Persoal docente e investigador

Á vangardia da ciencia e da educación

Composto por docentes universitarios e persoal contratado, desenvolve como tarefas principais labores docentes e investigadoras, titorías e asistencia aos estudiantes e de atención ás necesidades na xestión dos Centros e Departamentos.

Evolución do PDI

Gráfica que amosa a evolución do PDI

Persoal docente e investigador en equivalencia a tempo completo (ETC) en 2015

Gráfica que amosa o persoal docente e investigador en equivalencia a tempo completo

Evolución do PDI permanente doutor por categoría
2013 2014 2015
Catedráticos/as de E.U. 41 41 39
Catedráticos/as da Universidade 140 137 136
Titulares de E.U. 148 141 134
Titulares da Universidade 412 408 410
Total 741 727 719

Calidade na docencia

A través da Unidade Técnica de Calidade (UTC) xestionamos os proxectos calidade, avaliación, certificación e acreditación, e coordinamos o sistema de suxestións da UDC.

Participamos na quinta convocatoria do Programa Docentia para a avaliación docente do profesorado. Participaron 228 profesores: 193 obtiveron un resultado positivo e 12 o Certificado de Excelencia.

O CUFIE é o organismo encargado da formación do profesorado, o asesoramiento a profesores ou o apoio á innovación educativa.

  • Iniciativas de innovación educativa.
  • A formación para mellorar a docencia:
    • Plan de Formación Inicial (PFI), destinado a novos profesionais docentes.
    • Plan de Apoio ao Ensino (PAE), que busca satisfacer as necesidades do profesorado e responde aos seus retos formativos.
Apostamos por unha docencia de calidade, fomentando a formación e avaliación do PDI.

Edificio da Universidade da Coruña

Investigación ética e de calidade

Desde a UDC traballamos para dotar aos nosos investigadores das mellores condicións para o desempeño do seu traballo

Conxuntamente co Concello de Ferrol e coa gestión da Vicerreitoría de Ferrol e Responsabilidade Social, anualmente convócanse dous premios de investigación. Os premiados en 2014 e 2015 foron:

Ano 2014

  • IX Premio de Investigación "Concepción Arenal" da área de Humanidades
    "Glosario crítico da poesía medieval galego-portuguesa". Investigador principal: Manuel Ferreiro Fernández.
  • IX Premio de Investigación "González Llanos" da área de Enxeñaría Naval
    "Metodoloxía para a avaliación económica de parques eólicos offshore flotantes: aplicación a Galicia". Investigadora principal: Laura Castro Santos.

Ano 2015

  • IX Premio de Investigación "Antonio Usero" da área de Ciencias da Saúde
    "Prototipado de scaffolds nanoestructurados para rexeneración ósea". Investigador principal: Carlos Alberto García González.
  • IX Premio de Investigación "Enxeñeiro Comerma" da área de Enxeñaría Industrial
    "Novos sensores sen contacto baseados en metamateriais electromagnéticos para o control da orientación de satélites". Investigador principal: Juan Fernando Martín Antolín.

Parque tecnolóxico

Contribuimos ao progreso e a innovación, tratando de convertelo no centro de I+D+i

Interior de CITIC

A medio camiño entre a investigación e a transferencia de coñecemento, a través do Parque Tecnológico contribuímos ao progreso e á innovación, tratando de convertelo no centro de I+D+i das empresas con distintos centros de investigación:

Centro de Innovación Tecnológica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC)

  • Nace co obxectivo de mellorar a investigación e estudo no ámbito da construcción, na súa vertente de edificación e de enxeñaría civil, sempre desde a óptica da análise experimental.
  • Durante o curso 2014-2015 o CITEEC desenvolveu diversas actividades, entre as que destacan:
    • O proxecto Biovalvo, que propón un modelo de construcción empleando cunchas de bivalvos.
    • A inversión de 334.000 euros na mellora da súa dársena, con capacidade para a realización de ensaios baixo a acción da ondada, en portos, costas, rías, esteiros e formas litorais.

Centro de Investigaciones en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC)

  • Supón o punto de encontro entre a universidade e a empresa. Nel combínanse departamentos de I+D de empresas do sector TIC con investigadores procedentes do ámbito universitario. Desta forma conséguese un contorno mixto que posibilita a colaboración e a transferencia de coñecemento.
  • En 2014 e 2015 o CITIC desenvolveu proxectos destacados, que garanten o avance e a excelencia na investigación e a transferencia de coñecemento. Entre eles, podemos destacar: To-VIAS, VGLi-DAR, Beholder, LocYu Parking, SmartSocket o Syntheractive, entre outros. Ademais viu como unha das súas spin-off, Torus, se situaba entre as siete startup máis innovadoras do mundo na cuarta edición do SmartCamp organizado por IBM.

Centro de Investigaciones Científicas Avanzadas (CICA)

  • Acolle distintos grupos de investigación pertencentes a diferentes facultades e escolas que dirixen a súa investigación cara ao medio e os recursos naturais e, en xeral, á Química e a Bioloxía.
  • Entre os fitos máis destacados do CICA durante o curso 2014-2015 podemos citar o descubrimento por parte de Investigadores do CICA, en colaboración coa Universidade de California e o Josephine Ford Cancer Center de Detroit, dun novo composto antitumoral de orixe mariña, o thelepamide, un composto citotóxico contra células tumorales de leucemia.

Centro de Investigaciones Tecnolóxicas (CIT)

  • Centro de investigación situado no campus de Ferrol que conta con cinco laboratorios, onde se investigan aspectos de mecánica de fluidos, polímeros, aplicaciones industriais do láser, química e combustibles.