Contratos Art. 83
O Artigo 83 da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades (LOU), recolle a colaboración da universidade con outras entidades ou persoas físicas para a realización de traballos científicos, técnicos, artísticos e actividades educativas de especialización ou formación.
Parque tecnolóxico
Centro de Investigacións Científicas Avanzadas
Centro de Investigacións Tecnolóxicas
Centro de Innovación Tecnolóxica e Enxeñería Civil
Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación
Centro de Investigacións Científicas Avanzadas
Iniciou a súa actividade en 2016 promovendo proxectos relacionados coa investigación nas ciencias químicas, biolóxicas e ambientais. Os proxectos son financiados tanto de forma pública como privada, perseguindo a transferencia dos resultados, a formación do persoal investigador e as publicacións de carácter científico.
Centro de Investigacións Tecnolóxicas
O CIT é un Centro de investigación e de innovación tecnolóxica no ámbito das tecnoloxías industriais, creado para aportar coñecemento científico e capacidades altamente cualificadas en beneficio da sociedade.
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería civil
A actividade levada a cabo polo Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil ( CITEEC) comezou no ano 2000 centrada na construción vista dende a óptica da análise experimental e sempre enfocado á edificación e enxeñería civil, perseguindo o obxectivo de mellorar a investigación e o estudo no devandito ámbito.
Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación
O Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC) é un centro que busca a excelencia e o crecemento no ámbito das TIC. En 2016 foi acreditado como Centro Singular de Investigación de Galicia 2016-2019, sendo o único centro TIC galego con este recoñecemento a día de hoxe.
OTRI (Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación)
O principal obxectivo da nosa Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación ( OTRI) é favorecer as relacións entre Universidade e Empresa, promovendo a transferencia da nosa oferta científico-técnica universitaria.
S A I (Servizo de Apoio á Investigación)
Dende a súa creación a principios dos anos 90, os Servizos de Apoio á Investigación ( SAI) contan co obxectivo de dar resposta ao uso racional dos recursos destinados a tarefas de investigación, sendo un gran exemplo da evolución investigadora da comunidade universitaria.
O SAI organízase en 9 unidades que ofrecen diferentes servizos á comunidade universitaria.
Queres saber máis? Descarga a memoria completa memoria completa