimentan os nosos comportamentos e actuacións.

  • A igualdade de oportunidades
  • A sustentabilidade
  • A participación activa
  • O respecto á diversidade de ideas
  • A transparencia
  • O compromiso con Galicia
  • A calidade
  • A resiliencia
  • A responsabilidade social

Grupos de interese. Diálogo e temas materiais

Oferta académica

O obxectivo da UDC neste ámbito baséase en responder ás necesidades e expectativas formativas das persoas que demandan servizos de educación superior.

A nosa oferta configúrase cumprindo as esixencias e especificacións establecidas polas administracións competentes de verificación de calidade dos plans de estudo, e en función das necesidades específicas dos nosos estudantes e do entorno social no que nos situamos.

Estudantes

Os estudantes outorgan sentido á universidade. Eles son o fin último do propósito docente e quen materializan a innovación social que a universidade lles facilita. A UDC centra os seus esforzos en ofrecer a máxima calidade docente e superar as expectativas e necesidades deste grupo de interese prioritario. A continuación, mostrase a evolución do número de alumnos e a súa distribución por tipo de formación, por ramas, por xénero e por campus universitario.tudiantes otorgan sentido a la universidad. Ellos son el fin último del propósito docente y quienes materializan la innovación social que la universidad les facilita. La UDC centra su esfuerzo en ofrecer la máxima calidad docente y superar las expectativas y necesidades de este grupo de interés prioritario.  A continuación, se muestra la evolución del número de alumnos y su distribución por tipo de formación, por ramas, por género y por campus universitario.

Equipo Humano

A UDC conta cun equipo de 2.240 profesionais, que traballa con dedicación para superar as necesidades e expectativas dos seus grupos de interese. Este equipo divídese en dous grupos segundo as funcións que desempeñan: Persoal Docente e Investigador (PDI) e Persoal Técnico, de Xestión e de Administración e Servizos (PTGAS). O valor que aportan estes profesionais permite á universidade garantir un proceso de mellora continua. O seu traballo diario asegura a máxima excelencia na ensinanza, na investigación e na transferencia de coñecemento; así como o impulso ao compromiso da UDC coa protección e o coidado do seu entorno.

Análise de materialidade

Pola primeira vez, a UDC realizou un análise de materialidade que identifica os asuntos máis relevantes do seu modelo de xestión sostible. Este exercicio permite impulsar a Memoria de Sostibilidade e alinharla cos principais estándares e tendencias de reporte internacionais.

A materialidade de impacto

Analiza os efectos positivos ou negativos da actividade da universidade nas persoas e no medio ambiente. Os temas relevantes que resultan deste análise permiten comprender os impactos da UDC sobre o desenvolvemento sostible e a súa influencia na relación cos grupos de interese.

A materialidade financeira

Analiza os efectos no rendemento e nos obxectivos da universidade derivados de cuestións de sostibilidade. Esta perspectiva facilita a comprensión de cómo as cuestións ambientais, sociais e de gobernanza poden convertirse en riscos e oportunidades con efectos sobre os resultados da UDC.

O propósito deste análise é mellorar a xestión da sostibilidade na universidade e facilitar aos grupos de interese a comprensión do contexto, os impactos, os riscos e as oportunidades da UDC na materia. Impulsando así unha comunicación transparente e relevante que promova o diálogo e a colaboración a longo prazo.

Asuntos materiais

Ambiental

A1. Consumo enerxético e eficiencia

A2. Xestión eficiente da auga

A3. Conservación de ecosistemas e biodiversidade

A4. Cambio climático e enerxías renovables

A5. Economía circular e xestión de residuos

A6. Mobilidade e espazos sostibles

Social

S1. Comunidades, compromiso social e desenvolvemento local

S2. Relacións laborais e conciliación

S3. Docencia de calidade e diversidade do alumnado

S4. Emprendemento e empregabilidade

S5. Vida activa e saudable

S6. Xestión do talento e igualdade de oportunidades

S7. Seguridade e saúde laboral

Gobernanza

G1. Bolsas, mobilidade e internacionalización

G2. Comunicación e participación, grupos de interese

G3. Cumprimento normativo e loita contra a corrupción

G4. Desempeño económico e riscos financeiros

G5. Xestión de avaliación de provedores

G6. Goberno responsable, transparencia e cultura ética

G7. I+D+i, transferencia e relacións sociais e empresariais

G8. Privacidade da comunidade universitaria e seguridade da información

G9. I+D+i, transferencia e relacións sociais e empresariais