Os poderes públicos están chamados a desempeñar un papel protagonista no que respecta ao fomento da calidade, a excelencia e a sustentabilidade do sistema universitario español. Para asegurar a consecución destes obxectivos, o marco xurídico vixente atribúe á Administración pública importantes funcións, fundamentalmente orientadas a lograr a vertebración e a cohesión do sistema universitario, e a garantir a coordinación interuniversitaria, o financiamento e a autonomía das nosas universidades.

A Universidade da Coruña é consciente da importancia de manter un diálogo fluído coas institucións que configuran o marco en que desenvolve a súa actividade. A Universidade da Coruña aposta, neste sentido, por fortalecer e estreitar a colaboración e a comunicación co resto de axentes do sector público, tanto no ámbito estatal coma no ámbito autonómico e local.

  • A política de xestión dos nosos recursos financeiros da forma máis rigorosa e eficiente posible permitiunos impartir un total de 133 titulacións oficiais, 28 títulos de posgrao e 39 programas de doutoramento a un total de 22.611 estudantes matriculados.
  • A Universidade Sénior contou co apoio económico do Concello de Ferrol e da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, con convenios de colaboración de 12.000 € e 25.000 €, respectivamente.

O orzamento do ano 2011 situouse en 129,6 millóns de euros

Para a normalización lingüística do galego, lingua oficial da UDC, foméntase o seu uso en todas as actividades e organízanse iniciativas para a comunidade, contribuíndo así ao desenvolvemento sociocultural de Galicia. No ano 2011, a UDC participou na Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística conxuntamente coa Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, baixo a coordinación desta última. Os traballos centráronse en:

  • Continuidade da campaña “En galego tamén se fai ciencia”.
  • Proposta de tradución para o galego ou elaboración propia de manuais universitarios para o primeiro curso dos novos graos.
  • Programa piloto de tradución para o galego das intervencións dos participantes en congresos internacionais.

No ano 2011, a UDC participou na Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística.

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) colaborou coas seguintes institucións:
  • Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua e a Deputación da Coruña, a través da realización do “Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística: Traballando en Lingua”.
  • Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de normalización lingüística.
  • Real Academia Galega para a organización da “Xornada sobre Linguas e Usos”.

No ano 2011, o 66,9% do financiamento da OCV proveu da UDC (97.000 €). O 33,1% restante achegouno a Xunta de Galicia (48.000 €).
  • Convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para o desenvolvemento de programas e de proxectos de voluntariado: 13.000 €.
  • Convenio de colaboración coa Subdirección Xeral de Cooperación Exterior para a realización de actividades de formación, sensibilización e voluntariado en materia de cooperación: 35.000 €.
Cooperación e voluntariado e igualdade de xénero son eixos clave do noso compromiso social.
  • Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX), que vela polo cumprimento dos principios de non discriminación e de igualdade de oportunidades laborais entre homes e mulleres. A relación da OIX coas administracións públicas está centrada en dúas áreas de desenvolvemento:
  • a) Área de investigación, apoiando os servizos da Administración pública dedicados á defensa da igualdade de xénero.

    b) Área de sinerxías, a través de convenios de colaboración co Servizo Galego de Igualdade, co Instituto da Muller, co Ministerio de Sanidade, cos Servizos Sociais de Igualdade e coa Deputación da Coruña.

  • Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) organiza programas de cooperación en países en vías de desenvolvemento, programas de voluntariado social, campañas de sensibilización, programas de investigación e obradoiros formativos.
  • A OCV colaborou, no ano 2011, coa Xunta de Galicia, co Concello da Coruña e co Concello de Ferrol.