Dende a nosa Universidade estamos a impulsar decididamente un modelo universitario no que a especialización permita un posicionamento máis reforzado no contexto nacional e internacional. Esta especialización comeza por unha oferta formativa adaptada ás novas tendencias e que responda aos novos retos tecnolóxicos.

1. Formación especializada para a nova era dixital

Foco de especialización docente e tecnolóxica

A misión do Campus Innova é consolidar a UDC como un polo de coñecemento de excelencia rexional, nacional e internacional na área de coñecemento das TIC e outras tecnoloxías innovadoras e a súa hibridación con outras áreas de coñecemento.

  • Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos.
  • Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos.
  • Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación.

Centrada nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, destaca polo seu enfoque transversal en múltiples ámbitos da sociedade e da economía.

  • TIC 1. Ciberseguridade.
  • TIC 2. Análise e xestión de datos. Especialmente big data.
  • TIC 3. Bioinformática.
  • TIC 4. Infraestruturas, equipamentos e comunicacións para o tratamento da información.
  • TIC 5. Sistemas intelixentes cognitivos. Reforzo da intelixencia artificial.

Centrada no desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras en diferentes ámbitos, como a enxeñaría civil, a edificación, a aeronáutica ou a bioloxía avanzada.

  • TECH 1. Deseño estrutural eficiente en edificación, enxeñaría civil e aeronáutica.
  • TECH 2. Modelización numérica e físico-experimental de problemas en enxeñaría.
  • TECH 3. Deseño eficiente de infraestruturas e explotación de sistemas de transporte terrestre e marítimo.
  • TECH 4. Tecnoloxías en monitoraxe, visualización e xestión de datos no medio ambiente e nas infraestruturas.
  • TECH 5. Nanotecnoloxía, materiais e medias de produción.
  • TECH 6. Novos axentes para diagnóstico e terapias.

Dá resposta aos retos motivados pola transformación tecnolóxica que está a experimentar a sociedade. Desenvolvemento de servizos, contido e infraestruturas dixitais.

  • HUM 1. Tecnoloxías e contidos dixitais para a educación, o turismo e o lecer.
  • HUM 2. Conservación, recuperación e difusión do patrimonio.
  • HUM 3. Infraestruturas lingüísticas e tecnoloxías da linguaxe.
  • HUM 4. Transformación da sociedade na contorna tecnolóxica.
Desenvolvemento excelente e especialización científica

Supón unha especialización en materia docente e científica nunha aposta estratéxica para dinamizar a economía. A misión do Campus Industrial articúlase a través da formación de profesionais para o exercicio das actividades baseadas no coñecemento que se produce no propio Campus, ligadas aos eixos naval e industrial, á investigación e ao desenvolvemento.

  • Grao en Enfermería.
  • Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto.
  • Grao en Enxeñaría Eléctrica.
  • Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática.
  • Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.
  • Grao en Enxeñaría Mecánica.
  • Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica.
  • Grao en Humanidades.
  • Grao en Información e Documentación. Grao en Podoloxía.
  • Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
  • Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación.
  • Grao en Xestión Industrial da Moda.

  • Mestrado Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos.
  • Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético.
  • Mestrado Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial.
  • Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial.
  • Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica.
  • Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas.
  • Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía.
  • Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns.
  • Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral.

  • Programa Oficial de Doutoramento en Enerxía e Propulsión Mariña.
  • Programa Oficial de Doutoramento en Enxeñaría Naval e Industrial.
  • Programa Oficial de Doutoramento en Física Aplicada.
  • Programa Oficial de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión.
  • Programa Oficial de Doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia.
  • Programa Oficial de Doutoramento en Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades.

A nosa oferta docente recolle diversas formacións orientadas cara á dixitalización.

  • Grao en Comunicación Audiovisual.
  • Grao en Enxeñaría Informática.
  • Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil.
  • Grao en Tecnoloxías Mariñas.

  • Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada.
  • Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental.
  • Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde.
  • Mestrado Universitario en Ciberseguridade.
  • Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións.
  • Mestrado Universitario en Enxeñaría da auga.
  • Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática.
  • Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña.
  • Mestrado Universitario en Matemática Industrial.

  • Programa Oficial de Doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada.
  • Programa Oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental.
  • Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión.
  • Programa Oficial de Doutoramento en Nanomedicina.
  • Programa Oficial de Doutoramento en Computación.
  • Programa Oficial de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información.
  • Programa Oficial de Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas.
  • Programa Oficial de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
  • Programa Oficial de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións en Redes Móbiles.

  • Mestrado en Enxeñaría de Estruturas e Materiais Aeroespaciais.
  • Mestrado en Innovación e Estratexia Dixital da Empresa.
  • Curso de Especialización en Building Information Modeling.
  • Curso de Especialización en Estratexia Dixital da Empresa.

2. Investigación, transformación dixital e industria 4.0

A Universidade da Coruña contribúe ao progreso e á innovación coa posta en marcha dos centros de investigación que se converterán no departamento da I+D+i das empresas. Este proxecto, que xa é unha realidade apoiada de forma decidida tanto polas administracións públicas como polo sector empresarial, posibilitará o contacto directo entre a universidade e a empresa.

Resaltamos o traballo da Unidade Mixta de Investigación UDC – Navantia debido á súa capacidade para afrontar os retos tecnolóxicos nun sector como o naval.

CITIC

CITEEC

CICA

CIT

Unidade Mixta
de Investigación UDC-Navantia

3. Colaboración Universidade-Empresa para a especialización tecnolóxica

CÁTEDRAS CON VOCACIÓN DIXITAL

As cátedras institucionais, financiadas cunha dotación económica periódica achegada en concepto de patrocinio polas empresas, permiten desenvolver actividades non lucrativas específicas de formación, de divulgación, de transferencia de coñecemento e de investigación nos ámbitos de interese común para a empresa e a Universidade.

Outra modalidade de colaboración son as aulas institucionais, cunha menor achega económica, e que desenvolven actividades de formación e de divulgación e transferencia de coñecemento. A súa duración mínima é dun ano ou un curso académico.

4. Emprendemento universitario de base tecnolóxica

– Spin-off

As spin- off son empresas baseadas na explotación de tecnoloxía e coñecemento científico, creadas no seo da Universidade, co propósito de favorecer a transferencia das resultados da investigación universitaria, e a súa presenza no proceso de innovación do sistema produtivo.

Ao longo de 2019, a UDC iniciou o estudo de viabilidade e posta en marcha de 2 iniciativas de base tecnolóxica. Espérase que durante o próximo ano ambas empresas queden formalmente constituídas e participadas pola nosa Universidade.

Así mesmo, levouse a cabo a venda das participacións da spin-off Health in Code. Esta venda adquire especial relevancia ao ser a segunda realizada por parte da UDC desde que comezamos a participar en empresas de base tecnolóxica. Health in Code está especializada no diagnóstico xenético molecular de cardiopatías e na interpretación dos resultados xenéticos.

– Viveiro de empresas

O Viveiro de empresas da UDC foi creado no ano 2004 co fin de apoiar á comunidade de emprendedores, poñendo á súa disposición un espazo enfocado a impulsar e consolidar iniciativas empresariais de base tecnolóxica e innovadores.

5. Servizos dixitais de apoio á docencia e á investigación

Co obxectivo de apoiar á comunidade universitaria no desenvolvemento eficiente das súas funcións e adaptadas aos retos do s. XXI, ofertamos accións de formación permanente estreitamente vinculadas á aplicación das TIC.

– CUFIE: Innovación educativa desde un prisma tecnolóxico

O Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), ten como obxectivos principais promover a formación dentro da nosa Universidade e atender ao desenvolvemento de iniciativas que promovan a innovación dentro do sistema educativo.

  • Xestión de cursos dentro do Plan de Formación do CUFIE que se impartan de forma online ou semipresencial.
  • Soporte tecnolóxico das actuacións de teleformación.
  • Promover o deseño de actuacións orientadas á docencia semipresencial.
  • Promover a integración de tecnoloxías educativas na actividade docente.
  • Facilitar a actualización do profesorado en competencias dixitais.
  • Impulsar proxectos de innovación educativa.