Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en Pdf Descargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

CIDADANÍA


8. CULTURA


A UDC comprométese a impulsar as súas actividades culturais e á súa apertura á sociedade en xeral.


O papel da UDC non se limita á docencia nin aos traballos en gabinetes e laboratorios. A UDC debe formar, antes que profesionais, persoas, cidadáns con sentido crítico, que saiban responder cos seus saberes e coas súas actitudes ante a cidadanía. Para este fin, como universidade pública, procura un amplísimo programa de actividades de extensión deportiva, cultural e solidaria.


A publicación e edición de numerosos libros e revistas, alén das actas dos congresos e reunións de carácter sociocultural desenvolvidas na UDC, e diversas monografías e manuais, son responsabilidade da Comisión de Publicacións.


A visibilidade e promoción da nosa produción é un reto que compartimos con outras universidades. Así, estivemos en feiras do libro (Madrid, Frankfurt, A Coruña, Guadalaxara e Liber); colaboramos co proxecto Cumulum, que se desenvolveu con ocasión do Día do Libro; inserimos fichas de novidades bibliográficas en diferentes medios e cedemos de balde exemplares das nosas publicacións a diversas institucións que nolos solicitaron para as súas bibliotecas. Tamén contribuímos a algúns dos eventos máis destacados do ano 2010 en Galicia, como foron o Xacobeo ou o Día das Letras Galegas dedicado a Uxío Novo Neira, celebrados respectivamente coa publicación dos libros Mi sombra en el camino e A man que caligrafando pensa.


Así mesmo, xestionamos a produción, a promoción e a distribución dun total de 21 volumes, en formato de libro impreso, CD ou publicación en liña, e 11 volumes de publicacións periódicas.


Con actividades socioculturais como música e teatro, cinema e imaxe, obradoiros… a UDC aposta por estender a cultura dentro e fóra da institución, implicarse na vida cidadá e intervir de xeito expansivo no enriquecemento cultural da cidadanía. A UDC busca achegar a actividade cultural a esta, especialmente nas áreas que non son ofrecidas de xeito habitual polas canles culturais de maior potencial, é dicir, búscase traballar en áreas que non teñan a suficiente oferta no resto dos diferentes estamentos culturais da área de influencia desta universidade. Para ver con máis detalle a actividade cultural pódese consultar a sección “Estudantado”.


En ligazón directa co mundo da cultura, a UDC proxecta inaugurar no ano 2011 un novo centro cultural bautizado co nome de “Normal”, facendo un chiscadela de ollo á antiga Escola Normal de Maxisterio, máis coñecida como “La Normal”. Preténdese tamén dar unha idea do carácter pouco normal que terá a programación deste centro, cunha oferta cultural diferenciada, moi ligada á mocidade, con temas como o skate, a arte urbana, grafitos... aberta a toda a cidadanía. O centro disporá dunha grande área expositiva; un auditorio polivalente totalmente acristalado, que poderá servir para dar charlas, ver proxeccións (cunha pantalla que se ve polas dúas caras) ou consultar revistas e todo tipo de publicacións; e un espazo que poderá ser destinado a outras actividades. A outra novidade deste inmoble será que a Universidade Sénior vai situarse no seu primeiro andar, unha vez finalicen as obras que se están executando.


Noutra orde de cousas, organizamos 2 campamentos de inglés no verán: un no campus de Elviña, a que asistiron 26 rapaces de entre 4 e 12 anos; e outro no campus de Ferrol, en que participaron 60 rapaces.