Xestión e Planificación económica

O interese xeral: a meta que nos une

Orzamento total da UDC (euros)

Gráfica que amosa a evolución no orzamento da UDC

O Plan de Financiamento para o Sistema Universitario de Galicia rixe o financiamento da UDC, xunto á das demais universidades galegas.

Distribución do gasto no periodo 2014-2015 (porcentaxe)

Gráfica que amosa a evolución na distribución dos gastos da UDC

Distribución dos ingresos no periodo 2014-2015 (porcentaxe)

Gráfica que amosa a evolución na distribución dos ingresos da UDC

Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia 2011-2015:

Garanten uns recursos que permiten atender os servizos das universidades no momento inicial (suficiencia estática) e asegurar que evolucionan co volumen de actividade (suficiencia dinámica), vinculando esta parte a resultados obtidos tanto polas actividades docentes como polas de investigación e transferencia.

Financiamento no marco do Plan estratéxico da Universidade da Coruña 2013-2020:

O Plan recolle tres obxectivos estratéxicos neste ámbito:

  • Unha captación de recursos activa e uns ingresos diversificados.
  • Unha xestión eficiente, responsable e transparente dos recursos públicos.
  • Unha comunidade identificada coa institución.

Xestión baseada na calidade e a mellora continua:

En 2015 superamos as seguintes auditorías:

Auditoría Total
Servizos que realizaron a auditoría de seguimento da súa acreditación con base na Norma UNE-EN-ISO 9001:2008 4
Servizos que realizaron a auditoría de seguimento da súa acreditación con base na Norma UNE 166002:2006 /9001 (Sistemas de Gestión de I+D+i) 1
Laboratorios que realizaron a auditoría de seguimento da súa acreditación con base na Norma UNE-EN-ISO 9001:2008 4
Laboratorios que realizaron a auditoría de seguimento da súa acreditación con base na Norma UNE-EN-ISO 17025:2005 3
Laboratorios que realizaron auditoría de acreditación con base na Norma UNE-EN-ISO 17025:2005 1

Asociacionismo e representación

Promovemos o asociacionismo dos nosos estudantes, axilizando os trámites para a constitución de asociacións e delegacións de estudantes para a defensa dos seus intereses e dereitos, asesorándoos durante este proceso, e para a obtención de axudas económicas a través do SAPE.

Celebramos anualmente a Feira de Asociacións

O personal da UDC conta con dous órganos de representación dos seus dereitos e intereses:

  • O Comité de Empresa
  • A Xunta de Persoal

Goberno da UDC e participación na toma de decisións

Gráfica que amosa os órganos colexiados e estatutarios da UDC

A Asesoría Xurídica asesora en dereito os órganos de goberno e de representación da UDC e representa á universidade en calqueira tipo de procedemento administrativo ou xudicial.

Contamos cunha estrutura participativa e flexible que favorece a participación dos distintos grupos de interese na toma de decisións da Universidade

Evolución da xestión de casos polo Defensor Universitario

Gráfica que amosa a evolución o número de casos polo Defensor Universitario

Evolución da xestión de consultas polo Defensor Universitario

Gráfica que amosa a evolución o número de consultas polo Defensor Universitario

Evolución da xestión de queixas polo Defensor Universitario

Gráfica que amosa a evolución o número de queixas polo Defensor Universitario