Dende a Universidade da Coruña, como institución educativa cun peso relevante na sociedade, debemos afrontar os desafíos actuais con esforzo e motivación.
Desta forma contribuímos na consecución das metas mundiais recollidas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas, a axenda para o desenvolvemento de todas as sociedades actuais.
O 25 de setembro de 2015, con horizonte 2030, no seo das Nacións Unidas aprobaron un conxunto de obxectivos globais que buscan axuntar forzas para avanzar na consecución dun mundo máis sostible, co crecemento centrado tanto en aspectos ambientais e sociais como económicos, traballando para erradicar a pobreza, loitar contra a corrupción e, en definitiva, acadar un mundo máis próspero e xusto.