1.487 profesionais dedicados á docencia e á investigación.

O Persoal Docente e Investigador (PDI) é o grupo que traballa nas áreas académicas de formación e/ou investigación.

O PDI ten como principais funcións a prestación de servizos en tarefas docentes, investigadoras, de titoría ou asistencia ao estudantado e de atención ás necesidades de xestión do departamento ou centro.

As actividades docentes comprenden, por un lado, a preparación e realización de actividades académicas dirixidas, o deseño de materiais docentes, a elaboración e corrección de exames, as titorías ao estudantado e calquera outra actividade relacionada coa aprendizaxe.

Por outra parte, a actividade investigadora comprende o desenvolvemento da investigación científica, técnica e artística, así como a formación de investigadores, atendendo tanto á investigación básica como á aplicada.

Así é o PDI da UDC:

  • 245 investigadores predoutorais e posdoutorais vinculados á UDC a través de bolsas e contratos de investigación.
  • PDI doutor: 61,9%.
  • PDI non doutor: 38,1%.
  • PDI a tempo completo: 80,1%.
  • PDI a tempo parcial: 19,9%.
  • Ratio estudantado/PDI: 13,1%.
A UDC aposta por unha docencia de calidade, fomentando a formación e a avaliación do PDI:
  • Plan de Apoio ao Ensino: 34 cursos, 395 horas de formación, 795 prazas.
  • Plan de Formación Inicial, dirixido ao profesorado novel: 34 cursos, 395 horas de formación, 160 prazas.
  • Avaliación docente cunha participación do 54,3% do PDI e do 24,4% do estudantado.
A UDC aposta pola mobilidade e pola internacionalización do PDI:
  • Programas Erasmus STA e STT, convenios bilaterais con outras universidades, programas da Axencia de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e Programa Erasmus Mundus

Centro de Idiomas: cursos de alemán, francés, inglés, portugués e italiano, e cursos de galego e español para PDI estranxeiro.

A UDC aposta polo compromiso social e ambiental do PDI:
  • Programas de voluntariado ambiental, cursos, xornadas, exposicións e obradoiros promovidos pola Oficina de Medio Ambiente (OMA).

  • Formación referente a temáticas vinculadas co voluntariado e foros para o PDI interesado neste ámbito, como a Rede de Educación para o Desenvolvemento promovida pola Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV).

A UDC ofrece asesoramento e soporte ao PDI para a defensa dos seus dereitos e liberdades. O PDI conta co apoio da Asesoría Xurídica da UDC, do Valedor Universitario, do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal.

  • Apoio instrumental, técnico e profesional á investigación científica, técnica e humanística, a través do Servizo de Apoio á Investigación (SAI).
  • Soporte ao estudo, á docencia e á investigación, mediante a adquisición, organización e procesamento de fondos bibliográficos e documentais, a través da Biblioteca da UDC.
  • 17 bibliotecas e 101 profesionais traballando en prol do coñecemento. Colección da Biblioteca da UDC: 776.024 monografías e 9.281 publicacións periódicas en papel. E recursos electrónicos: 18.175 monografías e outros documentos, 6.018 revistas e 60 bases de datos.
  • Asesoramento ao PDI para a edición e publicación de materiais dixitais, a través do Servizo de Publicacións.
  • Soporte para a organización de cursos, congresos, seminarios, encontros e ciclos de conferencias, a través da Oficina de Cursos e Congresos (OCC).
  • Fomento das relacións co sector produtivo e institucional, apoio á xestión da investigación e asesoramento comercial a través da Oficina de Transferencia de Resultados e Investigación (OTRI) da UDC e a Fundación Universidade da Coruña (FUAC).
  • O Consello Social da UDC recoñece publicamente o traballo dos grupos de investigación da UDC que destacan singularmente na consecución de obxectivos clave en materia de I+D+i, como son a internacionalización, a efectiva transferencia dos resultados da investigación ao tecido social e a capacidade para captar fondos procedentes de fontes de financiamento externas á UDC.

125 grupos de investigación 44 departamentos, 6 institutos universitarios de investigación, 3 centros tecnolóxicos de investigación.

memoria completa en pdf.