Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

CÓMO É A MEMORIA RSU DA UDC?


A Memoria de responsabilidade social universitaria (en diante, Memoria RSU) da Universidade da Coruña (en diante, UDC) constitúese como unha ferramenta da posta en valor das nosas actuacións, e como unha canle de comunicación cos nosos grupos de interese: a) estudantado, b) persoal docente e investigador, c) persoal de administración e servizos, d) cidadanía, e) empresa e f) administracións públicas.


Este é o obxectivo fundamental co cal foi formulada, abrir un espazo de comunicación e colaboración con todos estes grupos para poder trasladarlles as estratexias e actuacións con que desenvolvemos as nosas responsabilidades e obrigas; ao tempo, agardamos recoller as súas inquedanzas, expectativas e opinións, para reformularmos e mellorarmos o noso traballo diario a prol dunha sociedade máis xusta e mellor formada.


A Memoria RSU non é un catálogo de servizos nin unha memoria de xestión, senón o resultado dun novo enfoque de transparencia, rendición de contas e desenvolvemento dos compromisos non só coa comunidade universitaria, mais coa sociedade en xeral.


O Comité de Traballo RSU


Como reflexo do compromiso da UDC coa RSU, en marzo do ano 2010 creouse un comité de traballo específico nesta materia, promovido polo Consello Social e polo equipo de goberno, que asumiu a responsabilidade de establecer unha folla de ruta en materia de RSU que levase a UDC desde a reflexión do que é até o que supón a responsabilidade social nesta universidade, a análise das actuacións e estratexias e, por último, a elaboración dunha ferramenta de posta en valor e comunicación cos grupos de interese que constitúe esta Memoria RSU.


O labor do Comité de Traballo RSU, plasmado na Memoria RSU, foi o seguinte:


  • Examinar as boas prácticas e as actuacións que desenvolveu a UDC.
  • Identificar os puntos fortes e febles da UDC, para converter estes últimos en oportunidades de mellora con base nos principios de adaptación, innovación e competitividade.
  • Mellorar os mecanismos con que a UDC responde ás expectativas dos seus grupos de interese.
  • Pór en valor ante os seus grupos de interese aquelas actuacións que, no marco da misión da UDC, apoian o desenvolvemento socioeconómico e cultural de Galicia.

A estrutura e os contidos da Memoria RSU


A Memoria RSU está estruturada en tres grandes bloques que atenden ás motivacións que a seguir se recollen.


BLOQUE I. QUÉ SOMOS? CÓMO SOMOS?


Preséntase a UDC de acordo cos seguintes parámetros:


A. A súa natureza

B. A súa estratexia de responsabilidade social, baseada nestes elementos:


1. Misión

2. Visión

3. Valores

4. Compromisos en materia de RSU


C. A súa estrutura:


1. Territorial

2. Participativa

3. Docente


Bloque II. Os grupos de interese da UDC


Seis grandes ámbitos, un por cada grupo de interese da UDC:


a) Estudantado

b) Persoal docente e investigador

c) Persoal de administración e servizos

d) Cidadanía

e) Empresa

f) Administracións Públicas


Cada ámbito estrutúrase en doce áreas, nas cales se manifesta a acción responsable da UDC para cos seus grupos de interese. Por medio delas preséntanse as actuacións (feitos relevantes e indicadores) que se desenvolven ao seu servizo, como son:


1. Formación complementaria

2. Transferencia do coñecemento e investigación

3. Internacionalización

4. Medio

5. TIC

6. Normalización lingüística

7. Comunicación

8. Cultura

9. Deporte

10. Compromiso social

11. Actuación social

12. Xestión eficiente


Un todo que reflicte a capacidade de xestión da UDC e o seu potencial de desenvolvemento, e que ofrece información sobre os impactos económicos, ambientais e sociais.


Grafico

Bloque III. Os indicadores GRI


Unha vez identificados os aspectos máis relevantes para os grupos de interese da UDC, así como os que axudan a definir o perfil da entidade, avaliarase o seu estado mediante os indicadores cuantitativos e cualitativos da Global Reporting Initiative (GRI)-G3, aínda que coa adaptación necesaria ao ámbito de ensino superior por non existiren referencias específicas a este. Isto, por un lado, permitirá mostrar o estado actual da UDC; e, polo outro, servirá de base para futuras avaliacións das melloras realizadas na UDC.


A Memoria RSU abrangue as actuacións da UDC do ano 2010 e establece unha relación comparativa dos seus resultados cos do ano 2009. Así mesmo, compleméntase co Informe anual do reitor 2010 e coa información publicada pola UDC no seu web (www.udc.es). A Memoria RSU está á disposición de todas as persoas interesadas neste sitio web. Para solicitar máis información sobre o proxecto, expresar as súas opinións, realizar consultas ou suxestións, poden dirixirse á UDC.