Información Institucional

A elaboración da Memoria de Responsabilidade Social da Universidade da Coruña (UDC) é froito do convenio de colaboración asinado por INDITEX, S.A. e a UDC o 10 de marzo de 2010, polo que ambas institucións acordaron aunar esforzos co obxecto de promover a implantación dun modelo de Responsabilidade Social Universitaria.

A coordinación técnica das actuacións que se levaron a cabo está a cargo do Consello Social da UDC, como órgano de participación da sociedade na universidade.