Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en Pdf Descargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS


10. COMPROMISO E ACTUACIÓN SOCIAL


A difusión da importancia de respectar os principios de non-discriminación e de igualdade de oportunidades laborais entre homes e mulleres, así como a defensa dos dereitos das mulleres e a intermediación nos posibles conflitos de diferenciación por cuestións de xénero, foron o motivo de crear a Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) como punto de partida para loitar cun problema que, grazas a iniciativas como esta, está a diminuír. No cadro deste xénero de preocupacións, progresivamente complementadas polas referentes á sexualidade e á opción sexual, a responsabilidade da OIX cara ás administracións públicas percorren fundamentalmente dúas liñas.


a) Unha liña de contribución. É ben certo que o conxunto das administracións públicas contan con unidades o servizos responsables do traballo en materia de igualdade de xénero; mais non o é menos que non todas contan co capital humano para o estudo destas materias de que dispón a UDC. Precisamente por iso, a OIX é consciente de que ten unha responsabilidade concreta no que se refire ao impulso constante das análises en materia de xénero, así como das propostas orientadas a superar as discriminacións.


b) Unha liña de tecido de sinerxías. Aínda que a OIX está comprometida coa contribución ás tarefas de igualdade de xénero que realizan as administracións públicas, tamén recibe achegas desta para desenvolver o seu traballo. Nos últimos anos a OIX contou coas contribucións en forma de axudas ou convenios do Servizo Galego de Igualdade, o Instituto da Muller, o Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade e, sobre todo, a Deputación da Coruña.


A través da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), canalizamos os intereses da comunidade universitaria en programas de cooperación ao desenvolvemento e de voluntariado social, así como liñas formativas e de sensibilización orientadas cara a estes.


No campo do voluntariado social, desenvolvemos programas e actividades realizados en colaboración cos concellos da Coruña e Ferrol, a Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, Secretaría Xeral de Emigración, Secretaría Xeral de Relacións Exteriores) e a UE. E no campo da cooperación para o desenvolvemento, levamos a cabo diferentes campañas de sensibilización, como por exemplo, o Fondo 0,7% para axudas á investigación. Para ver con máis detalle a o compromiso social pódese consultar a sección “Cidadanía”.