Composición e estrutura

O funcionamento eficaz da universidade depende en gran medida do persoal de administración e servizos, que presta un apoio fundamental á comunidade universitaria e a todos os que se achegan á UDC para realizaren todo tipo de xestións administrativas.


Promoción do PAS da UDC

Sinatura de acordo con organizacións sociais: acordo para a funcionarización do PAS e de medidas de reorganización administrativa.

Con estes acordos, a UDC pretende conseguir unha prestación máis eficiente dos servizos, sen ter que incrementar para iso o cadro de persoal.

O PAS da UDC accede e promove mediante a superación de procedementos baseados nos principios de igualdade, mérito e capacidade.

Formación permanente

O plan de formación preveu especificamente a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a valoración das propostas presentadas polos responsables dos centros e unidades da UDC, dándolles así resposta ás necesidades existentes e que non fosen recollidas expresamente neste. A evolución das accións formativas reflicte un crecemento destacado.

Fomento da igualdade de xénero

PAS desagregado por xénero %

As mulleres foron maioría en todos os grupos do PAS funcionario.

No PAS laboral, as mulleres só superaron aos homes no grupo IV-B.

Acción social

A través do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, coidamos do cumprimento estrito da lexislación en materia de riscos laborais e seguridade no traballo.

O persoal da UDC conta con dous órganos de representación dos seus dereitos e intereses.

No caso do persoal laboral, o órgano de representación é o comité de empresa, e, no caso do persoal funcionario, o órgano de representación é a xunta de persoal.

Matrículas gratuitas.

Complemento económico en caso de IT.

Axuda para familiares en situación de dependencia.

Anticipos reintegrables.

Seguro de asistencia sanitaria.

Uso de instalacións e servizos da UDC.

Períodos de excedencia de ata 3 anos, computable para os efectos de antigüidade e con dereito á asistencia a cursos de formación.

Xubilación obrigatoria aos 65 anos con bolsas de emprego para cubrir as vacantes.

...

Memoria completa en pdf