1. Cátedras Universidade-Empresa: Mecenado para a innovación social e a transferencia de coñecemento

Dende a UDC, impulsamos a creación de cátedras no marco da colaboración universidade-empresa para promover iniciativas de formación, investigación e transferencia de coñecemento. Dentro dunha oferta diversa, colaboramos con cátedras en diferentes áreas do coñecemento máis aló das materias estritamente dixitais.

catedras-unidas-3
catedras-unidas-3_2
catedras-unidas-3_3
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow

2. Internacionalización e colaboración Universidade-Empresa

Intalent UDC-Inditex

O programa Intalent promove a contratación de investigadores e investigadoras postdoutorais cunha traxectoria internacional dilatada e ademais, cunha gran proxección baixo o único criterio da excelencia.

O programa xorde da nosa colaboración activa cunha compañía referente como é Inditex. As persoas investigadoras interesadas en formar parte do programa, teñen que desexar desenvolver a súa actividade científica na UDC e cumprir o criterio de excelencia.

Estancias predoutorais Inditex-UDC

O obxectivo que marca a realización do presente programa, é facilitar a persoas matriculadas nos nosos estudos de doutoramento, a estancia nun centro de investigación no estranxeiro para complementar a súa formación e poder optar a mención internacional na súa tese de doutoramento.

Para alcanzar o obxectivo proposto, a Universidade da Coruña, a través da nosa Escola Internacional de Doutoramento (EIDUDC), xunto co apoio de Inditex, convoca axudas para realizar as citadas estancias predoutorais no estranxeiro.

3. Soporte e apoio á investigación na UDC

Na Universidade da Coruña contamos con mecanismos que establecen unha rede de soporte colaborativo necesaria para prestar apoio no proceso de transferencia dos resultados. Ademais, traballamos para facilitar a mellor tecnoloxía dispoñible co ánimo de garantir procesos de investigación excelentes e innovación de calidade.

– OTRI. Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación

O principal obxectivo da nosa Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) é favorecer as relacións entre universidade-empresa promovendo a transferencia de resultados.

– Transferencia de coñecemento a través de contratos art. 83 LOU

– Programa BERCE

O Programa BERCE (Benvida, Estabilización e Retorno da Ciencia Excelente), xestionado pola OTRI da UDC, está enfocado cara á captación do talento e axuda á ciencia excelente.

  • Atraer y potenciar el talento excelente de cualquier parte del mundo.
  • Conseguir dinamizar y dar continuidad a la carrera investigadora dentro de la UDC.
  • Incentivar la participación de la UDC en la Ciencia excelente del Programa H2020.
  • Apoyar la confluencia de investigadores a las ERC grants.
  • Proporcionar mentorizaje y soporte técnico a todos los solicitantes.

– SAI. Servizos de apoio á investigación

O SAI está composto por un conxunto de servizos especializados capaces de prestar apoio á investigación científica, técnica e humanística, cunha dotación instrumental e de recursos humanos que por diferentes razóns superan ás necesidades de centros, departamentos ou institutos.