Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

UNHA UNIVERSIDADE CON COMPROMISO SOCIAL

D. Antonio Abril, Presidente do Consello Social


A diferenza da responsabilidade social corporativa ou empresarial, presente na práctica totalidade das empresas, a responsabilidade social das administracións e institucións públicas é unha inquedanza relativamente recente, porque a súa natureza de servizo público e a ausencia de ánimo de lucro, supoñen como primeira derivada que é innecesario calquera compromiso social engadido. Iso explica que, no concreto caso das universidades, a última conferencia mundial de Global Compact – iniciativa de Nacións Unidas para a responsabilidade social - chegase á conclusión de que, fronte á xeralizada implantación da preocupación pola responsabilidade social no ámbito empresarial, as universidades están lonxe aínda de sentir ese compromiso.


Con todo, a evolución natural da demanda social está levando a que se pida rendición de contas do exercicio responsable da súa actividade non só ás organizacións privadas, senón tamén e con absoluta lexitimidade social, ás organizacións públicas.


Limitándonos ás universidades, iso significaría entender que o seu exercicio responsable vai máis aló do desenvolvemento excelente das súas funcións de docencia, investigación e transferencia de resultados. Unha universidade pública, ademais das súas funcións inherentes, ten a responsabilidade de render contas dun uso e xestión eficiente dos recursos dos que se nutre, tanto económicos como ambientais, de escoitar a sociedade e de se adaptar ás súas tendencias e demandas, de se comprometer cos sectores sociais máis desfavorecidos ou en risco de exclusión, de se entender e cooperar con outros axentes sociais motores do cambio, por exemplo as empresas, de educar en valores, aptitudes e competencias, e non só en coñecementos, aos futuros profesionais e investigadores. En definitiva, ten un importante espazo de desenvolvemento para ir máis aló do puro cumprimento das súas funcións, mantendo a súa esencia e identidade, pero adaptándose ás novas demandas, e, consecuentemente, modernizándose en todos os aspectos tradicionais e abrindo novos ámbitos de compromiso e cooperación.


Aparece así unha idea de universidade como conxunto de principios e valores éticos, sociais e medioambientais, que asume o reto de os impartir e defender entre todos os seus grupos de interese, poñendo en práctica políticas de busca da calidade e da excelencia, xestión eficiente e participativa, mérito e capacidade, igualdade de oportunidades e non discriminación inxusta, atención ás persoas con discapacidades e necesidades educativas especiais, equidade de xénero, transparencia e rendición de contas que permita a avaliación de resultados, conciliación da vida laboral e familiar, respecto ao medio ambiente e un longo etcétera na mesma liña, pondo en marcha, ademais, os pertinentes instrumentos formais de responsabilidade social, entre outros: definición de obxectivos de responsabilidade social en plans estratéxicos, plans de cooperación e desenvolvemento, adhesión a iniciativas colectivas de compromiso e defensa da responsabilidade social, promoción de voluntariado social, códigos éticos de conduta e formación transversal en responsabilidade social corporativa e universitaria. Entre estes instrumentos, ocupará un lugar de honra o seu reporte ou memoria de responsabilidade social.


En definitiva, integración voluntaria, ante os seus grupos de interese, do seu compromiso de bo goberno, social e medioambiental, nas tres misións de ensinanza, investigación e transferencia de resultados á sociedade, e ese compromiso, se quere ser verdadeira responsabilidade social, debe xestionarse co mesmo afán de calidade e excelencia que se aplica as súas funcións básicas. A universidade logrará, así, pechar un círculo virtuoso porque a RSU, na medida en que reforza o seu bo goberno, a transparencia, a rendición das súas contas e o seu compromiso social e medioambiental, contribúe a aumentar a lexitimación social das universidades, porque fortalece o seu obxectivo esencial de formación integral do estudante como ser humano comprometido cos principios e valores éticos e sociais, e xustifica o seu financiamento, porque non pode existir investimento máis rendible que o que persegue non só a difusión do coñecemento, da investigación e do desenvolvemento económico, senón ademais o compromiso do ser humano co seu contorno social, cultural e medioambiental.


O Consello Social da UDC, consciente de que a sociedade reclama “o compromiso das universidades coa RSU e o desenvolvemento sostible, a súa aplicación transversal en todas as súas misións e capacidades, no conxunto da comunidade que a conforma e na súa relación co seu contorno” en termos do documento Estrategia universidad 2.015 do Ministerio de Educación, vén incluíndo en todos os seus plans operativos anuais, o apoio ao posicionamento en responsabilidade social da UDC. Un convenio asinado entre a UDC e INDITEX SA permitiulle coordinar e financiar un traballo cos principais responsables da UDC en áreas vinculadas á responsabilidade social, e a elaboración da primeira Memoria de Responsabilidade Social da UDC.


O traballo conxunto entre UDC e Consello Social, supuxo un importante labor de análise sobre a actividade da universidade e sobre as súas implicacións, máis alá das simples obrigas formais, centrando o traballo nos distintos Grupos de Interese que a configuran e apoian, enfoque pioneiro e innovador na universidade española. Fixémolo así, porque entendemos que unha Memoria é o instrumento axeitado para facer chegar aos nosos Grupos de Interese información sobre os nosos obxectivos, actuacións e resultados, para que poidan ser xulgados e avaliados, e consecuentemente, para poder escoitar as súas opinións e valoracións. Esperamos que esta crítica construtiva dos axentes sociais nos axude a construír unha universidade máis moderna e con maior capacidade de resposta aos cambiantes retos sociais.


É evidente que todo isto non sería posible sen o traballo e o compromiso social da UDC e por iso, o seu Consello Social quere deixar constancia da súa felicitación a comunidade académica, que con esta Memoria consegue colocar a súa universidade entre as primeiras de España no reto da sustentabilidade que é obxectivo común da sociedade mundial do século XXI.