A empresa é un grupo de interese clave para a UDC en varios sentidos. Por un lado, é un dos ámbitos en que o estudantado porá en práctica todos os coñecementos adquiridos durante a súa época formativa e, por outro lado, a empresa en por si tamén desempeña un importante papel na formación continua dos titulados da universidade.

A empresa é un motor da investigación, do desenvolvemento e da innovación, que progresan atendendo ás súas demandas e necesidades e requiren transferencia de coñecementos. A UDC inflúe na formación dos profesionais, na súa escala de valores, na súa forma de interpretar o mundo e de comportarse nel, sendo o mundo empresarial un beneficiario principal desa capacitación.

No ano 2011 presentouse o informe “A inserción laboral dos graduados da UDC 2008/2009”, elaborado polo Observatorio Ocupacional.

  • O 69% do estudantado valora de forma satisfactoria a elección de titulación.
  • O 76,7% dos graduados preocúpase por completar a súa formación. Isto supón un incremento respecto ao curso académico anterior dun 5%.
  • O principal motivo de elección dunha titulación é a vocación, co 61,4%; o segundo son as saídas profesionais, cun 24%.

O VIVEIRO DE EMPRESAS DE BASE TECNOLÓXICA

Depende da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) e apoia as actividades de emprendemento da comunidade universitaria. No ano 2011 desenvolveu as seguintes actuacións:

  • Novo regulamento para a creación de empresas da UDC.
  • Creación da empresa Syntheractive, recoñecida como empresa de base tecnolóxica participada pola UDC.
  • Participación no Programa Empresa-Concepto, desenvolvido polas tres universidades galegas e o CSIC, para o fomento das spin-off.
  • Participación no Comité de Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) da Xunta de Galicia.

A Feira de Educación

Reuniu expertos nacionais e europeos para debater os retos da educación e presentou datos significativos, como que o número de adultos que retomaron os seus estudos na UDC aumentou nun 36% nos dous últimos anos (2009 e 2010).

Desde o ano 2002, a demanda de patentes á OTRI incrementouse por parte dos grupos investigadores ata un 50%.

  • Concedeuse un total de 71 patentes. Xa son 11 as empresas baseadas en resultados e participación de expertos da UDC.
  • Realizáronse 78 rexistros de software.

Tramitáronse 104 solicitudes de patentes nacionais e 4 nos Estados Unidos.

O OBSERVATORIO OCUPACIONAL

A UDC busca analizar o mercado laboral a través do Observatorio Ocupacional, cuxo informe “A inserción laboral dos graduados da UDC 2008/2009” presentou os seguintes datos:

Os graduados da UDC traballan, maioritariamente, como directivos ou técnicos.

  • A taxa de actividade dos graduados descendeu do 86,8% ao 85,8%. Son case dous puntos e medio máis da media das universidades españolas (83,4%).
  • A modalidade contractual máis significativa son os contratos temporais, cun 34,3% e os contratos indefinidos, cun 21,7%. O número de mozos graduados sen contrato redúcese con respecto ao curso académico anterior.
  • Os salarios máis elevados corresponden ás titulacións de ciclo longo, que presentan un incremento respecto ás de ciclo curto do 6,6%.
  • Convenio de colaboración co Concello da Coruña, que presentou o informe “Impacto no emprego do Porto Exterior da Coruña”.
  • Convenio de colaboración co Colexio de Economistas da Coruña, que publicou catro barómetros sobre actualidade económica.
  • Publicación de artigos na prensa científica internacional (JCR e Scopus), presentación de relatorios en importantes foros sobre “Economía da Educación” (Plymouth, Santiago de Chile, Bonn), e publicación de dúas teses de doutoramento de estudantes de México e Panamá.

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), concedeu un proxecto de colaboración coa Universidade de Panamá.

O Parque Tecnolóxico está formado por tres centros: o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), o Centro de Investigación Tecnolóxica (CIT), e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC).

CITIC

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) ten como obxectivo fomentar a transferencia do coñecemento no campo das tecnoloxías da información e a comunicación.

No ano 2011 as súas principais actuacións foron:

  • Consolidación da Oficina de Proxectos e Aseguramento da Calidade, a Unidade de Promoción Tecnolóxica e a Oficina de Xestión Económica e Administrativa.
  • Superación dos procesos de certificación polas normas ISO 9001:2008 e UNE 166002:2006.
O 91,3% dos ingresos do CITIC no ano 2011 (377.963 €) procederon de contratos privados, mentres o 8,7% (36.000 €) correspondeu a axudas públicas competitivas.

CIT

O Centro de Investigación Tecnolóxica (CIT) está composto por 6 laboratorios.

No ano 2011 as súas principais actuacións foron:

  • Renovación da Certificación ISO 9001:2008.
  • Realización de proxectos de investigación na área de química.
  • O Laboratorio de Combustibles conseguiu ampliar o espectro de ensaios incluídos no alcance da súa acreditación baixo a Norma UNE-EN ISO 17025, incluíndo catro novos ensaios.

CITEEC

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) conta co financiamento da Xunta de Galicia e con fondos FEDER.

No ano 2011, as súas principais actuacións foron:

  • Renovación da Certificación ISO 9001:2000.
  • Fomento da investigación de base, coa realización de estudos que amplíen o coñecemento nos campos da enxeñaría civil.
  • Programa de doutoramento en enxeñaría civil.
  • Soporte para a realización de proxectos de investigación en colaboración con empresas.
  • Asesoría a empresas e entidades destacadas, tales como Sogama, Emalcsa ou Inditex (entre outras), a través de convenios xestionados pola Sociedade Xestora CITEEC, FICGA, FUAC ou FEUGA.
O Servizo de Apoio á Investigación (SAI) suma un total de 9 laboratorios.

No ano 2011 as súas principais actuacións foron:

  • Laboratorio de augas.
  • Renovación da certificación baixo a Norma UNE-EN ISO 9001:2008 para a realización de análises fisicoquímicas e biolóxicas.
  • Ampliación do alcance da acreditación de análise de dioxinas e PCB’s baixo a Norma UNE-EN ISO/IEC 17025.

O Comité de Ética (CE) reuniuse en 6 ocasións e emitiu 16 informes e ditames.

No ano 2011 convocouse a VII edición dos Premios de Investigación da UDC, en colaboración co Concello de Ferrol.

As principais actuacións desenvolvidas polo Servizo Universidade – Empresa e Administración Xeral da FUAC foron:
  • Xestión de 31 posgraos.
  • Colaboración coa Rede Amiga da UDC, promovida polo Consello Social.
  • Organización e xestión de 18 xornadas e conferencias, 4 xornadas e cursos de empresa, e 15 congresos nacionais e internacionais.
  • Posta en marcha das novas canles de comunicación 2.0 da FUAC.

As cátedras Universidade - Empresa son un modelo de cooperación entre o mundo da educación superior e a empresa. Constitúen a mellor opción para fomentar unha relación duradeira entre entidades, baixo o obxectivo común da cooperación no desenvolvemento socioeconómico do contorno.

5 cátedras Universidade-Empresa:

  • A Cátedra Bioibérica SA para a realización e difusión de traballos de investigación sobre enxeñaría tisular e a nivel de cartílago articular.
  • A Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social para promover un espazo de reflexión comunitaria, formación académica e investigación aplicada sobre a responsabilidade social das administracións e organismos públicos, as empresas e as entidades non lucrativas.
  • A Cátedra da Fundación Caixa Galicia para a divulgación e a promoción da cultura emprendedora.
  • A Cátedra da Empresa Familiar para o desenvolvemento dunha materia docente de carácter económico, sobre o modelo de empresa familiar.
  • A Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Española da Universidade de Dhaka para a impartición de clases de lingua e cultura españolas na Universidade de Dhaka (Bangladesh).

memoria completa en pdf.