Información institucional

A elaboración da Memoria de responsabilidade social da Universidade da Coruña (UDC) é froito do convenio de colaboración asinado por INDITEX, S.A. e a UDC, o 10 de marzo de 2010, polo que ambas as institucións acordaron sumar esforzos co obxecto de promoveren a implantación dun modelo de responsabilidade social universitaria.

A coordinación técnica das actuacións que se levaron a cabo está a cargo do Vicerrectorado do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social e do Consello Social da UDC, en calidade de órgano de participación da sociedade na universidade.