Unha das características diferenciais da Universidade da Coruña é a nosa capacidade de evolucionar e recoller as tendencias e novas esixencias da sociedade á que lle damos servizo. Neste sentido, os tempos actuais esixen ir máis alá das nosas obrigas formais, desenvolvendo unha estratexia que nos permita poner á disposición da sociedade todas as nosas capacidades, co obxectivo de sermos un actor relevante no seu fortalecemento e desenvolvemento.

O noso exercicio de responsabilidade social encádrase neste marco, dentro do cal desenvolvemos moi diversas accións que buscan atender as necesidades de todos os grupos de interese identificados como relevantes, e que son reflexo dos nosos compromisos.

Entre eles encóntrase a transparencia e a rendición de contas, que nos impulsa a desenvolver e a poñer a disposición de toda a sociedade esta Memoria de responsabilidade social. Este exercicio é fiel reflexo do compromiso do reitor, do equipo de goberno e do Consello Social da UDC, para facilitarlles a toda a comunidade universitaria e á sociedade unha ferramenta de traballo que permita entender cal é a nosa achega de valor e facilite a participación daqueles que queiran construír unha universidade sólida, eficaz e moderna.