FUAC



+ 1.000 contratos de I+D promovidos e xestionados con empresas e universidades.


+ 180 investigadores contratados para proxectos de colaboración con empresas.


+ 700 empresas contrataron proxectos de investigación a través da FUAC.


+ 25.000.000 € de volume xestionado en proxectos de investigación con empresas.


+ 1.800.000 € de financiamento para a UDC, achegado pola FUAC.



Exemplo Europeo de boas prácticas en xestión e coordinación de programas de cooperación territorial europea.


+ 70 proxectos de cooperación Universidade–Empresa para o fomento da innovación.


+ 160 organizacións colaboradoras no ámbito nacional e internacional.


Actividades para a promoción da I+D+i con + 1.000 empresas e outros axentes dos sistemas de innovación de Galicia e España.


+ 200 diagnósticos e plans de innovación realizados a pemes galegas para a súa mellora competitiva.

A terceira Misión da universidade focalízase na súa interacción coa sociedade e co tecido produtivo.

Como institución de educación superior, temos a capacidade de influír na formación dos profesionais, na súa escala de valores, na súa forma de interpretaren o mundo e de comportárense nel, sendo o mundo empresarial o beneficiario principal desa capacitación. É por iso que a empresa é un grupo de interese clave para a universidade.


Consello Social da UDC



Premio Impulso UDC para Grupo Integrado de Enxeñaría da UDC

Premio Confianza UDC para Enmaconsa SA

Premios que recoñecen os mellores proxectos de colaboración entre a UDC e o tecido empresarial.

Na UDC contamos con cinco cátedras Universidade-Empresa:



As cátedras Universidade-Empresa son un modelo de cooperación entre o mundo da educación superior e a empresa. Este modelo xorde ante a necesidade de xerar coñecemento científico e tecnolóxico e, posteriormente, transferirllo ao sector produtivo.

Transferencia de coñecemento

As nosas actividades de investigación e desenvolvemento xeran coñecementos científicos e tecnolóxicos que provocan un impacto económico directo ao facilitarlle ao tecido empresarial resolver problemas organizativos e produtivos, impulsar o desenvolvemento tecnolóxico e mellorar a súa produtividade e a súa renda.

A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI)

canaliza a xeración das estruturas adecuadas de protección de resultados da investigación, en forma de patentes ou doutros títulos de propiedade industrial ou intelectual.

Número de patentes tramitadas e concedidas


Servizo de Apoio á Investigación (SAI)

O Servizo de Apoio á Investigación (SAI) ofrece servizos analíticos rutineiros e pon a punto novas metodoloxías de ensaio, servindo como laboratorio de referencia para entidades públicas e privadas.



Captación de recursos para investigación

Ante a diminución actual das achegas do sector público ao financiamento das universidades, consecuencia directa da crise económica actual, estamos a realizar un importante esforzo por aumentar a porcentaxe de financiamento proveniente de fontes privadas.


Evolución dos recursos externos obtidos para a investigación (€)


Parque Tecnolóxico da UDC


Apoio ao desenvolvemento de 19 proxectos de investigación con financiamento público.

Desenvolvemento de 8 proxectos de colaboración con entidades destacadas (UTE Langosteira, Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH), Alfer Metal, Riego Tubos Armados, Augas de Galicia, Centro Tecnolóxico do Granito e OCASA).

Execución dos fondos de infraestruturas concedidos na convocatoria do ano 2008.

Inicio da colaboración activa coa Fundación de Enxeñaría Civil de Galicia (FECG), materializado nun convenio de colaboración do que resultou un proxecto concedido á Axencia Galega de Innovación.

Renovación do sistema de calidade implantado conforme a Norma UNE-EN-ISO 9001:2008.

Formación continua dos técnicos de laboratorio e PAS do centro.

Realización de convocatoria pública de pertenza e cesión de espazos para os grupos de investigación da UDC, coa posibilidade de ocupar dous espazos libres, no antigo comedor do campus de Esteiro (Ferrol).

Traballouse en 34 proxectos de investigación financiados por entidades públicas ou privadas.

Revisión do sistema de calidade implantado conforme a Norma UNE-EN-ISO 9001:2008 para tres dos seus laboratorios: Laboratorio de Plásticos, Laboratorio de Química e Laboratorio de Combustibles.

Ampliación do espectro de ensaios incluídos no alcance da acreditación baixo a Norma UNE-NISO 17025 do Laboratorio de Combustibles.

Creación de dúas novas áreas tecnolóxicas: a Área de Computación de Altas Prestacións e Matemática Aplicada e a Área de Estatística e Investigación Operativa.

Renovación do sistema de calidade implantado conforme a Norma UNE-EN-ISO 9001:2008 e a Norma UNE 166002:2006.

Inicio dun ciclo de actividades de formación mixta universidade-empresa.

A Unidade de Promoción Tecnolóxica intensificou o labor comercial e de mercadotecnia, que supuxo un incremento da carteira de clientes potenciais, con máis de 70 novas empresas.

Concorrencia conxunta dos investigadores ao Plan InnovaSaúde e Hospital2050, financiado polo Sergas, coa presentación de 26 solucións innovadoras das 33 que concorreron.

Participación na licitación do Concello da Coruña do proxecto Smart Coruña.

Participación activa nos grupos de traballo e nas xornadas e eventos organizados polas plataformas tecnolóxicas galegas.

Proxectos relacionados coa investigación da enerxía e os recursos naturais.

Investigación de innovacións tecnolóxicas para a terceira idade.

Emprendemento


Moitas das actividades que desenvolvemos ao longo do ano están enfocadas a fomentar a capacidade de emprender de estudantes e titulados. Así pretendemos estimular o emprendemento, facendo diso unha saída profesional viable e crecente, considerada unha fonte de creación de riqueza e emprego.

4 spin-offs participadas pola UDC

6 empresas asociadas á UDC

+ de 20 empresas apoiadas pola UDC



7 empresas no ano 2012

+ de 38 empresas e 150 empregos en 8 anos.

O viveiro de empresas dispón de 7 locais equipados con acceso ás redes de comunicación, salas para reunións e outros servizos comúns.

Memoria completa en pdf