A UDC é unha universidade pública, moderna e en constante evolución, integrada no seu contorno e comprometida cos seus grupos de interese: Estudantado, PDI, PAS, Cidadanía, Empresa e Administración pública. A súa misión é xerar, xestionar, difundir e transferir coñecemento científico, tecnolóxico e profesional, a través da docencia e da investigación.

A UDC é un axente social comprometido co fomento da cultura, o deporte, a protección do ambiente, a igualdade, a integración social e a internacionalización. O seu obxectivo é lograr maiores cotas de benestar para o conxunto da sociedade, en xeral e para Galicia, en particular, velando polo seu desenvolvemento social e económico e pola súa identidade cultural e lingüística.

A UDC é un axente social comprometido co fomento da cultura, o deporte, a protección do ambiente, a igualdade, a integración social e a internacionalización.

Unha universidade que cre e aposta por Galicia e pola colaboración interuniversitaria.

Así é a UDC…

  • Unha universidade pública e participativa, que ensina, investiga e transfire coñecemento.
  • Unha universidade que cre e aposta por Galicia e pola colaboración interuniversitaria.
  • Unha universidade transparente e saneada, froito dunha xestión seria, baseada na planificación económica, no equilibrio e no rigor orzamentario.
  • Unha universidade emprendedora, comprometida co sector produtivo e institucional.
  • Unha universidade comprometida coa sustentabilidade e coa integración social.
  • Unha universidade que fomenta a cultura e a excelencia no deporte.
  • Unha universidade sen fronteiras, que aposta pola internacionalización.
  • Unha universidade que se integra de forma harmónica no espazo urbano da Coruña e Ferrol.

A UDC é unha universidade moderna, consciente da necesidade de atender a un mundo cambiante e competitivo.

O noso reto é contribuír ao progreso da comunidade e á construción dun futuro sustentable. Os esforzos da UDC céntranse en lograr a excelencia académica e en loitar polo conxunto dos valores éticos que representan a nosa sociedade, coa finalidade de promover o desenvolvemento social e económico do noso contorno.

máis de 3.000 titulados cada ano.

  • Dous campus universitarios, situados na Coruña e Ferrol.
  • 21 facultades e escolas universitarias, 3 centros adscritos, 43 departamentos, 6 institutos universitarios de investigación, 3 centros tecnolóxicos de investigación.
  • 133 titulacións oficiais e 28 títulos propios de posgrao.
  • 39 programas de doutoramento e 10 programas de doutoramento con mención de excelencia.
  • Máis de 3.500 novos estudantes cada ano.

memoria completa en pdf.