Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en Pdf Descargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS


11. XESTIÓN EFICIENTE


A UDC é unha universidade pública que necesita dun sistema de financiamento público suficiente e estable, correctamente axeitado ás súas necesidades e que permita a consecución dos seus obxectivos tanto presentes como futuros. Un servizo público que conta cuns medios persoais, materiais e financeiros, xestionados con eficiencia e eficacia con vista a atinxir a súa misión e os obxectivos que lle son propios.


Para procurar unha maior autonomía no campus de Ferrol e unha mellora das instalacións e a calidade dos servizos económicos e administrativos, e tamén para facilitar as relacións institucionais e potenciar a relación do campus coa cidade de Ferrol e a mancomunidade de Ferrolterra, constituíronse tanto unha Vicexerencia como unha Secretaría Técnica. De esta maneira, préstase especial apoio ás tarefas administrativas, co fin de simplificar os trámites e o labor de xestión do Edificio de Apoio ao Estudo e do Salón de Actos.


A UDC comprométese a potenciar a cultura da calidade e a innovación.


No plano dos sistemas de xestión da calidade, implantamos sistemas como as cartas de servizos, o modelo EFQM e as ISO 9001, a través dos cales mellora a nosa xestión interna e desde os que abordamos facilmente outras certificacións. Somos a única universidade galega, e non hai máis de 10 en toda España, que conta co 100% dos seus servizos certificados. As chamadas certificacións ISO melloran a nosa imaxe, e non só favorecen o noso desenvolvemento e afianzan a nosa posición, senón que aumentan a satisfacción dos principais usuarios dos nosos servizos. A gran maioría dos centros da UDC obtiveron a súa certificación por medio do programa Fides-Audit.


Así mesmo, traballamos co sistema de garantía interna de calidade (SGIC) como ferramenta de garantía de calidade. Esta obríganos a publicar regularmente información actualizada e obxectiva, cuantitativa ou cualitativa, sobre os programas e títulos, que ofreza resultados sobre a aprendizaxe e os procedementos de ensino. De cara á implantación do SGIC, desenvolveuse unha aplicación informática en colaboración coa Universidade de Vigo para facilitar o proceso dos centros. No ano 2010 realizamos unha convocatoria para a selección do membro do profesorado responsable de calidade e converxencia (PRCC), cuxas accións están directamente vinculadas coa implantación do SGIC. Participaron todos os centros.


A participación nos órganos colexiados de goberno e na toma de decisión da UDC é un dereito e unha obriga das administracións públicas. O Consello Social, órgano de participación da cidadanía na universidade, garante a presenza das administracións públicas na UDC, a través da súa composición. Forman parte de Consello Social, neste sentido, representando os intereses sociais de Galicia, 6 persoeiros da política galega designados pola Xunta de Galicia, 6 persoeiros da política galega designados polo Parlamento de Galicia e 2 representantes das corporacións locais en que os campus da UDC se encontran situados, A Coruña e Ferrol.


Do orzamento da Xunta de Galicia para todo o SUG, no ano 2010 a UDC só recibiu un 27%, a pesar de ter máis do 31% do estudantado total da Comunidade Autónoma.


A participación directa das administracións públicas nos órganos de goberno da UDC permítelle comprobar de primeira man o bo uso dos recursos que achega para a realización de toda a actividade levada a cabo na UDC. A eficiencia na asignación e no uso dos recursos públicos e a eficacia a través dun sistema de xestión por obxectivos é a referencia na orientación das políticas de gasto da UDC.


A continuación presentamos a relación dos servizos da UDC avaliados con carta de servizos e certificacións:


Tabla


O exercicio 2010 puxo de manifesto o valor da planificación estratéxica da UDC. Así, a Programación plurianual aprobada polo Claustro Universitario para o bienio 2009-2010 foi a base que lle permitiu á UDC elaborar uns orzamentos equilibrados para o exercicio 2009 e o exercicio 2010, nun contexto extremadamente desfavorable de estancamento do financiamento público.


Esta pluralidade reforza a previsión orzamentaria e normaliza os procedementos das administracións públicas cos programas de estabilidade e crecemento.


O orzamento do exercicio 2010 derívase directamente da Programación plurianual, logo de se efectuaren no Plan operativo anual, en que se establecía a necesidade de repoñer os recursos propios coa liquidación do exercicio 2009, os axustes das previsións orzamentarias para poder elaborar no exercicio 2010 un orzamento equilibrado. O obxectivo acadouse con folgura, o cal foi fundamental, dada a inesperada caída do financiamento público, para seguir avanzando na adaptación ao Espazo Europeo de Ensino Superior.


O proceso de planificación completouse cos indicadores elaborados no exercicio 2010 e referidos ao exercicio 2009, que axudan a efectuar o seguimento do Plan estratéxico, e a incorporación das conclusións da súa análise na formulación do orzamento vixente. A través destes indicadores, salienta, sobre todo, o alto nivel de cumprimento dos obxectivos relativos á adaptación ao Espazo Europeo de Ensino Superior, eixe central do Plan estratéxico, o que confirma a conveniencia de manter e reforzar o vixente plan de simplificación da xestión. Dos 94 indicadores, obtívose información nun 91%, e concluíuse que o seu cumprimento foi dun grao alto nun 65%, un grao baixo nun 20% e un grao parcial nun 15%.


Por outra banda, o Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica, a través da Sección de Contratación, é o responsable de levar a cabo con eficiencia a utilización dos fondos destinados á realización de obras, á adquisición de bens e á contratación de servizos, garantindo os principios de liberdade de acceso ás licitacións, a publicidade e a transparencia nos procedementos, a non-discriminación e a igualdade de trato entre os candidatos.


Co fin de asegurar a transparencia e o acceso á información relativa á actividade contractual, a UDC difunde o seu perfil de contratante a través do seu sitio web corporativo.