Unha universidade comprometida co ensino de calidade

A Universidade da Coruña ten como finalidade contribuír ao avance cultural, social e económico da sociedade por medio da xeración, xestión e difusión de cultura e coñecemento científico, tecnolóxico e profesional. A Universidade da Coruña concibe a súa misión como un servizo público, galego e de calidade.

Forma parte da misión da Universidade da Coruña a formación dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática, cooperativa e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas cara ao ben común.

Son funcións da universidade ao servizo da sociedade

  • A creación, o desenvolvemento, a transmisión e a crítica da ciencia, da técnica e da cultura.
  • A preparación para o exercicio de actividades profesionais que esixan a aplicación de métodos e coñecementos científicos e artísticos.
  • A difusión, a valorización e a transferencia do coñecemento ao servizo da cultura, da calidade de vida e do desenvolvemento económico.
  • A difusión do coñecemento e da cultura a través da extensión universitaria e a formación ao longo de toda a vida.

O Plan estratéxico UDC 2013-2020 estrutúrase ao redor de cinco amplos eixos:

  • investigación, innovación e transferencia
  • responsabilidade social
  • docencia e aprendizaxe
  • financiamento e uso eficiente dos recursos
  • internacionalización.

A comunidade universitaria

  • 19.084 estudantes de grao e non adaptadas (o 49,68 % son mulleres)
  • 575 estudantes de títulos propios de posgrao
  • 1.099 estudantes en mestrados oficiais
  • 1.363 estudantes de doutoramento

Ademais::
3.386 estudantes de novo ingreso en grao e non adaptadas
2.660 titulados de grao e non adaptadas
679 estudantes na universidade sénior

A UDC está entregada en que eses colectivos satisfagan as súas expectativas de forma colaborativa e simultánea, xa que constitúen a esencia da nosa actuación e o motor que nos permite chegar a outros grupos externos e xerar valor para a sociedade.

Os valores da UDC

A igualdade de oportunidades mediante a aplicación dos criterios de mérito, capacidade e igualdade e mediante a defensa ao acceso universal á universidade e ao fomento da cultura da non-discriminación..

A transparencia como mecanismo de rendición de contas, o compromiso e a responsabilidade social para contribuír activamente á mellora do noso contorno.

Publicación anual da Memoria de responsabilidade social

Evolución da xestión de casos polo Valedor Universitario

A participación, fomentando as canles de comunicación entre todos os membros da comunidade universitaria no proceso de toma de decisións.

Estrutura territorial

A UDC está estruturada territorialmente nos campus da Coruña e Ferrol, buscando con todo isto un desenvolvemento equilibrado do territorio, achegándolle a oportunidade de participar a toda a sociedade e prestándolles unha atención especial ás singularidades locais.

O compromiso con Galicia, coa transformación e o desenvolvemento da sociedade galega, responsabilizándonos do cultivo, da protección e da transmisión dos valores patrimoniais e culturais..

Evolución das xestións de asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística

O respecto ao ambiente como universidade socialmente responsable, xestionando os recursos á nosa disposición para que xeren o menor impacto ambiental posible.

Incorporación de medidas de redución de consumo en iluminación e equipos.

Programas específicos de xestión ambiental e humanización do contorno: especies autóctonas en zonas verdes, fomento de uso de transportes verdes e racionalización do rego.


Unha institución docente implicada no desenvolvemento de competencias que melloren a empregabilidade.

Unha universidade cunha proxección internacional cada vez maior.

Unha universidade recoñecida pola transferencia dos seus resultados de investigación.

Participación en cursos de informática %

Estudantes matriculados en centros de linguas %

Memoria completa en pdf