Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en Pdf Descargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

EMPRESA


2. TRANSFERENCIA DO COÑECEMENTO E INVESTIGACIÓN


O esforzo da UDC para cualificar os seus profesionais permítelles presentar uns bos resultados de inserción laboral: a UDC supera en 4 puntos áa media das universidades públicas españolas. As cifras de ocupación dos titulados da UDC superan nun 3,97% a media dos titulados no conxunto do sistema universitario español segundo o informe elaborado pola ANECA (datos do Informe de empregabilidade dos titulados da UDC presentado no ano 2009). A porcentaxe media de inserción laboral dos estudantes da UDC é do 72% a menos dun ano da súa titulación.


A maior nivel de estudos, maior rango de salario. A máis formación, menos paro. Segundo o último informe de empregabilidade, o 42% dos titulados perciben o estrato de salario máis alto, máis de 1.200 €/mes. A taxa de paro en España no ano 2010 era do 21,18% entre as persoas con estudos de nivel de secundaria, mentres que para os universitarios o nivel de paro reducíase ao 8,8%.


A valoración da empresa é moi positiva, pois o 88% das empresas da Coruña e Ferrol están satisfeitos co rendemento e a cualificación destes, segundo o Informe do Observatorio Ocupacional de empregabilidade dos titulados da UDC, ano 2009.


Os servizos da UDC vinculados co emprendemento e co emprego impulsan numerosas iniciativas para axudar os nosos titulados a conseguiren un emprego. Para facilitar a incorporación do estudantado ao mundo laboral e á empresa contamos co Servizo de Orientación Laboral e o Servizo de Autoemprego, ambos dependentes do Servizo de Apoio a Emprendemento e Emprego (SAEE), a través dos cales o estudantado pode resolver todas as súas dúbidas relacionadas coas saídas profesionais, as ofertas de emprego e de prácticas profesionais, a creación de empresas… Como dato salientable, no ano 2010 o Servizo de Autoemprego axudou a crear 16 empresas.


Para o desenvolvemento destas tarefas, a UDC emprega dúas ferramentas: o Portal de Emprego e a III Feira Europea de Emprego. A través do Portal de Emprego, as empresas que teñen asinado un convenio de colaboración coa UDC poden ofrecer postos vacantes de prácticas e emprego. O obxectivo da UDC a este respecto é prestarlle á empresa un medio máis de publicidade co fin de axudar a integrar nos seus equipos o estudantado e os egresados da UDC. No ano 2010, 416 empresas empregaron esta ferramenta, por medio da cal se xestionou un 22,13% de prácticas e ofertas de emprego máis que no ano 2009.


No tocante á segunda, a Feira Europea de Emprego, por primeira vez de carácter virtual (2.0), foi organizada pola UDC en colaboración coa Deputación da Coruña e xestionada pola FUAC. A Feira nace como o foro de reunión perfecto (presentacións de empresas, mesas redondas, obradoros EURES…) para iniciar contactos profesionais entre a empresa e os egresados da UDC, co fin de poder difundir os perfís requiridos e as súas necesidades de recursos humanos. Desta forma, na edición do ano 2010 recibimos 178.882 visitas, atendemos 4.980 usuarios e foron entregados nas casetas das empresas 1.836 currículos.


Outra ferramenta que lle permite á empresa coñecer de preto o capital humano da UDC é o Observatorio Ocupacional. É o servizo dedicado a actividades de investigación relacionadas co mercado laboral e coa incorporación dos egresados da UDC a el. A UDC ofrécelle á empresa, a través deste servizo, unha visión real do proceso de transición dos egresados ao mercado laboral. O exemplo máis claro é o estudo sobre as competencias profesionais dos universitarios publicado, que analiza o que a empresa demanda dos egresados para tratar así de minimizar a diferenza entre os coñecementos e as habilidades adquiridos polo estudantado e o que realmente demandan del os empregadores.


A formación procura impartir non só coñecementos senón tamén competencias e habilidades profesionais aplicadas á empresa.


Marca salientable das relacións establecidas entre a empresa e a UDC son os convenios de colaboración ou de cooperación educativa. Mediante a sinatura destes convenios, as empresas incorporan aos seus equipos estudantado ou persoas que se acaban de titular na UDC, que participan nos programas de prácticas profesionais ou bolsas de formación xestionadas pola propia UDC ou pola Fundación Universidade da Coruña (FUAC). As prácticas teñen como obxectivo complementar a formación dos estudantes. A empresa capta, forma e adecúa o estudantado ao posto en prácticas, e tamén ao posible futuro posto de traballo. A FUAC conta cun amplo abano de posibilidades no tocante aos programas de prácticas que a empresa pode ofrecer. Para ver con máis detalle a oferta de programa de prácticas pódese consultar a sección “Estudantado”.


Partindo da máxima de que a cooperación entre o mundo universitario e o mundo empresarial debe intensificarse, centrámonos en que unha das formas máis eficaces de facelo é a través da creación de novas empresas, especialmente de base tecnolóxica. Este é un mecanismo fundamental polo cal os coñecementos, tanto xerais como técnicos, adquiridos e desenvolvidos polas universidades son transferidos directamente ao sector industrial.


Na UDC, a creación de empresas de base tecnolóxica xorde no Viveiro de Empresas, servizo dependente da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI). Apoia a actividade de emprendemento dos membros da comunidade universitaria a través do asesoramento dunha consultoría que lles axuda a concretar o plan de empresa, e mediante actividades como as xuntanzas das empresas derivadas (spin-off) da UDC, polas que se realizan intercambios de experiencias e propostas de actividades conxuntas.


No ano 2010 lanzáronse dúas convocatorias para acceder a este viveiro, na primeira das cales entraron Goovent Technologies, Torus e Trileuco Solutions, mentres que na segunda accederon Avansig e Humigal. Así mesmo, a Agricin e Brigantium asignóuselles un consultor de apoio para axudalas a estudar a súa viabilidade, concretar os produtos, facer a análise de mercado e precisar o plan de empresa. A composición do Viveiro de Empresas da UDC a finais de 2010 é a seguinte: Galebook, Temias Desenvolvemento, Avansig, Humigal, Goovent Technologies, Trileuco Solutions e Bilega Energía.


A Unidade de Apoio a Proxectos Europeos de I+D e Captación de Mercados Laborais na UE, que tamén depende da OTRI, encárgase da análise, a busca e a captación de nichos de mercado. Proponlles aos membros da comunidade universitaria a posibilidade de crear empresas nos países membros da UE, co fin de promover a integración da comunidade universitaria da UDC no mercado laboral europeo.


De igual forma, e como apoio á UDC, a FUAC desenvolve as súas tarefas mediante os axentes de emprego propios, os cales prestan asesoramento para a posta en marcha dunha empresa, e promoven programas como a Aula de Unidade de Promoción Económica, que facilita ferramentas para a mellora da empregabilidade do estudantado, ou o Plan experimental de emprego UNINSERT, na mesma liña que o anterior malia que cun carácter máis práctico, porque ademais de formación e asesoramento teórico presta formación práctica.


Os nosos recursos humanos e materiais constitúen motivos fundamentais para que a empresa conte coa UDC como ferramenta fundamental no desenvolvemento dos seus traballos de investigación.


A UDC ten na investigación un dos seus piares fundamentais, por un lado, como soporte dunha docencia de maior calidade e competitividade e, polo outro, como forma de lle devolver progreso á cidadanía de que se nutre.


Ademais dos recursos humanos, ofrecémoslle ao ámbito empresarial unha importante rede de laboratorios repartidos entre os nosos diversos centros e o Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI), situado no campus de Elviña. É dicir, unha infraestrutura para levar a innovación alén dos nosos límites, xa que contamos coas últimas tecnoloxías en equipamentos.


A UDC comprométese a desenvolver o Parque Tecnolóxico.


Contribuímos ao progreso e á innovación coa posta en marcha do Parque Tecnolóxico. O Parque Tecnolóxico é un complexo de centros de investigación que se reparten entre os campus da Coruña e Ferrol, entendido como unha estrutura de colaboración rexional entre a UDC e a empresa, como parte da estratexia universitaria de desenvolvemento rexional. O Parque, realidade apoiada de forma decidida tanto pola administración como polo sector empresarial, xorde da necesidade de crear un espazo físico real e compartido para a relación universidade-empresa, partindo da premisa de aproveitar as fortalezas da UDC para deseñar os seus contidos.


Velaquí os cometidos dos centros de innovación tecnolóxica e investigación que o conforman:


a) Promover a investigación e a transferencia de tecnoloxía.


b) Facilitar a interrelación da empresa e a administración coa UDC en aspectos de asesoría técnica, formación, información… no ámbito de cada un.


c) Procurar a transferencia de coñecemento e tecnoloxía no ámbito de cada un aos seus grupos de interese, especialmente para mellorar a competitividade das empresas do sector.


d) Buscar a mellora da calidade e a excelencia dos grupos de investigación da UDC.


Os centros de innovación tecnolóxica impulsados pola UDC e nela situados son os seguintes:


O Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT), composto por 6 laboratorios, está situado no campus de Ferrol. Lonxe de ser apenas un centro que presta os seus servizos á comunidade universitaria, a vocación do CIT é a de ser un espazo de traballo para os diferentes grupos de investigación que alí realizan a súa actividade coa idea de colaborar co contorno industrial e, así mesmo, aspirar ao seu propio financiamento.


Os servizos do CIT son estes:


a) Investigación aplicada, o desenvolvemento tecnolóxico e o deseño, e a fabricación de prototipos.


b) Asesoramento e consultoría tecnolóxica: diagnósticos científicos e auditorías, estratexia tecnolóxica e xestión da innovación, servizos de información e consulta tecnolóxica, comercialización da carteira tecnolóxica e lexislación.


c) Servizos técnicos: ensaio e análise, e control de calidade dos produtos.


Tabla


Durante o ano 2010 no CIT traballouse en 36 proxectos de investigación financiados por entidades publicas. Na sección dos contratos realizados con empresas, en que se inclúen contratos de asistencia técnica e contratos ou convenios para a realización de ensaios ou análises puntuais, apréciase un aumento da actividade, o que demostra o bo resultado dos esforzos por achegarse ao contorno industrial.


O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), creado por iniciativa da UDC a través de fondos FEDER e achegas da Xunta de Galicia, está situado no campus de Elviña. A súa misión é a mellora da investigación e o estudo no ámbito da construción, na vertente da edificación e a enxeñaría civil, sempre desde a óptica de análise experimental.


A actividade do centro desenvólvese principalmente nas seguintes áreas:


a) Fomento da investigación de base coa realización de estudos que amplíen o coñecemento nos campos afíns á enxeñaría civil. A realización de teses de doutoramento e memorias de licenciatura é o mecanismo polo que se promove este tipo de investigación, moi ligada aos departamentos universitarios.


b) Investigación aplicada mediante calquera dos mecanismos de captación de recursos cos fondos da Xunta de Galicia, Ministerio de Educación… que serven de apoio para a realización de proxectos de investigación.


c) Asesoría a empresas e institucións mediante convenios de colaboración que faciliten a investigación e o estudo de modelos físicos.


Tabla


O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) está situado no campus de Elviña. O CITIC persegue potenciar o avance das tecnoloxías da información e as comunicacións, e fomentar a transferencia á sociedade deste coñecemento como vehículo para mellorar as prácticas relacionadas co desenvolvemento e aplicación do sóftware, así como a innovación en produtos e servizos para a sociedade da información.


Os servizos do CITIC son os seguintes:


a) Investigación e desenvolvemento (desenvolvemento tecnolóxico, investigación aplicada e deseño e fabricación de prototipos) no ámbito do sóftware, mediante a contratación de proxectos con empresas, ben directamente ou ben a través de convocatorias competitivas.


b) Asesoramento e auditoría tecnolóxica (diagnósticos científicos, tecnolóxicos e auditorías, asesoramento en incorporación de novas tecnoloxías na empresa).


c) Servizos técnicos (normalización, certificación e homologación, e control de calidade do sóftware).


Tabla


No ano 2010 a procedencia do financiamento dos proxectos do CITIC foi a seguinte: 44,7% público (526.035,20 €) e 55,3% (651.090,3 €) privado; mentres que no ano 2009 foi como segue: 54,5% público (426.232,68 €) e 45,5% (355.845,63 €) privado.


Para ver con máis detalle a evolución das actividades destes tres centros tecnolóxicos no ano 2010 pódese consultar o Informe do reitor 2010.


Aínda en fase de construción, co remate e equipamento previsto para o ano 2011, o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) ten como obxectivo acoller os grupos de investigación da UDC que traballan en proxectos relacionados coa enerxía e os recursos naturais.


En fase de proxecto, o Centro de Innovación Tecnolóxica para a Terceira Idade e Colectivos de Persoas Dependentes (ASISTA) ten como obxectivo acoller os grupos de investigación da UDC que traballen na área sanitaria da UDC, en concreto aqueles que pescuden innovacións tecnolóxicas para a terceira idade. A UDC é ademáis patróno da Fundación Centro Tecnolóxico Téxtil Galego, con sede provisional no Parque Tecnolóxico da UDC.


Situados no Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI), e constituídos por unha serie de laboratorios dotados de persoal altamente especializado en investigacións científicas e cun equipamento de alto nivel tecnolóxico, os Servizos de Apoio á Investigación (SAI) prestan os seus servizos ás institucións públicas e privadas: asesoramento científico e apoio na resolución de problemas técnicos e experimentais, así como posta a punto de novas metodoloxías de análise propias co fin de mellorar e ampliar as prestacións das diferentes unidades. Para ver con máis detalle o seu labor pódese consultar a sección “PDI”.


O respecto dos principios éticos e o cumprimento da normativa xurídica aplicable a cada un dos traballos de investigación realizados deben serlle garantidos por parte da UDC á empresa, dada a importancia que esta lle presta á dimensión ética da investigación. Por iso a UDC conta cun Comité de Ética que vela polo cumprimento das boas prácticas de investigación en relación cos dereitos fundamentais das persoas, o benestar dos animais e os intereses vinculados coa defensa e a protección do medio.


A UDC comprométese a promover a transferencia dos resultados da investigación á sociedade e a actuar como axente de desenvolvemento rexional.


Como unha das principais fontes de coñecemento, a UDC desempeña no proceso de innovación tecnolóxica un papel cada vez máis importante. A canle que difunde este coñecemento é a Oficina de Transferencia de Resultados da Investigación (OTRI), que é o organismo de interface entre a UDC e a empresa.


A súa misión é fomentar as relacións entre ambos os sectores, a través da identificación tanto da oferta xerada polos equipos investigadores da UDC como da demanda das empresas, xurdida das súas necesidades en materia de tecnoloxía e I+D. Se non se ofrecen respostas ás demandas da empresa, a UDC pódese afastar rapidamente das pulsións do cambio económico do seu contorno. O fin é, precisamente, facer efectiva a transferencia de resultados. Para iso, a OTRI conta cunha base de datos en que se recollen as liñas de investigación e a oferta da UDC, a través da cal establece reunións coas empresas dos sectores en que os grupos de investigación teñen fortalezas.


Así mesmo, a OTRI presta asesoramento aos equipos investigadores da UDC a través da elaboración de contratos de investigación e propostas de proxectos de I+D, da solicitude de patentes… É dicir, apoiando as actividades desenvolvidas polos investigadores.


No ano 2010, por medio da OTRI, na UDC tramitamos 14 rexistros de sóftware e 5 solicitudes de novas patentes nacionais, 1 patente internacional e 1 modelo de utilidade. Así mesmo a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) concedeu 5 novas patentes tramitadas en anos anteriores.


Por outra banda, alén de transferir os resultados das súas investigacións, o PDI transfire tamén os coñecementos científicos xerados na súa actividade, ao promover a ciencia no seu contorno e procurar incrementar o nivel de alfabetización científica da cidadanía. Para isto foi creada a Unidade de Divulgación e Cultura Científica. Na súa actividade, baseada en ciclos e obradoiros e de grande amplitude, colabora entre outras coas seguintes institucións: Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), Real Academia das Ciencias Exactas Físicas e Naturais, Rede de Bibliotecas do Concello de Oleiros e Unicaja-ASECI (Asociación Española de Ciencia e Imaxe Científica).


A FUAC, como unidade de interface, pon ao servizo da empresa local, nacional ou internacional, en xeral, e as pemes, en particular, a súa capacidade de xestión en temas de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación por medio da sinatura de proxectos: contratos de investigación ou asistencias técnicas.


A certificación de proxectos de I+D+i que leva a cabo a FUAC supón para a empresa importantes beneficios:


a) Demostrar ante calquera parte interesada a natureza científico-técnica dunha actividade.


b) Identificar posibles proxectos e/ou actividades de I+D+i.


c) Axudar a establecer un correcto rexistro das actividades e homoxeneizar a súa xestión.


d) Servir de soporte para a presentación de valoracións previas e consultas vinculantes á Dirección Xeral de Tributos, co que se permite obter unha seguridade total na aplicación das deducións.


e) Potenciar a marca de excelencia e prestixio para a súa imaxe corporativa.


f) Gozar das últimas novidades canto á aplicación dos incentivos fiscais.


Asumimos o noso compromiso coas necesidades de innovación do tecido empresarial do contorno poñendo á disposición das empresas todo o potencial científico e tecnolóxico dos nosos grupos de investigación, ben por medio dos institutos universitarios de investigación, ben por medio das cátedras empresariais. Os primeiros cobren unha ampla oferta no campo docente: programas de terceiro ciclo, mestrados e cursos de especialización.


O fin da actividade dos institutos universitarios de investigación é a promoción e o desenvolvemento do coñecemento e da investigación científica e técnica nos campos en que cada instituto destaca, así como a súa transferencia ao campo empresarial a través dos grupos de investigación de cada un. A UDC conta con 6 institutos, que son os seguintes: o Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, o Instituto de Ciencias da Saúde, o Instituto de Medio Ambiente, o Instituto de estudos Marítimos, e o Instituto de Estudos Irlandeses Amergin. Para ver con máis detalle a súa actividade pódese consultar a sección “PDI”.


A xeración de coñecemento científico e tecnolóxico e a súa transferencia ao sector produtivo fan necesario que a UDC promova distintos modelos de cooperación que se adapten aos obxectivos formulados por cada unha das entidades colaboradoras. Por iso, as cátedras empresariais son a mellor opción para potenciar a relación universidade-empresa de forma estable a longo prazo na área científico-tenolóxico de interese común.


Desta forma, a empresa ten acceso directo tanto aos recursos humanos que posúe a UDC como a determinadas infraestruturas, e pode apoiar diferentes actuacións que foren exclusivas da I+D. As cátedras empresariais créanse mediante a sinatura dun convenio de colaboración entre a UDC e a empresa, co fin de establecer unha relación estable continuada entre ambas, de modo que se alcancen resultado que redunden directamente en beneficio de ambas mediante estratexias de docencia, formación e investigación planificadas conxuntamente. A cátedra é un modelo de colaboración universidade–empresa cuxo obxectivo é promover a cooperación no desenvolvemento social, cultural, científico e tecnolóxico do noso contorno xeográfico de influencia.


A UDC conta con 4 cátedras:


a) A Cátedra Bioibérica SA, cuxo obxectivo é a realización e a difusión de traballos de investigación sobre enxeñaría tisular e a nivel de cartílago articular dentro da área da patoloxía osteoarticular.


b) A Cátedra INDITEX RSC, cuxo obxectivo é o estudo e a promoción da responsabilidade social corporativa no mundo empresarial a través de conferencias, seminarios e investigacións, así como a potenciación da responsabilidade social no campo da propia UDC, entendida como responsabilidade social universitaria, coa realización desta Memoria RSU.


c) A Cátedra da Fundación Caixa Galicia, cuxo obxectivo é a divulgación e a promoción da cultura emprendedora no marco da relación entre a UDC e as empresas e institucións do seu contorno, a través de diversas actividades: o establecemento de mecanismos que facilitan a transferencia de tecnoloxía entre a UDC e as empresas, o pulo á incorporación dos egresados da UDC no tecido empresarial e a promoción da presenza efectiva da UDC en parques tecnolóxicos, empresas e iniciativas semellantes.


d) A Cátedra da Empresa Familiar, cuxo obxectivo é o desenvolvemento dunha materia docente no plan de estudos de carácter económico sobre o modelo empresarial familiar, e de liñas de investigación vinculadas.