Dende a Universidade da Coruña, como institución educativa cun peso relevante na sociedade, debemos afrontar os desafíos actuais con esforzo e motivación.

Desta forma contribuímos na consecución das metas mundiais recollidas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas, a axenda para o desenvolvemento de todas as sociedades actuais.

O 25 de setembro de 2015, con horizonte 2030, no seo das Nacións Unidas aprobaron un conxunto de obxectivos globais que buscan axuntar forzas para avanzar na consecución dun mundo máis sostible, co crecemento centrado tanto en aspectos ambientais e sociais como económicos, traballando para erradicar a pobreza, loitar contra a corrupción e, en definitiva, acadar un mundo máis próspero e xusto.

Para iso, creouse a Axenda 2030 onde se recollen 17 Obxectivos do Desenvolvemento Sostible ( ODS) que conteñen metas específicas de actuación. Os obxectivos están interrelacionados e os esforzos envorcados nun teñen repercusión sobre o resto.

Como universidade pública, traballamos en ofrecer unha educación de calidade e reunir o mellor talento investigador, por iso xogamos un papel esencial na consecución dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.

Colaboración universidade-empresa

Para a nosa institución o eixo universidade-empresa sitúase como estratéxico á hora de traballar conxuntamente no avance económico e social, sempre desde unha perspectiva sustentábel.
Proba diso é a nosa achega á consecución dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a través dos nosos centros de investigación, cátedras e demais programas e iniciativas que responden á colaboración próxima co mundo da empresa.
  • Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)
  • Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT)
  • Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil ( CITEEC)
  • Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC)
  • Campus Sustentabilidade
  • Cátedra HM de traumatoloxía do Deporte
  • Cátedra SXD Galicia Activa
  • Campus Innova
  • Estancias predoutorales Inditex-UDC
  • InTalent UDC-Inditex
  • Cátedra Everis
  • Cátedra Luis Fernández Somoza
  • Cátedra Fundación INADE
  • Cátedra Inditex-UDC de Sostibilidade
  • Cátedra Jorge Juan
  • Cátedra Handytronic – Grupo Telecon
  • Cátedra R en ciberseguridade
  • Campus Innova
  • Campus Sustentabilidade
  • Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)
  • Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC)
  • Cátedra EMALCSA
  • Prácticas en empresas
  • Spinoff
  • Viveiro de empresas
  • Programa Laboralia
  • Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos
  • Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC)
  • Contratos Art. 83
  • Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI)
  • Servizo de Apoio á Investigación (SAI)
  • Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)
  • Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT)
  • Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC)
  • Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC)
  • Campus Industrial
  • Campus Innova
  • Espazo Compartido
  • Centro de Investigacións Científicas Avanzadas ( CICA)
  • Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT)
  • Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil ( CITEEC)
  • Campus Sustentabilidade
  • Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)
  • Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI)

A igualdade como prioridade crave

A igualdade entre homes e mulleres debe ser un alicerce central básico nunha sociedade avanzada. A inclusión, a igualdade de oportunidades, os dereitos igualitarios e a ausencia de discriminación por razón de sexo, constrúen un camiño cara ao progreso e cara a unha sociedade máis xusta.
É por isto, que na Universidade da Coruña, contamos con diferentes accións que dan unha resposta efectiva á demanda social da igualdade, representada polo Obxectivo do Desenvolvemento Sostible número 5, pero presente directa ou indirectamente nos demais ODS.
  • Rede docencia e investigación con perspectiva de xénero
  • Curso “Docencia dende a perspectiva de xénero”
  • Curso de verán “A igualdade de xénero na axenda para o desenvolvemento”
  • Curso de historia da teoría feminista
  • Oficina para a Igualdade de Xénero
  • Centro de Estudos de Xénero e Feministas
  • Grupos de traballo de Políticas de Xénero
  • Plan de Igualdade e Protocolo fronte ao acoso sexual e por razón de sexo
  • Rede docencia e investigación con perspectiva de xénero
  • Centro de Estudos de Xénero e Feministas
  • Plan de Igualdade e Protocolo fronte ao acoso sexual e por razón de sexo
  • Convenio UDC – Concello da Coruña

Enfoque multidisciplinar para garantir o desenvolvemento

O desenvolvemento sostible debe estar enfocado dende múltiples perspectivas e traballado desde diferentes campos para poder dar resposta a todos os obxectivos e metas.
A nosa Universidade afronta estes desafíos da forma máis ampla posible, tendo en conta iniciativas enmarcadas dentro do desenvolvemento e respecto ambiental, ata accións culturais e de voluntariado ou colaboracións a nivel internacional.
  • GreenCampus
  • Extensión universitaria. Deporte
  • Educando para a Sustentabilidade
  • Programa Custodia Monte Fraga
  • Extensión universitaria. Cultura
  • Cooperación e voluntariado
  • GreenCampus
  • Oficina de Medio Ambiente (OMA)
  • GreenCampus
  • Selo HR Excellence
  • Oficina de Medio Ambiente (OMA)
  • Programa berce
  • Cooperación e voluntariado
  • Oficina para a Igualdade de Xénero
  • Oficina de Medio Ambiente (OMA)
  • Oficina de Medio Ambiente (OMA)
  • GreenCampus
  • Cooperación e voluntariado
  • Oficina de Medio Ambiente (OMA)
  • GreenCampus
  • Programa Custodia Monte Fraga

Queres saber máis? Descarga a memoria completa memoria completa