O estudantado representa a base da UDC e as súas prioridades constitúen o centro da nosa actividade e do noso proxecto. Asumimos o compromiso de formar non só excelentes profesionais senón tamén cidadáns excepcionais, fomentando, a través da formación regrada e permanente, o espírito crítico, o compromiso social e a capacitación profesional.

Unha universidade galega aberta ao mundo

  • Unha ampla oferta de formación superior: 133 titulacións oficiais, 28 títulos propios de posgrao e 39 programas de doutoramento.
  • Unha oferta docente capaz de interactuar e de se anticipar ás demandas sociais: Ciencias da Saúde, Artes e Humanidades, Enxeñaría e Arquitectura, Ciencias Sociais e Xurídicas.
  • Unha clara aposta pola excelencia: 10 programas de doutoramento con mención de excelencia.
  • 3.530 estudantes de novo ingreso en 2011.
  • 3.438 estudantes titulados en 2011.
  • 1.351 alumnos de doutoramento en 2011.

En 2011, a UDC ofreceu un servizo de orientación laboral activo e eficaz: máis de 5.401 consultas, fronte ás 3.349 de 2010.

INSERCIÓN LABORAL E FORMACIÓN CONTINUA

Os programas de prácticas da UDC adáptanse ás necesidades do sector empresarial e institucional do noso contorno. Estes programas están orientados a favorecer a formación en competencias profesionais e a inserción laboral dos nosos estudantes e titulados.

  • No ano 2011, 1.031 titulados e 183 estudantes participaron no programa de prácticas promovido pola Fundación Universidade da Coruña, 53 estudantes máis participaron no programa de prácticas de verán Tempus. 504 empresas apoiaron este programa.
  • Promovemos programas de formación orientados a favorecer o emprendemento, coa colaboración de institucións como a Deputación da Coruña, a Asociación Galega de Empresa Familiar e o IGAPE.
  • A UDC conta con Portal de Emprego, unha ferramenta 100% interactiva na cal participan preto de 7.300 estudantes e a través da cal se xestionan máis de 280 ofertas anuais. Na actualidade, Portal de Emprego conta con máis de 460 empresas inscritas.
  • O Consello Social da UDC mantén desde 1995 un convenio coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para a realización dun programa de prácticas profesionais destinado ao estudantado da UDC. Durante o ano 2011, 76 estudantes de diversas titulacións participaron del.
  • Para o fomento da empregabilidade e da orientación profesional, e para o fomento do emprendemento e a formación en competencias, cabe destacar a posta en marcha dos programas ‘Laboralia’ e ‘Escola de Emprendedores’.
  • En canto ao fomento da formación, á I+D-i e á divulgación en materia de responsabilidade social, durante o curso académico 2011/2012 púxose en marcha o Curso de Formación Específica de Posgrao en Responsabilidade Social, promovido pola Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social e polo Consello Social da UDC.

  • Bolsas para realizar estudos no estranxeiro (Erasmus estudos, Erasmus prácticas e Erasmus mundus) e convenios bilaterais con universidades estranxeiras: 863 estudantes participantes.
  • Programa de acollida para o estudantado de intercambio: 91 participantes.
  • 265 convenios e programas de cooperación: 116 asinados por vez primeira no ano 2011.
  • Centro de Idiomas: cursos de alemán, francés, inglés, portugués e italiano, e cursos de galego e español para o estudantado estranxeiro.

Aposta decidida polas TIC

82 postos de consulta bibliográfica, 583 postos en aulas NET, 1.175 postos nas aulas de docencia, medios audiovisuais propios en cada centro, preto de 90.000 contas de correo de estudantes e notificación de notas mediante SMS a máis de 45.000 estudantes.

Unha universidade que aposta pola sustentabilidade, polo fomento da cultura e pola promoción do deporte.
  • Servizo de préstamo de bicicletas e bolsas de transporte público para o estudantado.
  • Bolsas de colaboración para traballos de divulgación ambiental e colaboración en proxectos específicos e proxectos de voluntariado ambiental.
  • Prácticas deportivas en contacto coa natureza: máis de 400 participantes en 2011.
  • Rutas de sendeirismo, cursos de equitación, kaiak, rafting, canoa, piragüismo, descenso de canóns e rutas a cabalo.
  • Aula de teatro e danza, Aula de cine e imaxe, Aula de música, e cursos e obradoiros de formación cultural.
  • Cátedra Jorge Juan, promovida en colaboración coa Armada.

Actividades culturais en NORMAL exposicións de sona como “Agora é Isto”, “o #Negro” e foros como “Alterando o normal” ou “Tanxencias de arte urbana”.

Unha universidade que mellora, ano tras ano, os seus resultados nas diferentes competicións deportivas.

  • Formación en colaboración coas escolas deportivas. Gran variedade de cursos e modalidades, cursos específicos para a obtención de titulacións oficiais: monitor de tempo libre, mergullador deportivo, patrón de embarcacións ou patrón de iate.
  • Consolidación da Unidade de Exercicio e Saúde (UES).
  • Convenios con entidades deportivas da área, como o Sporting Universidade da Coruña, o Crat UDC de Rugby Feminino, o Basket Coruña, o Ártabro Balonmán e o OAR Balonmano.
  • Eventos deportivos autonómicos, estatais e internacionais.
  • Estupendas marcas nas competicións oficiais.
    • Máis de 250 participantes nos campionatos galegos universitarios: 6 vitorias nas modalidades por equipos.
    • Máis de 220 deportistas nos Campionatos de España Universitarios.
    • 9 medallas nos 20 campionatos organizados polo Consello Superior de Deportes.
    • Participación destacada nos Campionatos de Europa Universitarios e nas Olimpíadas Universitarias

183 equipos nas Ligas Universitarias, contando coa participación de máis de 2.000 estudantes.

Unha universidade con compromiso social, que aposta pola igualdade de acceso e pola integración social.

  • Programas propios de voluntariado social:
    • Centro de acollida a menores en Bañobre.
    • Programa de voluntariado no Portiño e As Rañas.
    • Programa de acompañamento e información a persoas sen fogar.
    • Aula de español para estranxeiros.
    • Programa no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera.
    • Aula cultural no Centro Penitenciario de Teixeiro.
    • Aula de informática para mulleres en risco de exclusión social.
    • Programa de apoio escolar a menores.
  • Programa de formación para voluntarios.
  • Unidade Universitaria de Atención á Diversidade: a UDC é unha universidade cun arraigado compromiso social, por iso conta con bolsas reservadas ao estudantado con necesidades educativas especiais, aulas e residencias totalmente adaptadas e axudas específicas para o desprazamento.
  • No ano 2011, un total de 11 persoas con necesidades educativas especiais recibiu apoio directo e 151 persoas solicitaron a exención de taxas por discapacidade.

Unha universidade pública, viva e plural, que aposta pola excelencia académica e fomenta a cultura, o deporte e o compromiso social. Unha universidade que aposta por un futuro sustentable.

memoria completa en pdf.