Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

COMPROMISO E RESPONSABILIDADE

D. José María Barja, Reitor


A Universidade da Coruña é unha institución nova, innovadora e sensible ao noso contorno social e territorial. Somos unha universidade cun dos mellores niveis de eficiencia na xestión dos recursos públicos, cun alto interese na protección do noso contorno e dos nosos recursos naturais e cun planificado esforzo de integración e de vertebración do territorio.


Estas preocupacións vímolas desenvolvendo desde a nosa creación, pero quixemos facer un esforzo para avaliar as inquietudes dos nosos grupos de interese, internos e externos: estudantado, persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos, provedores, empresas, outras administracións públicas e cidadanía galega en xeral. A todos eles, pensamos que lles debiamos achegar o noso traballo, ao tempo que abrimos unha nova vía de comunicación con esta Memoria de Responsabilidade Social Universitaria.


A presente Memoria pretende ser un exercicio de transparencia e boa gobernanza, que mostre non só algúns aspectos e resultados da nosa xestión, senón que, indo máis alá, reflicta os nosos compromisos voluntarios e actuacións nos ámbitos social, medioambiental e económico, así como o esforzo de achegamento e atención a todos os nosos grupos de interese. É neste sentido no que esta Memoria de Responsabilidade Social Universitaria, complementa e reforza o informe do reitor, pois trátase de moito máis que un documento de rendición de contas.


O noso labor no campo da responsabilidade social está estreitamente vinculado ao noso ámbito propio de actuación. A docencia, a investigación, a transferencia de coñecemento, o asesoramento científico e profesional e a sensibilización da comunidade universitaria son cuestións esenciais tanto para a formación integral dos nosos grupos de interese, como para a mellor compresión dos problemas que atrancan o desenvolvemento sostible na nosa organización e no noso contorno.


O novo modelo económico esíxenos unha formación profesional adecuada ás necesidades da economía sustentable e ao mercado laboral, para o que cómpre potenciar sectores innovadores e estimular unha maior colaboración cos sistemas de formación profesional e cos axentes sociais e económicos, sempre co obxectivo de promover un sistema máis flexible, en continua adaptación aos cambios sociais e económicos. Un traballo que na nosa universidade vén da man da responsabilidade social, como o comportamento responsable co que afrontamos o impacto das nosas decisións e actuacións no noso contorno social, económico e medioambiental, así como os seus efectos nos nosos grupos de interese.


Por primeira vez, a Universidade da Coruña publica a súa Memoria de Responsabilidade Social Universitaria, como parte dun proxecto de coincidencia entre as súas accións e a súa política de goberno e estratexia de xestión, implicando non só a comunidade universitaria (o estudantado, o persoal docente e investigador e o persoal da administración e servizos) senón tamén a cidadanía, a Administración pública e as empresas do contorno, como principais grupos do noso interese.


O enfoque da Memoria de Responsabilidade Social Universitaria xira arredor dos grupos de interese, o que permite chegar a eles de forma máis directa e próxima e facilitar a comunicación.


A Memoria reflicte moitas accións, pero quixera destacar algunha delas, como mostra do noso exercicio de responsabilidade social universitaria. Por exemplo, o pulo da nosa formación curricular, a través da Oficina de Relacións Internacionais, do Centro de Linguas, do Servizo de Normalización Lingüística, da Aula de Formación Informática, da Universidade Sénior ou dos programas de mobilidade.


Tamén o fomento da formación cultural, mediante actividades relacionadas coa literatura, co teatro e coa danza contemporánea, co cinema e a imaxe, coa música clásica ou moderna... Exposicións, obradoiros de fotografía, arte, audicións comentadas, radio, cociña...


Ou a aposta polo deporte, as ligas internas e externas, o deporte individual e colectivo, o deporte federado e as escolas deportivas de formación ou o programa de préstamo de bicicletas.


Na mesma liña vai o compromiso cos proxectos de cooperación ao desenvolvemento, o asociacionismo, o voluntariado (tamén medioambiental) e a igualdade de xénero, a través da Oficina de Cooperación ao Desenvolvemento, da Oficina de Igualdade de Xénero e da Oficina de Medio Ambiente.


A preocupación pola inserción laboral do noso estudantado canalízase a través do Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego, o Servizo de Orientación Laboral, o Servizo de Autoemprego, o Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudantado, o Servizo de Orientación Educativa e Psicolóxica, o Portal de Emprego, o Observatorio Ocupacional ou a organización da III Feira Europea de Emprego 2.0.


Apoiamos a actividade da nosa comunidade científica e da empresa pública e privada en materia de investigación, desenvolvemento e innovación mediante ferramentas como a Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI), a Unidade de Apoio a Proxectos Europeos de I+D e Captación de Mercados Laborais na UE, os Servizos de Apoio á Investigación, o Parque Tecnolóxico, a Fundación da Universidade da Coruña (FUAC) o Viveiro de Empresas, os institutos universitarios de Investigación, as cátedras empresariais e a Comisión de Publicacións.


Todas estas cuestións e moitas máis aquí recollidas, avalan os nosos compromisos, mantidos no tempo e simbolizados na nosa adhesión, hai xa oito anos, aos Dez Principios do Pacto Mundial da Organización das Nacións Unidas e a nosa incorporación á súa Rede Española.


Por último, quero agradecer o traballo de toda a comunidade universitaria, que é a que permite, co seu traballo diario, poñer en valor as accións que aquí resumimos. Estou seguro de que a Memoria de Responsabilidade Social Universitaria será valorada e avaliada polos nosos grupos de interese e entendida como o elemento de apoio ao desenvolvemento socioeconómico do noso contorno que pretende ser.