1. Resposta da Universidade aos retos globais

2. Empregabilidade. Compromiso da UDC co achegamento ao mercado laboral

Dende a UDC, promovemos programas de inserción laboral e de fomento do emprendemento. O obxectivo é que os estudantes poidan dar ese último paso, unha vez finalizadas as súas actividades formativas, coas máximas garantías e cunha preparación completa que lle permita afrontar os retos persoais e profesionais establecidos.

Laboralia é un programa de orientación laboral dirixido a estudantes e novos titulados co fin de impulsar a inserción laboral e promover o emprendemento.

En Laboralia adaptámonos
aos novos tempos e ao avance.

Isto require un fortalecemento dos nosos coñecementos e habilidades, pero tamén unha adaptación e aprendizaxe continuo en novas tecnoloxías. A nova era dixital demanda a capacitación e utilización das TIC, en Laboralia estamos en marcha para avanzar con ese enfoque.

Espazo Compartido é un programa universitario de formación socio laboral para persoas con discapacidade cognitiva. Enfócase na capacitación en diferentes habilidades e competencias básicas cunha clara finalidade, a inclusión laboral e o fortalecemento da empregabilidade.

No marco do fomento dos vínculos universidade-empresa, contamos con prácticas académicas externas que completan a oferta académica. Son realizadas a través de convenios que impulsan a toma de contacto co mundo empresarial. Destacamos as xestionadas pola Fundación Universidade da Coruña (FUAC).

3. Contribución e fomento da igualdade

Como resposta a unha sociedade máis xusta e equitativa, desde a UDC promovemos e impulsamos accións en diferentes ámbitos pero cun obxectivo común: conseguir que a igualdade de oportunidades sexa unha realidade.

UNIDADE UNIVERSITARIA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A Unidade Universitaria de Atención á Diversidade (ADI), foi creada no ano 2004 para atender ás persoas pertencentes á comunidade universitaria que teñan algunha discapacidade ou necesidade específica.

  • Velar polos dereitos do alumnado e persoal.
  • Facilitar o acceso á Universidade.
  • Favorecer a integración e autonomía.
  • Difundir información entre toda a comunidade universitaria.
  • Asesora nas posibles adaptacións.
  • Axilizar o proceso de eliminación progresiva de barreiras arquitectónicas,
  • Dinamizar as vías e redes de comunicación.
  • Formar en temas relacionados coa diversidade e integración social.

4. Comprometidos coa igualdade de xénero

Na UDC contamos con diferentes organismos que velan por garantir a igualdade de xénero na comunidade universitaria. Por outra banda, contamos con ferramentas para establecer mecanismos que apoien principios de igualdade.

Oficina para a Igualdade de Xénero

En 2007, puxemos en marcha a Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX), que ten como misión velar polo cumprimento do principio de igualdade entre mulleres e homes coa finalidade de alcanzar a plena incorporación das mulleres á vida política, cultural e científica no seo da nosa Universidade.

Centro de estudos de xénero e feministas

O Centro de Estudo de Xénero e Feministas (CEFEX), é un espazo de investigación multidisciplinar no que teñen cabida todas as persoas que desenvolvan liñas investigadoras en materia de xénero e feminismo.
Ademais da actividade investigadora, tamén é un espazo que se envorca con actividades formativas neste ámbito e por suposto, tamén se establece como un punto de encontro para o diálogo e debate.

II Plan de Igualdade

Na UDC desenvolvemos un novo Plan de Igualdade. Actualiza ao anterior e promove o noso compromiso. Este novo Plan está establecido para o período 2019/2022.

5. Implicados coa protección do medio ambiente

Na Universidade da Coruña prestamos un especial compromiso polo respecto do medio ambiente, levando a cabo esforzos en diferentes niveis que nos permiten adoptar as medidas oportunas en relación coa protección e mellora do mesmo.

6. Un impulso cara ao desenvolvemento excelente

CAMPUS DA SUSTENTABILIDADE

Impulsa a transición cara á excelencia e o coñecemento en estilos de vida sustentables. Por tanto, pon no mapa universitario solucións innovadoras aos principais riscos globais: o cambio climático, o uso de recursos naturais e o benestar social.

Áreas de especialización:

7. Aportacións da UDC ao coidado da contorna

Somos conscientes da importancia da concienciación ambiental. Por iso, desde a Oficina de Medio Ambiente (OMA), principal servizo para xestionar todas as actividades relacionadas con este ámbito, animamos a participar á comunidade universitaria en temas relacionados co medio ambiente e a sustentabilidade.

A iniciativa Green Campus permítenos introducir os diferentes procedementos de xestión ecolóxica en cada un dos nosos centros. Contamos con 7 centros con Bandeira Verde do Programa Internacional Green Campus.

Atopámonos entre as primeiras 100 universidades de todo o mundo na Clasificación Green Metric e nos primeiros postos a nivel español. Esta clasificación, elaborado pola Universidade de Indonesia anualmente, compara os esforzos das universidades cara á sustentabilidade ambiental e as políticas de xestión amigables co medio ambiente.

8. A UDC e a implicación coa comunidade universitaria

Fomentamos e acentuamos a relación coa nosa comunidade universitaria. A través de actividades de extensión e outro tipo de colaboracións no marco de compartir experiencia coa sociedade e convivir nunha contorna universitaria con visión de sustentabilidade.

UN CONSELLO SOCIAL COMPROMETIDO

O Consello Social da nosa Universidade, como órgano de participación da sociedade na UDC e institución con maior capacidade de colaboración coa comunidade universitaria, preséntase como un actor importante á hora de promover actividades relacionadas coa extensión universitaria.

Neste contexto, destacamos algunhas das iniciativas que se enmarcan nun fortalecemento das capacidades e no recoñecemento de méritos son as seguintes.

  • Finanzas para mortais
  • University-Industry Interaction Forum
  • Talento emigrado
  • Premios Consello Social
  • Certame Creación Gráfica

UDC SALUDABLE

  • Contornas universitarias que promoven a saúde.
  • Incorporación nos plans de estudo universitarios de formación en promoción da saúde a nivel de grao e posgrao.
  • Investigación en promoción da saúde.
  • Participación e colaboración entre os organismos de saúde pública, as institucións comunitarias e as universidades.
  • A oferta de servizos e actividades no campus dirixidas a promocionar a saúde da comunidade universitaria.

CULTURA

Na nosa Universidade, como en calquera institución de docencia comprometida coa sociedade, a cultura é un alicerce fundamental. Por esta razón, contamos cunha Área de Cultura, dependente do Vicerreitorado de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, que xestiona a oferta cultural. Xestiona exposicións, talleres, ciclos, teatro, danza e outras actividades de extensión universitaria.

DEPORTE

A área de Deportes fortalece o noso compromiso cunha visión de promoción da actividade física e o deporte dentro da comunidade universitaria. Fomentamos a saúde e o benestar, pero tamén mellorar a capacidade física, un aproveitamento dos recursos máis eficiente e unha mellor organización de actividades e competicións.

COOPERACIÓN E VOLUNTARIADO

MOBILIDADE INTERNACIONAL

Unha das nosas áreas estratéxicas é a internacionalización. Por este motivo, queremos transmitir aos nosos estudantes, docentes e investigadores os beneficios e as posibilidades de desenvolver parte dos seus estudos ou actividade noutra contorna, aprendendo de experiencias internacionais tanto a nivel profesional, como persoal e cultural.