Como institución pública de educación superior, mantemos boa relación con outras universidades e institucións educativas e de investigación, así como cos organismos nacionais e autonómicos con competencia en educación.

Nun contexto de difícil financiamento público, a UDC fixo un gran esforzo para manter as súas prioridades, incrementando e potenciando a cultura da mellora continua na xestión e na redución do gasto.

Evolución do orzamento da UDC (millóns €)

A UDC potenciou a cultura da mellora continua na xestión e na redución do gasto, buscando una mellora da produtividade.

A UDC mantén unha política activa de cooperación con outros organismos públicos que axudan a vertebrar o territorio e a promover o desenvolvemento socioeconómico. Con eles mantemos acordos estables de cooperación ou convenios puntuais de participación en determinados proxectos.


Colaboración no Plan xeral de ordenación urbanística, de acordo co cal se comezou a redacción dun plan especial de infraestruturas para os campus de Elviña e A Zapateira.

Adhesión ao proxecto Smart Cities, impulsado polo concello para mellorar o contorno socioeconómico da Coruña a través da innovación tecnolóxica.

Concellos como Ferrol, Narón, Oleiros, Deputación Provincial da Coruña, Ministerio de Defensa.

O Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos (SAU) coorganizou xunto coa Universidade de Santiago de Compostela o II Congreso Interuniversitario de Mantemento Sustentable e Eficiencia Enerxética, no cal se presentaron os traballos máis salientables dos últimos anos.

Actuacións no ámbito de calidade

Como institución pública e no marco do noso compromiso coa calidade e coa mellora continua na xestión, dispoñemos do 100% dos servizos certificados.


4 Servizos que renovaron a súa certificación pola Norma UNE-EN-ISO 9001:2008

1 Servizo realizou a auditoría de seguimento da súa certificación Norma UNE 166002:2006/9001 (sistemas de xestión de I+D+i).

4 Laboratorios que realizaron a auditoría de seguimento da súa certificación pola Norma UNE-EN-ISO 9001:2008.

2 Laboratorios que realizaron a auditoría de seguimento da súa acreditación pola Norma UNE-EN-ISO 17025:2005.

Contratación responsable

A UDC achégalle máxima transparencia á súa actividade contractual garantindo os principios de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos e non discriminación e igualdade de trato entre os candidatos.

Memoria completa en pdf