A resposta ás necesidades da cidadanía é unha das razóns de ser dunha universidade pública. A UDC traballa para dar resposta ás inquedanzas da cidadanía no ámbito da xeración e difusión do coñecemento, nas oportunidades de formación, na investigación e no apoio a unha sociedade máis xusta, equilibrada e cívica.

O traballo da UDC en beneficio da cidadanía faise patente en todos os ámbitos e nos proxectos de colaboración con entidades e organizacións representativas.

O número de matriculados na Universidade Sénior (para maiores de 50 anos) incrementouse nun 3,2%, cun total de 618 estudantes matriculados, fronte aos 598 do ano 2010.

Cómpre destacar o carácter europeo deste programa de estudos: ao proxecto “Our Continent – Our Culture” uniuse “More than neighbours!”, dentro do Programa de Aprendizaxe Permanente LLP da Unión Europea. Este programa busca:

  • Promover a interacción entre os cidadáns europeos sénior, mediante a internet e a organización de seminarios internacionais.
  • Promover a aprendizaxe de idiomas.
  • Favorecer a formación en novas tecnoloxías da información e a comunicación.

A UDC conta con programas específicos de xestión ambiental e humanización do contorno, que se materializan na implantación de novas zonas verdes con especies autóctonas, educando os nosos estudantes no respecto ambiental, fomentando o uso de transportes limpos, e desenvolvendo ferramentas de acción sustentable, como a creación de compost propio ou a racionalización da rega.

618 estudantes matriculados na Universidade Sénior o curso 2010/2011

A UDC conta cun Plan director de infraestruturas para os campus da Coruña e Ferrol, grazas ao cal pode planificar o conxunto de intervencións que se deben levar a cabo no contorno dos campus.

No ano 2011, o Servizo de Arquitectura e Urbanismo (SAU) centrou os seus traballos en:
  • Adaptar os centros docentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
  • Mellorar as infraestruturas relacionadas coa cultura e a extensión universitaria.
  • Rehabilitar e renovar os espazos públicos.
  • Empregar criterios de eficiencia enerxética, tanto na edificación coma nas instalacións.
  • Mellorar a accesibilidade

Con respecto ás actuacións destinadas á extensión universitaria, interveuse nas áreas de Riazor, Esteiro e A Mestranza, realizando obras de edificación e de espazo público, para abrir á cidadanía os usos universitarios destes espazos.

  • Proxecto de espazo público para mellorar a unión entre o Centro Universitario de Riazor, Normal e o resto de edificios dotacionais da área.
  • Reforma do soto e do teatro de Normal e proxecto de adaptación global do centro ao DBSI do Código técnico da edificación.

O orzamento medio da OMA é de 40.000 €.

A estratexia de traballo da OMA apóiase en 3 grandes eixes de traballo: os indicadores sintéticos integrados, a xestión ambiental e a investigación e a aprendizaxe sustentable.

  • Plan de mobilidade co apoio da Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona.
  • Acordo coa empresa de autobuses para un bonobús para o estudantado, con tarifa subvencionada pola propia universidade.
  • Programa de préstamo de bicicletas, en colaboración coa “Asociación por unha Mobilidade Responsable Mobi-Liza”. No curso 2010/2011 concedéronse 140 por rigorosa orde de inscrición.
  • Incorporación de medidas de redución de consumos en iluminación e en equipamentos.
  • Instalacións solares térmicas (en INEF) e fotovoltaicas (no CITIC), que representan preto o 1% do consumo total de enerxía.
  • A UDC aposta polo fomento da transferencia de coñecemento en investigación no ámbito da responsabilidade social. Con este propósito, a Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social presta cobertura ás coleccións ‘Transfiere-UDC’ e ‘RSUUDC’, promovidas polo Consello Social da UDC.

memoria completa en pdf.