Servizos de apoio a estudantes durante a crise sociosanitaria

Modificación do calendario de pago fraccionado dos prezos públicos da matrícula.

Aprazamos o cuarto prazo de pago dos prezos públicos de matrícula correspondente aos meses de marzo e abril.

Regulación da matrícula do alumnado en programas de mobilidade.

Xestionamos as matrículas do estudantado que solicita retorno á actividade académica da UDC debido á situación xerada polo coronavirus.

Adaptación do procedemento das guías docentes.

Modificamos as guías docentes para acomodar as actividades académicas á suspensión temporal das actividades académicas presenciais debido á situación xerada polo coronavirus.

Zonas wifi. 

Habilitamos espazos (instalacións propias, instalacións doutras universidades e aulas da Rede CeMIT) co obxectivo de que os estudantes con dificultades tecnolóxicas poidan realizar os exames de forma telemática

Adaptación do procedemento das prácticas curriculares e extracurriculares.

Modificamos o procedemento establecido para as prácticas curriculares e extracurriculares previstas para acomodar as actividades académicas á suspensión temporal das actividades universitarias presenciais debido á situación xerada polo coronavirus.

A nosa aposta pola investigación no ámbito sanitario

Innovación e investigación contra a COVID-19

 “A innovación e a investigación sanitaria son factores chave para o desenvolvemento da sociedade e poder superar con maior fortaleza a pandemia da COVID-19.”

Centros de investigación, eixos de innovación en sanidade

CITIC

Neste sentido, o CITIC puxo as súas capacidades ao dispor das institucións e, ademais, participou en diferentes proxectos nacionais e internacionais.

Proxectos de investigación

  • Cooperative Forecasting (ForeCoop). 
  • HospFastLearn.
  • CoDat (COVID-19 Database). 
  • Detección temperá. 
  • viaDBG. 
  • Miopía fase 2. 
  • DCOVID-19 (Drugs for COVID-19). 
  • COVIDLOC. 
  • Diagnóstico COVID-19. 
  • VirionBreak. 

Accións solidarias

  • Teleformación en colaboración con entidades sen ánimo de lucro.
  • Doazón de máscaras realizadas mediante impresora 3D.
  • Doazón de pantallas pediátricas de protección individual.

CICA

Desde o CICA desenvolvéronse proxectos vinculados á loita contra o coronavirus, pero tamén se colaborou noutros proxectos de investigación en diversos campos das ciencias da saúde. Neste sentido, contaron en conxunto cun orzamento de máis de 2,5 millóns de euros. Ademais, no seu desenvolvemento colaboraron máis de 80 investigadores.

Investigación sanitaria. Eixo estratéxico de avance científico

  • Asistencia técnica 

  • Contrato apoio técnico 

  • Contrato de investigación 

  • Proxecto colaborativo 

Vida saudable proxectada a toda a comunidade universitaria. UDC Saudable

A UDC é unha contorna que protexe e favorece a saúde, promovendo coñecementos e habilidades orientadas cara aos estudantes e traballadores, guiándoos nun estilo de vida máis saudable. Ademais de ser un motor de investigación e formación de profesionais futuros, é unha contorna onde interactúan os factores ambientais, organizativos e persoais que afectan o benestar e a saúde.

A colaboración Universidade-Sociedade como factor de impulso contra a pandemia

Apoio aos servizos sanitarios e ás persoas con necesidades derivadas da COVID-19

Como non podía ser doutra forma, desde a Universidade da Coruña puxemos as nosas capacidades ao dispor da institucións e sociedade en xeral. Desta forma, cedemos ao Área Sanitaria á residencia “Elvira Bao” para o aloxamento temporal dos sanitarios que estiveron na loita contra a COVID-19.

Así mesmo, doamos todo o material sanitario dispoñible en centros docentes, centros de investigación e laboratorios. Ademais, desde a Escola de Deseño Industrial do Campus de Ferrol fabricamos pantallas de protección facial mediante impresoras 3D.

“Puxemos os nosos recursos ao dispor das autoridades competentes co obxectivo de colaborar e apoiar na xestión da crise sociosanitaria xerada pola pandemia.”

O noso compromiso coa continuidade dos servizos

O desenvolvemento do curso universitario 2019-2020 estivo marcado pola situación derivada da pandemia da COVID-19. O coronavirus provocou un escenario de crise sanitaria que repercutiu directamente sobre o desenvolvemento normal de todas as actividades da sociedade, incluídas as actividades universitarias de docencia e investigación.

Desde a UDC actuamos con prudencia, pero en base á urxencia que requiría a situación vivida. Por iso, actuamos con dilixencia constituíndo un Comité de seguimento da COVID-19, establecendo un Plan de continxencia e, posteriormente, suspendendo as clases presenciais desde o día 13 de marzo, seguindo as directrices establecidas polas autoridades competentes.

“Depositamos todos os nosos esforzos en posibilitar a continuidade dos nosos servizos e, en particular, a finalización dos estudos garantindo a calidade dos mesmos”.

Desde a UDC ofrecemos e impartimos teleformación a través de diferentes recursos formativos, así como celebrado diversos eventos, co obxectivo de que os nosos profesionais continuasen realizando o seu traballo de forma eficiente e coa mesma calidade.

Impulsamos a continuidade dun novo curso mediante a adaptación a un novo panorama e a ilusión de manter a impartición dunha educación de calidade.

O comezo dun novo curso baixo as circunstancias excepcionais que rodean o escenario xerado pola pandemia do coronavirus, supuxo grandes retos, pero tamén novas oportunidades de continuar medrando e mantendo unha organización académica única.

A nosa prioridade foi, e segue sendo, a volta da comunidade universitaria de forma segura velando en todo momento pola saúde de todas as persoas. Por este motivo, traballamos en profundidade nas medidas que permitan garantir a máxima seguridade:

  • Docencia baixo circunstancias especiais

Na universidade traballamos na volta ás aulas en modalidade presencial con distanciamento social enmarcada nun escenario con elevada incerteza. Por iso, establecemos a probabilidade dun marco de docencia mixta onde se alterne o ensino académico presencial coa non presencial. Ademais, introducimos nas guías docentes un plan de continxencia que prevén e facilita as actuacións nun marco de non presencialidade debido a novos brotes no desenvolvemento da pandemia

  • Foco nas medidas hixiénicas.

Coa finalidade de manter e salvagardar a saúde e seguridade de toda a comunidade universitaria, elaboramos un plan para reforzar a limpeza e desinfección dos nosos edificios e instalacións, tanto de forma previa ao comezo do curso universitario como durante o desenvolvemento do mesmo. Desta forma, ofrecemos apoio e asesoramento aos estudantes, PDI e PAS, incluíndo soporte mediante competencias dixitais.

  • Formación en competencias dixitais.

Para promover a adaptación ás novas necesidades, impulsamos a formación en competencias dixitais a través de tres modalidades: cursos autoformativos, seminarios en liña e rede de asesores/ as de teleformación.

  • Adecuación dos postos de traballo.

Baixo a coordinación do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da UDC, acondicionáronse e adaptaron os postos de traballo do noso PDI e PAS para facilitar a volta e establecendo medidas en función de diferentes escenarios de exposición ao risco.

Queres saber máIs? Descárgate a memoria completa memoria completa