Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en Pdf Descargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

CIDADANÍA


4. MEDIO


A pesar de a que ao longo da década dos 90 moitas universidades iniciaron procesos de ambientalización a nivel interno (atención á xestión dos residuos e á formación ambiental) e a nivel externo (políticas de sustentabilidade), a UDC non contou até o curso 2003/2004 coa Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental (VIXA). Desde a VIXA traballamos na xestión ambiental e das infraestruturas, e valoramos as sinerxías que se dan e poden aproveitarse entre ambas.


No ano 2005 incorporámonos ao Grupo de Traballo da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) para a Calidade Ambiental e o Desenvolvemento Sustentable, e desde o ano 2008 coordinamos un grupo de traballo centrado no urbanismo e o ordenamento do territorio en relación cos campus, denominado “O urbanismo nos campus”. Tamén formamos parte da Rede de Enerxía Sustentable da Coruña, para o cal se adquiriu un novo compromiso ambiental co fin de paliar as consecuencia do cambio climático. Nun futuro estudarase a adhesión a outras declaracións internacionais que teñan como obxectivo o fomento da sustentabilidade.


Este marco de relacións e participación extrauniversitaria é fundamental para definir a nosa visión estratéxica da sustentabilidade. A isto cómpre sumármoslle unha característica positiva moi consolidada, como é o perfil ambiental de moitas titulacións e programas de mestrado e doutoramento. Este é un factor positivo de grande importancia, xa que reflicte a dispoñibilidade de medios internos de grande alcance para a proxección da UDC no eido da sustentabilidade.


Neste sentido, estamos a participar en foros que teñen como obxectivo a definición e a creación dun sistema de indicadores de sustentabilidade ambiental nas universidades. Un sistema ao redor do cal debuxamos os diferentes ámbitos en que se encadran as diversas actuacións da UDC en materia ambiental.


Eixe 1. Indicadores sintéticos integrados


1. A caracterización do contorno natural e humanizado.


A singularidade do campus de Elviña ten como elemento máis destacable a súa excepcional relación co patrimonio cultural, arqueolóxico e arquitectónico. O Castro de Elviña e a Igrexa Parroquial de San Vicenzo de Elviña (catalogada como ben de interese cultural), xunto cos moitos elementos que conforman o seu contorno (equipamentos tradicionais como hórreos, fontes, lavadoiros…) e a paisaxe humanizada de Elviña deben ser pezas fundamentais da relación do campus e da vida universitaria co territorio.


Porén, a pesar da súa proximidade física, na actualidade estes dous elementos atópanse afastados da vida no campus. No caso do Castro, distanciado pola falta de conexións que favorezan a accesibilidade; e no caso de San Vicenzo, por se atopar a igrexa illada pola avenida de Lavedra. Por iso traballamos en reforzar o papel referencial de ambos e en establecer un diálogo intenso destes elementos co campus, a través do deseño de contornos cualificados de aproximación, co obxectivo de romper a condición de estrañamento arestora dominante.


Nesta imaxe resaltamos o espazo verde e de recreo da UDC. O espazo público da UDC está clasificado pola súa funcionalidade, é dicir, polo tipo de uso que se lle dá: tránsito de vehículos, tránsito de peóns e espazo de recreo. Dentro deste último entrarían elementos como as prazas, os parques e os xardíns, os espazos residuais, e outros (áreas de uso local, exterior do rueiro e prazas pequenas).


A UDC participa con un representante na Comisión Territorial de Patrimonio Histórico da provincia da Coruña, prestando o seu asesoramento para a conservación e recuperación do patrimonio cultural do noso país.


2. A caracterización dos campus no ordenamento territorial


As nosas instalacións deben de estar dotadas dunha boa accesibilidade para a poboación que habita o territorio a que a UDC ofrece o seu servizo. Un bo transporte público convértese así nunha condición fundamental para fortalecer tanto o sistema universitario de Galicia como a propia UDC, na procura de evitar o factor de “deslocalización do estudantado” diante dos novos retos do espazo europeo de educación superior e a crecente globalización.


O ordenamento territorial, o urbanismo, a edificación e as infraestruturas condicionan en boa medida a sustentabilidade da actividade universitaria. A análise destes factores permite identificar os seguintes obxectivos xerais:


a) Facilitar a accesibilidade mediante a creación de redes de proximidade.


b) Avanzar na sustentabilidade do modelo de mobilidade da UDC.


c) Mellorar a integración física e social dos espazos e da actividade universitaria na estrutura urbana.


d) Potenciar a complexidade e diversificación funcional do espazo universitario.


A caracterización da UDC no ordenamento territorial debe facerse en relación con tres escalas diferenciadas. A seguir relaciónanse coas medidas específicas que estamos a adoptar:


a. Rexional: relación universidade-territorio


- Mellorar a accesibilidade aos campus na escala rexional A Coruña-Ferrol: ferrocarril, liñas de autobuses e estación intermodal.

- Aproximar a UDC á comunidade universitaria, dotando os campus de residencias universitarias.


b. Urbana: relación universidade-cidade


- Dotar os campus das instalacións necesarias para colaborar coas empresas da rexión urbana da Coruña-Ferrol.

- Mellorar o transporte público urbano e potenciar os modos alternativos.

- Fortalecer a integración entre os equipamentos universitarios e o tecido urbano, entre a comunidade universitaria e a cidadanía.


c. Campus


- Dotar de complexidade funcional o espazo universitario.

- Crear espazos públicos de interacción entre centros.

- Priorizar a mobilidade non-motorizada (a pé, en bici).

- Restaurar o patrimonio natural, agrícola e forestal.

- Analizar e diagnosticar a edificación (existente e nova).


3. A caracterización da xestión ambiental (a pegada ecolóxica)


A pegada ecolóxica é posiblemente o indicador máis coñecido para medir a sustentabilidade. Cando falamos da pegada ecolóxica da UDC, estamos a falar da compoñente “profesional” da comunidade universitaria. Os factores de impacto que se incluíron no cálculo foron aqueles cuantitativamente máis significativos. A sistemática de cálculo baseouse na procura do valor da pegada ecolóxica a través dun proceso de cálculo que tivo en conta características de segmentación espacial e as categorías dos indicadores empregados.


Canto á segmentación espacial, e tendo en conta as características da UDC, os cálculos obtivéronse de forma individual para 8 espazos concretos (7 campus e a Reitoría), o que permitiu facer as oportunas comparacións de eficiencia e eficacia. Así, a partir dos valores parciais puidemos obter a pegada ecolóxica global da UDC.


Entre as compoñentes que non foron contabilizadas no cálculo merece unha mención especial a derivada da alimentación que, ao igual que outras compoñentes (vivenda, lecer...) non é específica da actividade universitaria. Porén, a UDC no seu conxunto pode condicionar esta compoñente, por exemplo, en función da oferta que teñen os servizos de restauración que acolle. O mesmo ocorrerá coa vivenda no futuro, ao estar previsto contar con prazas de residencia nos campus.


A través do convenio asinado pola UDC coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, recolléronse nun informe os resultados da pegada ecolóxica, que a seguir presentamos de xeito sintético:


I. Edificación, consumo de electricidade e combustibles fósiles (gasóleo)


A pegada total destes compoñentes resultou de 1806,8 Ha. A pegada ecolóxica garda unha relación directa coas emisións de CO2. As emisións totais por estes tres conceptos atinxen os 11.328.699 kg de CO2 anuais, dos cales un 48,7% é debido ao consumo de electricidade, un 27,1% á edificación e un 24,2% ao consumo de gasóleo para a calefacción.


Tabla


II. A pegada da mobilidade


Nas seguintes táboas resúmense os datos básicos de caracterización da mobilidade das persoas na UDC. A partir destes datos, facendo uso dos factores de emisión por modos, estimáronse as emisións de CO2 para a poboación universitaria por medios e colectivos.


Tabla


Aproximadamente o 50% da comunidade universitaria fai uso do automóbil particular para os seus desprazamentos á UDC. A continuación aparecen, por orde de importancia, o autobús (35%) e os desprazamentos a pé (13,5%). Os restantes medios son marxinais: tren (0,80%), bicicleta (0,33%) e motocicleta (0,15%). As emisións de CO2 totais resultan de 9.768,5 t anuais. Do 50-52% da comunidade universitaria e dos percorridos, o automóbil particular é responsable do 89% das emisións. O outro 50% da comunidade universitaria, como usuaria de medios de desprazamento menos impactantes, achega só o 11% das emisións totais.


Finalmente realizouse unha aproximación á pegada ecolóxica asociada á mobilidade, que resulta de 1.558 Ha totais para o conxunto da comunidade universitaria. Esta cifra incluíu a achega dos centros adscritos de Riazor, mais de descontar estes centros a pegada debida á mobilidade sería de 1.513 Ha.


Tabla


III. Papel, auga e residuos


O consumo total de papel estimouse en 169.263 kg anuais (1.436 folios por persoa e ano, polo xeral cada folio pesa 80 g), segundo a distribución da seguinte táboa. Do total, un 11,8% é papel reciclado. As emisións totais, de acordo cos factores de emisión indicados máis arriba, resultaron de 286.877 kg de CO2/ano.


Tabla


O uso de papel reciclado está máis estendido entre o estudantado (16%) que nas adquisicións dos centros e departamentos (por debaixo do 8,1%). Para os servizos reprográficos, a porcentaxe de papel reciclado foi dun 14,7-15% en total (papel e fotocopias). Ora ben, malia que segundo os resultados da enquisa o 38% do PDI e o 30% do PAS afirman facer uso de papel reciclado, as cifras netas de cantidades de papel reciclado en relación co total foron moi inferiores. Por outra banda, unha parte importante do persoal da UDC afirmou que non ten acceso ao papel reciclado, unha percepción que tamén é común entre o estudantado.


O consumo global de auga foi de 68.360 m3, claramente inferior ao consumo de anos anteriores, segundo se mostra na seguinte figura. De acordo co factor de emisión de 0,5 kg CO2/m3, resultan unhas emisións globais de 34.180 kg de CO2 anuais.


Por outra banda, obtivéronse das empresas subministradoras os consumos específicos de enerxía por m3 servido. Este consumo varía non só de Ferrol á Coruña, senón tamén dentro da Coruña en función da localización dos puntos de consumo e da enerxía de bombeo necesaria. Os factores obtidos resultaron de 0,1056 kWh/m3 para Ferrol; 0,0587 para Elviña, a Maestranza, Riazor, Oza e Bastiagueiro; e 0,7237 para A Zapateira. A aplicación destes consumos, tendo en conta as emisións por kWh de electricidade consumida, levaríanos a unhas emisións totais de 5.725 kg de CO2/ano.


A xeración de residuos componse de residuos perigosos (RP) e residuos asimilables a urbanos (RU). A xeración de RP resultou de 11.039 kg, dos cales foron obxecto de recollida selectiva máis do 80%. Empregáronse os factores de emisión estimados por Marañón et al. (2008), expresados en Ha/t RP, que se indican na seguinte táboa xunto cos datos de xeración.


Ao tomar en consideración o factor de conversión de Ha a t de CO2 empregado polos mesmos autores, de 4,57 t CO2/Ha, obtivéronse os índices de emisión en kg CO2/kg RP indicados na seguinte táboa. E a partir destes datos calculáronse as emisións de CO2 asociadas.


Tabla


Pola súa vez, a xeración de RU estimouse en 557.180 kg, cunha recollida selectiva do 38%. O factor de emisión empregado foi de 0,61 kg CO2/kg para os RU mesturados e de 0 para os residuos obxecto de recollida selectiva neta. Mentres que o nivel de recollida selectiva dos RP pode considerarse axeitado (80%), á recollida selectiva dos RU (actualmente menor do 40%) deberáselle prestar máis atención.


As emisións asociadas resultaron de 2.120 kg de CO2 (RP) e 211.670 kg de CO2 (RU). No caso dos RP a distribución por campus é desigual, xa que a maior parte son xerados nun número limitado de centros. No caso dos RU dispuxemos da estimación global, e non dunha distribución por zonas dos campus. Por iso, co obxectivo de desagregar as emisións por zonas, considerouse unha distribución proporcional ao tamaño da comunidade universitaria en cada unha das zonas.


As emisións globais asociadas ao consumo de auga e de papel, e á xeración de residuos, resultou de 534.847 kg/ano.


Tabla


IV. A pegada ecolóxica da UDC


A seguinte táboa recolle as emisións de CO2 contabilizadas en cada un dos factores tomados en consideración. A emisión total de gases con efecto invernadoiro (GEI) derivada da actividade da UDC atinxiu á cantidade anual de 21.348 t.


Tabla


As emisións medias anuais per cápita situáronse en 906 kg de CO2, cunha faixa de variación por zonas que vai dos 649 aos 1.631 kg de CO2 por persoa e ano.


As compoñentes da pegada ecolóxica, expresada en Ha de bosque necesario para absorber estas emisións de CO2, xunto coas hectáreas de territorio directamente ocupado polas diversas zonas dos campus da UDC, indícanse na seguinte táboa. O territorio directamente ocupado, en total 69,2 Ha de terreo, resultou tamén unha compoñente relativamente reducida (2% do total), polo que en consecuencia podemos concluír que son catro as compoñentes realmente determinantes da pegada ecolóxica da UDC, por orde de magnitude: mobilidade, consumo de electricidade, edificación e gasóleo (ou combustible para a calefacción). Así, a mobilidade achegou o 43,5% da pegada total, o consumo de electricidade o 25,4%, a edificación o 14,1% e o consumo de gasóleo o 12,6%.


Grafico


Tabla


Para ver con máis detalle a evolución das actividades destes tres centros tecnolóxicos, no ano 2010, pódese consultar o Informe do Reitor 2010.


A pegada ecolóxica total estimouse en 3.475 Ha de bosque galego. A pegada ecolóxica per cápita media resultou de 0,147 Ha/persoa e variou na faixa de 0,105 Ha/persoa a 0,268 Ha/persoa dunha a outra zona dos campus. O tipo de actividade predominante en cada unha das zonas é o principal factor que explica esta variación. A pegada ecolóxica total equivaleu a 50 veces o territorio ocupado polos campus da UDC.


Grafico


Vinculadas ao informe, organizáronse xornadas de formación e exposicións en colaboración coa Sociedade Galega de Ensino Ambiental (SGEA).


4. O compromiso ambiental


Como ente público, e dada a nosa finalidade docente e educativa, temos que ser referentes e exemplo para a cidadanía. A sensibilización da comunidade universitaria en temas como o cambio climático, a redución e a reutilización de residuos, e a optimización dos consumos de auga e enerxía é unha das nosas finalidades.


Actualmente identificamos unha serie de pasos para seguir nunha estratexia de actuación universitaria para a sustentabilidade, os cales serven de base para a elaboración da Guía da sustentabilidade, a creación da Comisión Ambiental, a estruturación e dotación da Oficina de Medio Ambiente (OMA), a elaboración de plans ambientais sectoriais e de centro, e a publicación periódica do Informe de sustentabilidade.


Os pasos son estes:


a. Establecer un compromiso institucional e unha visión estratéxica da sustentabilidade.


b. Desenvolver unha estrutura que asegure o compromiso e a actuación dentro do goberno da UDC.


c. Fomentar e consolidar o compromiso de base da comunidade universitaria.


d. Desenvolver e manter un servizo técnico que asegure o desenvolvemento das políticas de sustentabilidade.


e. Institucionalizar os resultados, mediante procedementos de seguimento e avaliación da sustentabilidade.


A elaboración e implantación de plans ambientais sectoriais está a levarse a cabo coa participación especial so Servizo de Arquitectura e Urbanismo (SAU), así como doutros servizos. Á súa vez, os centros deben elaborar os respectivos plans de ambientais de centro.


Como medidas transversais, aplicamos criterios de compra verde nas contratacións. Deste xeito, temos en conta que a xestión ambiental da UDC tamén depende da xestión das empresas que lle proporcionan servizos ou bens. Da mesma forma, as condicións ambientais e de sustentabilidade están presentes nos concursos de obras e infraestruturas. Así, primamos:


a. a compra de bens que cumpran con criterios ambientais e de equidade;


b. a elección de empresas de servizos que conten con certificacións ambientais;


c. e a adquisición de produtos locais e servizos de empresas locais, na procura de evitar a deslocalización e o beneficio das multinacionais fronte ás pequenas empresas e aos produtos locais.


A OMA desenvolve e mantén un servizo técnico, de coordinación e promoción que asegura a execución das políticas de sustentabilidade, a través dun cadro de persoal técnico suficiente para desenvolver as súas tarefas, e dun cadro asesor, constituído preferentemente por expertos sectoriais da UDC: PDI, PAS ou estudantado. Aínda que non conta cunha estrutura definitiva, un dos obxectivos postos en marcha é o de crear unha estrutura de funcionamento axeitada ás nosas posibilidades, que a permita continuar avanzando na participación de actividades e proxectos, con independencia dos que xa dirixe. Para o desenvolvemento dos nosos traballos contamos coa colaboración de bolseiros, estudantes de último curso ou na etapa de elaboración do proxecto de fin de carreira de varias titulacións: estudantes de Arquitectura, Enxeñaría de Camiños, Portos e Canais, Dereito... Mantense así unha relación directa cos centros e co estudantado.



Grafico


Avanzar na sustentabilidade require a promoción da sensibilidade ambiental da comunidade universitaria e da súa participación na toma de decisións. Con esta finalidade, está en proceso de creación unha comisión ambiental. Tamén está en marcha a elaboración dunha guía para a sustentabilidade que fai unha proposta de indicadores ambientais, coa consideración de que a mellor forma de proceder á avaliación dos resultados da aplicación dun plan de sustentabilidade é a través da medición de diferentes indicadores. Así, está prevista a elaboración periódica dun informe de sustentabilidade que siga a estrutura e a evolución destes indicadores.


Eixe 2. Xestión ambiental


Este segundo eixe reflicte en detalle os resultados da xestión, a calidade e o impacto ambiental da UDC. Trátase das liñas relacionadas co consumo de recursos e a xeración de residuos e emisións, en que salienta a cuestión da mobilidade e, de forma singular, a xestión e a conservación da biodiversidade como obxectivo preferente.


5. Mobilidade


Entre os efectos negativos que ten o transporte en vehículo privado dos membros da comunidade universitaria sobre o medio pódense citar o ruído, as emisións contaminantes, o gasto enerxético e a ocupación de espazo no campus.


O vehículo privado supón impactos por viaxeiro moi superiores aos do transporte público e a conxestión do tráfico incrementa aínda máis os efectos negativos. O emprego do transporte público e un mellor aproveitamento dos vehículos privados, aumentando a súa ocupación, reducirían estes impactos, que quedarían practicamente eliminados de se empregar a bicicleta ou os desprazamentos a pé. Para reducir os impactos da mobilidade da comunidade universitaria pode traballarse para favorecer un uso máis eficiente dos vehículos privados, promovendo o emprego de medios de transporte máis sustentables ou reducindo a necesidade e lonxitude dos desprazamentos. Na actualidade estase a traballar en materializar as posibles medidas que axuden a cumprir estes obxectivos.


Nesta liña, priorizamos o fomento, entre todos os membros da comunidade universitaria, do sentido da responsabilidade pola conservación e mellora do medio, a través do programa de préstamo de bicicletas. Así mesmo, preparamos estudos sobre a circulación pola cidade da Coruña e o acceso aos campus de forma segura para os membros da comunidade universitaria.


6. Enerxía


No ano 2006 comezamos a traballar neste eido, cos primeiros estudos e actuación a favor da eficiencia enerxética e a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI). Desde entón o criterio ambiental ten enorme importancia nas decisións técnicas do SAU, sempre desde a perspectiva do aforro enerxético e a sustentabilidade.


Realizamos algunhas actuacións con moi bos resultados, como a substitución de luminarias convencionais por outras de alta eficacia na iluminación interior de aulas; a sectorización da instalación de calefacción en edificios con desequilibrios; actuacións de rehabilitación ambiental mediante arquitectura bioclimática; controis da ganancia solar e ventilación natural e sistemas solares térmicos para a produción de auga quente con uso nas duchas e o quecemento da piscina; as primeiras instalacións fotovoltaicas; o cambio de lámpadas na iluminación exterior; e a rehabilitación da central de produción de calor da Zapateira.


No ano 2008, a Xunta de Galicia presentou o Plan galego de acción contra o cambio climático cuxo obxectivo prioritario era diminuír as emisións difusas de gases efecto invernadoiro (GEI). O obxectivo correspondente ás universidades foi a redución de 0,28 millóns de t de CO2 eq/ano-1. Conscientes da necesidade de traballar para acadar estes obxectivos, contamos cunha dotación orzamentaria específica para o noso plan enerxético.


Así, o potencial para a adopción de medidas tendentes á eficiencia e ao aforro enerxético, e de incorporación de enerxías renovables de xeración in situ, maniféstase moi elevado. A relación que segue é o resultado de estudos realizados nas nosas instalacións.


a. Actuacións de mellora na iluminación interior


- Aproveitamento da luz solar de forma controlada, de forma pasiva ou automatizada.


- Evitación das ganancias térmicas durante o verán mediante sistemas de sombreamento que permitan a entrada de luz.


- Substitución de luminarias abertas por estancas de alta eficiencia e de doado mantemento para talleres.


- Realización de limpezas e substitución programada de lámpadas para dispor duns niveis de iluminancia adecuados.


- Sectorización da iluminación mediante control en función da iluminación exterior.


- Control da iluminación mediante detectores de presenza e temporizadores para aseos e corredores.


- Cambio de lámpadas de incandescencia (convencional e halóxena) por lámpadas con menores perdas térmicas como as de fluorescencia ou LED segundo o uso concreto.


Neste campo de actuacións, destacaron no ano 2010 dúas obras:


1) A obra para a mellora do sistema de xestión da iluminación no Centro e Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC). O sistema consiste na mellora do sistema de regulación da iluminación, ventilación e control solar, para se adaptar de forma eficiente e flexible á compartimentación a que foi sometido o edificio segundo as necesidades das empresas e grupos de investigación que nel se aloxan. Así mesmo, a automatización das lamas de regulación solar para conseguir un aproveitamento óptimo da luz solar e do sombreamento nas horas de incidencia directa do sol. Este sistema permite a avaliación dos aforros reais conseguidos nunha instalación de forma que serve para que a UDC valore a implementación deste sistema no resto de edificios. A obra foi subvencionada no 33% polo INEGA.


2) A obra para dotar a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física dunha acometida eléctrica con potencia suficiente. A través dun convenio de colaboración coa Consellería de Educación, posibilitouse o funcionamento adecuado da iluminación deportiva e da calefacción das pistas cubertas.


b. Actuacións de mellora na iluminación pública


- Substitución de lámpadas de vapor de mercurio por lámpadas de vapor de sodio ou lámpadas de haloxenuros metálicos de última xeración.


- Instalación de redutores-estabilizadores de fluxo nos circuítos de iluminación.


- Instalación de reloxos astronómicos.


- Substitución de lámpadas de globo por outras que eviten o fluxo no hemisferio superior, para evitar a contaminación alumínica.


- Eliminación de lámpadas de halóxenos ou outras ineficientes.


c. Mellora dos usos enerxéticos para calefacción e acondicionamento térmico


- Renovación das salas de caldeiras antigas (aquelas con máis de 30 anos poden mellorar o seu rendemento até un 30%, con grandes aforros anuais tanto económicos como ambientais).


- Substitución do sistema de calefacción eléctrica por sistemas de calefacción por auga centralizados ou sistemas de bomba de calor.


- Substitución do combustible gasóleo por combustible gas con melloras económicas e ambientais importantes para grandes consumos.


- Mellora do sistema de climatización e os cerramentos das piscinas.


- Sistemas de produción de ACS de alto rendemento e con achega de enerxías renovables.


- Mellora dos illamentos nas edificacións e instalacións, de forma priorizada en edificacións con malas condicións de illamento, con vidros sinxelos, ou en carpintarías sen rotura de ponte térmica.


- Sectorización da calefacción, que redunda nun maior confort para os usuarios e nunha maior sustentabilidade ambiental (evita que se teña que abrir as fiestras no inverno para regular a temperatura por desequilibrios na instalación).


- Substitución de sistemas de climatización antigos (máis de 15 anos) por outros de alta eficiencia.


- Adopción de sistemas de climatización pasiva: ensombrecemento (vexetais e sistemas téxtiles), creación de correntes naturais controladas mediante fiestras de apertura automática programada, ou ventilación de baixo consumo (ventiladores de teito para desestratificación).


Neste campo de actuacións, no ano 2010 salientaron catro obras:


1) A obra para implantar o sistema de refrixeración no CPP do Centro e Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), con aproveitamento da calor residual para a climatización dos espazos ocupados. A obra foi financiada polo INEGA nun 13,21%.


2) O estudo con que se pretende valorar a viabilidade dunha instalación de coxeración na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. A idea é que esta actúe como produtora de enerxía con base na queima de gas, retribuíndo por réxime especial a venda da enerxía eléctrica. Aproveitaría a calor residual do proceso para usos térmicos en calefacción, piscina ou refrixeración, dando lugar a trixeración. A obra foi subvencionada no 75% polo INEGA.


3) A realización da acometida de gas por parte da empresa distribuidora Gas Galicia e a parte superior das chemineas da sala de caldeiras da Zapateira, as cales irán integradas dentro dun proxecto de adecuación da zona da antiga sala de caldeiras e a parte traseira da Facultade de Ciencias. Conséguese, con esta obra, traballar cun combustible máis limpo e económico, aumentar a eficiencia das caldeiras e conseguir así un aforro anual de máis de 60.000 €. En paralelo, realizouse o proxecto de dotación de calefacción centralizada para a ampliación da Escola Técnica de Arquitectura, co obxecto de aumentar a eficiencia e diminuír os custos de mantementos globais. Os resultados foron dun 49,81% de redución no consumo de enerxía primaria e un aforro anual de 202 t CO2/ano. Foi unha obra subvencionada no 10% polo INEGA.


4) A incorporación de válvulas termostáticas e de bombas de caudal variable no Centro Universitario de Riazor (CUR), no Centro Cultural de Riazor (CCR) e na Facultade de Dereito. Actuouse nos centros que teñen unha maior representatividade, aulas de estudo, ou aqueles onde a regulación da temperatura con base noutros sistemas é moi complexa. Así, posibilitouse regular a temperatura independentemente ao gusto de cada usuario, ao tempo que se intentou sensibilizalos para que deixen as válvulas configuradas nunha temperatura de 20ºC (adhesivo). O fin é reducir as emisións contaminantes á atmosfera e as emisións de efecto invernadoiro (GEI), reducir a dependencia enerxética do exterior e reducir a enerxía consumida nun 12% por cada sistema instalado, xa que cada grao que aumenta a calefacción, supón un incremento do 7% do consumo enerxético. Na mesma liña, no caso do aire acondicionado, cada grao que baixa, supón un incremento do 8% de consumo enerxético.


d. Instalación de enerxías renovables


Contamos xa con numerosas instalacións de enerxía solar, as cales poden clasificarse en 3 grupos segundo o seu principio de funcionamento: termoeléctricas, térmicas e fotovoltaicas.


Actualmente están en execución as seguintes instalacións:


- Para o Centro de Investigacións Tecnolóxicas en Enxeñaría e Edificación Civil (CITEEC): dúas instalacións solares térmicas, unha de 9 kWp e outra para usos de ACS.


- Para o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA): instalación solar fotovoltaica de 5,88 kWp.


- Para o Centro Cívico Universitario (CCU) do campus de Esteiro (Ferrol): instalación dunha cuberta solar fotovoltaica de 12,6 kWp con 13,18 kWp reais. Supón un aforro de 7,57 t CO2/ano e uns ingresos anuais de 4.588 €, así como sensibilización ambiental e instalación demostrativa para a Escola Politécnica Superior e a Escola Universitaria Politécnica. Obra subvencionada no 11% polo INEGA e no 50% por un convenio coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Grazas a estas subvencións, a amortización prevese en menos de 5 anos.


Estas medidas permitirían dar unha produción anual preto dos 20.000 kW que ademais suporía o aforro de 20 t de CO2 e 50 kg de óxidos de xofre.


Neste campo de actuacións, destacaron no ano 2010 dúas obras:


1) A implantación do sistema de control ambiental bioclimático na aula de estudo do edificio Xoana Capdevielle. Solucionouse un problema de sobrequecemento da aula durante o verán a través dunha enredadeira como sistema de sombreamento pasivo. Esta medida acompañouse da colocación dun sistema automático de apertura de fiestras na parte superior da aula, e a incorporación de ventiladores que funcionan a unha velocidade variable: no inverno, baixa velocidade, para botar a calor á zona ocupada; e no verán, alta velocidade, para favorecer o confort térmico por unha maior velocidade do aire que inflúe de forma importante na sensación térmica. Así, evítase a instalación dun sistema de aire acondicionado. De igual maneira, permítese un aforro en calefacción, ao baixar a calor durante o inverno por medio dos ventiladores de teito e pechar os ocos de ventilación na cuberta controlándoos mediante as fiestras motorizadas.


2) O proxecto de climatización por hidrotermia no Club Universitario. Trátase dunha tecnoloxía similar á xeotermia, mais con intercambio de auga. A situación do centro fai recomendable esta instalación pola maior eficiencia e constancia do rendemento ao longo do ano, e pola maior durabilidade da maquinaria ao non actuar contra o aire directamente, o que provocaría unha corrosión prematura como ocorre con outras máquinas de climatización. Este proxecto integra os criterios actuais máis innovadores, en que os maiores custos de investimento se ven xustificados polos altos prezos da enerxía, en incremento progresivo.


e. Adopción de sistemas de xestión e monitorización, auditorías e difusión


- Recollida remota de consumos de auga, combustibles e enerxía eléctrica; xeración de enerxía renovable e seguimento da eficiencia nas instalacións da UDC.


- Uso sistemático da auditoría enerxética como ferramenta para o estudo exhaustivo das instalacións de consumo enerxético.


- Actualización do prego de condicións técnicas de aforro enerxético e de mellora ambiental para as novas edificacións e as reformas que cumpra levar a cabo na UDC.


- Difusión e publicidade das medidas adoptadas como ferramenta para a concienciación da comunidade universitaria e a divulgación das alternativas máis sustentables.


Neste campo de actuacións, no ano 2010 salientaron tres obras:


1) O sistema de control de accesos, CCTV e control de intrusión para edificios da UDC. Trátase dun sistema centralizado de control de acceso xa implantado na Escola Universitaria de Terapia Ocupacional e no Centro e Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC). Actualmente está pendente de obra civil no aparcadoiro do Edificio de Servizos Centrais de Investigación para a automatización das súas barreiras. O sistema permitirá ter un xestor de permisos único para toda a UDC, cun posto centralizado que permita coñecer en cada momento os usuarios que hai dentro dun edificio (relevante no caso de evacuación de emerxencia) e limitar as zonas de acceso, así como ter un maior control dos roubos.


2) As auditorías no edificio de departamentos da Escola Técnica Superior de Arquitectura e da iluminación exterior do campus da Coruña. A primeira formúlase como o punto de partida para realizar melloras de eficiencia no edificio, co fin de dar un servizo desde a sala de caldeiras centralizada da Zapateira. O aforro tras a implantación de medidas sitúase sobre as 84,41 t CO2/ano. A obra foi subvencionada no 75% polo INEGA. E a segunda constitúe o estudo de eficiencia enerxética no campus da Coruña. Formúlase como o paso previo para a realización dun proxecto técnico-paixasístico para os campus de Elviña-A Zapateira, no que se fomentará o emprego de criterios eficientes na iluminación, mais tamén a mellora da calidade do servizo, reforzando a iluminación en puntos singulares ou de tráfico conflitivo e regulando os apagados-acendidos de forma adecuada para diminuír o consumo global de enerxía. Paralelamente, realizáronse melloras na iluminación co cambio do tipo de iluminación e coa incorporación do sistema de reloxo astronómico na regulación dos acendidos. No ano 2009 comezouse o cambio de lámpadas de vapor de mercurio (HPL) de 250 W (14 000 lm) por VSAP de 150 W (17 000 lm), co aforro dun 40% de enerxía e a obtención de máis luz. A amortización está prevista para menos de 2 anos, cun aforro de 84,31 t CO2/ano. Así mesmo, cómpre mencionarmos a auditoría da iluminación pública levada a cabo por ATISAE nos departamentos da Escola Técnica Superior de Arquitectura e da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Todas as obras foron financiadas no 75% polo INEGA.


3) O sistema de control SCADA para a automatización de instalacións, que permitirá supervisar a distancia as instalacións, verificar rendementos e sacar históricos de consumos eléctricos, hidráulicos e de calefacción. Está instalado nos servidores centrais da UDC, o que ofrece unha máxima seguridade e o control da xestión da rede polo Servizo de Xestión de Rede e o Servizo de Sistemas. Permitirá actuar sobre as instalacións e apagar e acender en función das necesidades desde calquera ordenador que se queira configurar. Neste sentido, no edificio Xoana Capdevielle levouse a cabo o control de rego e o sistema bioclimático de refrixeración e calefacción; a monitorización dos parámetros de temperatura e humidade do Arquivo Central con históricos destes valores; e a integración dos controis de temperatura para novos despachos do CUFIE e do SEINFE.


Nos últimos anos vénse contando coa axuda de organismos estatais e autonómicos que traballan en materia enerxética e ambiental, por medio da concesión de axudas e o establecemento de convenios de colaboración: co Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), a Consellería de Industria ou a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. No ano 2010 recibimos una axuda de 32.000 €. A busca de financiamento para poder acometer estas medidas convértese nun importante obxectivo na UDC.


Así mesmo, coordináronse as seguintes inspeccións periódicas, obrigadas pola normativa: inspeccións da baixa tensión, centros de transformación, depósitos de gasoil, instalacións térmicas e inspeccións anuais de tomas de terra. E realizáronse os pregos de condicións técnicas para mantementos, subministracións e proxectos de novas edificacións.


Grazas a estas medidas, no ano 2010 reducimos as emisións CO2 en 208 t, un 2,52%.


Por último, cómpre salientarmos o Proxecto de urbanización do Parque Tecnolóxico. Este proxecto trata de resolver e unificar a conexión e interrelación entre espazo público e subministracións dentro do Parque Tecnolóxico da forma máis eficiente e sustentable posible. Estase a realizar un estudo para a planificación da conectividade dos novos edificios á área do Parque Tecnolóxico, co obxecto de fixar criterios de eficiencia tanto ambiental como económica e propoñer unha única alta en servizos de gas, electricidade e auga.


Tamén se teñen en conta outros aspectos como a depuración de augas para o seu uso en cisternas e urinarios, a separación de augas grises e negras e o que será o proxecto estrela nas instalacións da UDC: a realización dun sistema de calefacción centralizada (central heating) que combinará á perfección o uso da biomasa (0% emisións) e o gas para dar lugar a un abaratamento no futuro mantemento das edificacións. Este proxecto integra os criterios actuais máis innovadores con vistas a atinxir a eficiencia e sustentabilidade ambiental e económica.


7. Auga


O sistema da auga nos campus de Elviña e A Zapateira ten unha compoñente natural formada, fundamentalmente, polo río Lagar e o regato de Elviña (nos treitos que non están canalizados), unha serie de mananciais que nacen no campus e todo o sistema de drenaxe natural tanto superficial como subterráneo. Tamén existe unha rede antrópica de fluxos de auga que está composta polas redes de abastecemento (auga potable), saneamento (augas residuais e parte das augas dos mananciais anteriormente citados), drenaxe artificial (superficies impermeabilizadas como a edificación e o viario coas súas beiravías, que recollen as augas de escorrentía procedente da chuvia) e, finalmente, os tramos canalizados dos ríos Lagar e de Elviña.


Marcámonos os seguintes obxectivos para o uso sustentable da auga:


a. Acadar un axeitado estado ecolóxico dos cursos fluviais e das distintas fontes e mananciais que xorden no campus.


b. Achegarse o máximo á autosuficiencia na demanda do recurso que é a auga a través da aplicación de distintas estratexias.


c. Non trasladar a contaminación producida no campus fóra dos seus límites a uns niveis que sexan ambientalmente inaceptables.


d. Elaborar un programa de seguimento ambiental en que se avalíen os avances acadados nas distintas estratexias formuladas, a través dun panel de indicadores de sustentabilidade, e cumprir con el.


e. Elaborar un programa de divulgación da xestión sustentable da auga para a súa difusión tanto no contorno universitario como no exterior.


A través do proxecto SOSTAUGA perseguimos pór en valor a auga e os ecosistemas asociados no ámbito dos campus de Elviña e da Zapateira. Tratamos de preservar e potenciar un elemento chave do patrimonio sociocultural e ambiental deste territorio mediante o seu estudo técnico e o desenvolvemento posterior dunha serie de actuacións en liña cos anteriores obxectivos:


a. Conseguir un axeitado estado ecolóxico dos fluxos e masas de auga existentes nos campus a seguir as directrices da Directiva marco da auga da UE.


b. Avanzar cara a unha xestión sustentable da auga en que se alcance a máxima autosuficiencia posible na demanda do recurso mediante a implementación de medidas de aforro no consumo, a redefinición sustentable dos actuais usos da auga segundo a súa calidade, a optimización do aproveitamento das augas residuais, e a minimización das perdas que puideren producirse nos sistemas infraestruturais de transporte.


c. Favorecer a potenciación das oportunidades únicas que ofrece a existencia de cursos fluviais, zonas húmidas e mananciais; intentar renaturalizar no posible estes elementos e mellorar os índices de biodiversidade.


d. Promover a divulgación dos resultados do estudo no ámbito universitario local e galego, así como entre a cidadanía.


No ano 2010 foron captados 75.627 m3 procedentes de augas superficiais, incluídas augas procedentes de zonas húmidas, ríos, lagos e océanos. Estímase unha cantidade considerable do encoro de Cecebre, incluído na Rede Natura 2000 como zona de protección internacional.


A súa materialización disponse a través das seguintes medidas:


1. Medidas de reutilización


- Captación de auga da chuvia para aproveitala en operacións de rega e determinados usos, como por exemplo os inodoros. Pode chegar a un 45% do consumo da edificación.


- Reutilización de augas grises (lavabos e duchas) para a rede de abastecemento a inodoros e urinarios (cisternas e fluxores). A reutilización de augas permite sacarlle un maior partido á auga da rede antes de devolvela ao medio e ofrece así unha xestión máis eficiente (polo alongamento do ciclo de vida da auga). Outra posibilidade é utilizar esta auga como auga para a rega ou para a limpeza de exteriores. Este sistema permite un aforro que pode ir do 30 ao 45% de aproveitamento de auga.


- Depuración de augas negras para a súa reutilización na rega. Poden preverse sistemas de depuración locais mediante fosas asépticas ou balsas de depuración natural. Existen sistemas de depuración de augas fecais que permiten obter un bo grao de limpeza, o que fai idónea a auga para a súa utilización en rega, pois conservan elementos minerais naturais como o potasio, o fósforo e o nitróxeno. En calquera caso habería que avaliar a súa idoneidade en función do uso previsto.


2. Sistemas de aforro


No tocante aos sistemas de aforro do consumo de auga, no ano 2010 continuouse coa instalación de fontes refrixeradas en diversos centros. O fin é evitar o uso de envases de plástico e o custo do transporte derivado da comercialización das botellas, así como aforrarlle á comunidade universitaria o gasto de 0,60 € por cada botella de auga mineral. O obxectivo de ofrecer un subministro de calidade, económico e sustentable de auga para beber é reducir a xeración de residuos de envases e outros custos ambientais asociados ao consumo de auga embotellada.


Así mesmo, cambiáronse 52 billas monomando por billas perlizadoras temporizadas na Facultade de Ciencias, e estableceuse a súa instalación nas novas obras como un criterio ambiental máis no prego de condicións técnicas da UDC. O sistema permite temporizar a descarga e que esta sexa máis eficiente grazas a unha inxección de aire que reduce o consumo de auga sen diminuír a confortabilidade no seu uso. Estímanse unhas posibilidades de aforro do 77% anual.


Nesta mesma liña, coa instalación de cisternas de descarga interrompida e outros sistemas aforradores de auga, iniciouse unha campaña de sinalización de cada un destes dispositivos mediante adhesivos que se dispuxeron en cada equipamento, de cara a que os usuarios fosen coñecedores da funcionalidade de aforro da auga.


Outras actividades desenvolvidas foron a xestión das redes para controlar as fugas dispositivos antifugas en laboratorios e cociñas, un sistema de contadores monitorizados para detectar consumos en momentos en que non deberían producirse e fugas en tubaxes inaccesibles– e a mellora das redes soterradas nos campus. Destaca o diagnóstico que puña de relevancia a necesidade de realizar un levantamento da rede de saneamento nos campus para ver as posibilidades de aforro na depuración de augas, a reutilización de augas pluviais e mananciais e a verificación da correcta separación das distintas augas para poder avaliar tamén a capacidade futura da rede segundo a planificación de nova obra para a UDC.


No campus da Zapateira prevense melloras das canalizacións tanto no ámbito das comunicacións como da electricidade. Sobre o primeiro, prevese a retirada dos cables de fibra que discorrían pola fachada da Facultade de Ciencias para soterralos e mallar as canalizacións en toda a praza. E sobre o segundo, prevese dar un servizo de iluminación único desde o aparcadoiro da Facultade de Ciencias, que mellorará o control e a eficiencia da instalación cun futuro proxecto.


Grafico


8. Residuos


Na UDC xeramos residuos específicos: residuos perigosos de laboratorio, residuos de aparatos eléctricos e electrónicos RAEE, cartuchos e tintas de impresión; e residuos asimilables aos urbanos: papel, envases e materia orgánica.


Tanto a xestión de residuos como a actividade universitaria, en xeral, deben incorporar os novos criterios de sustentabilidade no ciclo de vida dos produtos e actividades, co obxectivo de minimizar o impacto ambiental nas diferentes fases do proceso. A xerarquía de xestión implica a prioridade da redución en orixe, a reutilización e a reciclaxe (os 3 “r”), por esta orde. Os principios de proximidade e responsabilidade do produtor requiren da UDC a adopción das medidas necesarias para a prevención e a xestión sustentábel dos residuos xerados, das cales se derivan beneficios ambientais e sociais e unha maior eficiencia.


Con base nestes principios e nas obrigas derivadas da lexislación vixente, entre os obxectivos da xestión de residuos na UDC salientamos os seguintes:


a. Elaborar un plan de recollida selectiva e xestión de residuos.


b. Dotar os distintos centros dun modelo de xestión intracentro que permita acadar elevadas porcentaxes de recollida selectiva e reciclaxe.


c. Atender os requirimentos dos servizos municipais de xestión do lixo, segundo a localización do centro, de acordo coas características dos respectivos plans municipais.


d. Definir e avanzar na adopción de sistemas de prevención, con especial atención aos residuos de envases, optando por sistemas sen envase ou por envases retornables.


e. Reducir a cantidade total de residuos xerados na actividade universitaria, e dos residuos perigosos en particular.


f. Acadar un elevado nivel de emprego de materiais reciclados e de baixo impacto ambiental (compra verde).


O papel


O papel usado é un dos residuos común á práctica totalidade das dependencias universitarias, alén de se tratar do residuo que se xera en maiores cantidades. A súa recollida selectiva, tanto en cantidade como en calidade, é de grande importancia, e require dun sistema de segregación e recollida intracentro, previo á recollida municipal. A prevención ou minimización da xeración de residuos de papel implica revisar o seu uso.


A promoción dos materiais reciclados é un dos obxectivos xerais das políticas de sustentabilidade ambiental, mais cómpre inverter a situación actual, en que maioritariamente se emprega papel de fibra virxe, en favor do papel de fibra reciclada. Neste sentido, un obxectivo específico da UDC é reducir a xeración de papel, especialmente o proveniente da publicidade (folletos, catálogos e revistas publicitarias) e a prensa gratuíta.


A materia orgánica: compostaxe.


Nos campus universitarios xéranse diversos tipos de residuos orgánicos, desde os máis tradicionais (restos de colleitas e cultivos que aínda se practican dentro do campus, das limpezas forestais, ou os residuos vexetais da xardinaría), até os residuos de cociña e comidas dos diversos comedores universitarios.


Todos eles teñen a súa orixe na produción vexetal dos solos, e a súa reciclaxe pasa por devolvelos a eles para reintegrar no sistema agrícola materia orgánica e nutrientes. O ideal para estes residuos é o seu tratamento conxunto, co obxectivo de xerar emendas e fertilizantes orgánicos de elevada calidade. Nesta liña, a UDC conta cos composteiros, recipientes onde se bota a materia orgánica para a súa transformación en compost.


A través do Grupo de Investigación en Enxeñaría Química Ambiental participamos no desenvolvemento de numerosos programas e na elaboración dunha guía da compostaxe, un pequeno manual que axudará a resolver as dúbidas das persoas que se animen a seguir esta experiencia. A promotora destas actuacións e doutras, como obradoiros en compostaxe doméstica, é a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA).


Grafico


9. Atmosfera (contaminación, ruídos, radiacións)


O aire do campus está afectado fundamentalmente pola proximidade de importantes focos emisores de carácter industrial e polo tráfico rodado, en especial da avenida de Alfonso Molina, principal arteria de entrada e saída da Coruña. No referente á comunidade universitaria, as emisións proceden principalmente da propia actividade, das caldeiras de calefacción e do tráfico interno.


Para acadar unha xestión sustentable do aire ambiente dos campus cómprenos coñecer a súa calidade e avalialo con respecto ás normativas de aplicación e a outros contornos urbanos; e coñecer e avaliar as súas fontes de emisión (orixe externa e afección da contaminación atmosférica no ciclo hidrolóxico do campus).


Isto concrétase nas seguintes medidas de actuación:


a. Realizar campañas de medición da calidade do aire ambiente nos campus.


b. Inventariar as fontes de emisión que actúan dentro dos campus e efectuar unha monitorización automatizada (en liña) das fontes fixas.


c. Estimar a carga contaminante ocasionada polas fontes fixas e móbiles dentro do campus.


d. Coñecer a incidencia das emisións externas aos campus na calidade do aire dos campus.


e. Determinar a incidencia da contaminación atmosférica no ciclo da auga, no solo e na biosfera.


f. Modelizar a calidade do aire nos campus.


g. Desenvolver as accións informativas sobre contaminación atmosférica e medidas para reducila.


10. Biodiversidade


Establecemos varios obxectivos dentro do marco xeral da ambientalización da UDC, con que se pretende mellorar a xestión ambiental e fomentar a participación dos diferentes sectores implicados. Dentro deste propósito encadramos a necesidade de coñecer a biodiversidade existente no campus, e establecer as áreas de maior interese para a súa conservación ou recuperación, coa implicación da comunidade universitaria.


O Monte da Fraga


Nunha primeira fase de actuación, as accións centráronse nos campus da Zapateira e Elviña (un total de 58,6 Ha). Analizouse a riqueza florística da zona, así como a distribución e o interese das especies que a poboan. Neste proceso involucrouse estudantes de cursos superiores da licenciatura de Bioloxía e persoal bolseiro da OMA. Como resultado deste traballo, levado a cabo coa colaboración da Consellería de Medio Rural, identificáronse arredor de 200 especies e establecéronse as zonas de maior interese no Monte da Fraga.


O Monte da Fraga é un espazo natural de 2,5 Ha situado entre as facultades de Ciencias e de Filoloxía, no cal poden diferenciarse distintas áreas: unha zona axardinada, un pequeno bosque asociado a un manancial, zonas abertas de matogueira dominada polo toxo e unha plantación de eucalipto. Como resultado do estudo cómpre sinalarmos a diversidade observada en dúas destas áreas: no bosque e na matogueira atlántica.


Así mesmo, e para completar a información existente sobre a flora do campus universitario, identificáronse as especies ornamentais que se atopan nas zonas axardinadas e estableceuse que cómpre un estudo en maior detalle da flora invasora e das medidas para o seu control e erradicación. De momento, é salientable a existencia no campus de máis dunha vintena de especies invasoras.


Como actuacións de futuro, o primeiro obxectivo é consolidar e ampliar as actuacións xa detalladas. Tamén é necesario abordar o estudo da riqueza faunística asociada aos diferentes ambientes e fomentar o uso destes espazos, desde un punto de vista docente ou social, realizando actividades de sensibilización.


Eixe 3. Investigación e aprendizaxe sustentables


11. Sensibilización e voluntariado


O voluntariado ambiental é o conxunto de iniciativas desenvolvidas por persoas que, individualmente ou a través de grupos sociais, de forma libre, altruísta e sen ánimo de lucro, dedican parte do seu tempo libre á tarefa de mellorar o medio e conservar os recursos naturais. É unha actividade que se leva a cabo a través de actuacións directas sobre o contorno ou de sensibilización ambiental, concretadas en proxectos ben estruturados para produciren un impacto social e ambiental positivo na nosa universidade.


A formación ambiental é unha ferramenta imprescindible para que o voluntariado ambiental poida desenvolver as súas tarefas, e require unha preparación específica, impartida por persoas cualificadas, coa participación activa do propio voluntariado. Con esa formación pretendemos:


a. Crear un marco teórico-práctico común a todos os participantes acerca dos conceptos de medio, sustentabilidade e voluntariado ambiental (e o seu ámbito de actuación).


b. Facilitar o labor dos participantes mediante a súa capacitación para o desenvolvemento de labores concretos neste tipo de proxectos.


c. Apoiar, a través do seguimento, tanto a formación como as accións de voluntariado.


Todo o programa debe realizarse no marco do ensino ambiental para o desenvolvemento sustentable, xa que se considera unha ferramenta de apoio imprescindible na formación dos participantes. Como práctica que acompañe o esforzo formativo, promovemos campañas de voluntariado en temas específicos, como o Proxecto Ríos. Trátase dun programa que busca coñecer, inspeccionar e avaliar a situación ambiental tanto dos ríos que transcorren polo espazo do campus como do contorno asociado a eles. Prestamos especial atención ao estudo da flora invasora no campus e ás fórmulas de custodia do territorio. Todas as actividades están relacionadas coa custodia do territorio.


Tamén realizamos unha campaña de concienciación sobre o cambio climático dirixida á comunidade universitaria, co obxecto de informar, concienciar da grave problemática e animar a combater e adoptar solucións.


12. Ambientalización curricular


A ambientalización dos programas universitarios ten como principio fundamental incidir transversalmente en todas as actividades académicas, tanto as relativas á docencia e á investigación como aquelas encadradas na xestión de recursos, co triplo obxectivo da aprendizaxe, a I+D e a achega á sustentabilidade da propia UDC.


O futuro proxecto de ambientalización curricular estruturarase nas seguintes fases de intervención:


a. Avaliación diagnóstica dos departamentos e centros.


b. Deseño e implementación de propostas de actuación.


c. Definición, seguimento e avaliación dos indicadores de sustentabilidade curricular.


13. Custos e inversións no medio


Os custos da eliminación de residuos e tratamento de emisións, e os custos de remediación, foron os seguintes:


Tabla


Investiuse en prevención e xestión ambiental, así como en protección ambiental, os seguintes importes:


Tabla


No tocante á materia de urbanismo, a UDC deseñou un Plan director de infraestruturas para os campus da Coruña e Ferrol co obxecto de planificar o conxunto das intervencións que deben acometerse neles. Neste plan considéranse tanto os edificios como os espazos públicos, as instalacións relativas á adaptación ao espazo europeo de ensino superior (EEES) e as diversas normativas da construción, así como as directrices fundamentais do seu crecemento. No ano 2009 finalizamos a súa redacción e servirá de guía para o futuro desenvolvemento urbanístico da UDC.


As obras que se levaron a cabo nos campus da UDC ao longo do ano 2010 foron estas:


I. Campus da Maestranza (A Coruña)


- Club Náutico Universitario: redacción do proxecto de rehabilitación e licitación da obra

- Novo equipamento e distribución dos postos de traballo no segundo andar da Reitoría, da Facultade de Ciencias e na Escola Técnica Superior de Camiños, Canais e Portos


II. Campus da Zapateira (A Coruña)


- Cátedra da Madeira na Escola Técnica Superior de Arquitectura

- Proxecto de ampliación da Escola Técnica Superior de Arquitectura

- Reforma da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica para a adaptación ao EEES

- Novos despachos no aparcadoiro da Facultade de Ciencias

- District heating

- Proxecto de reparación da praza da Zapateira

- Reforma da Facultade de Ciencias para a adaptación ao EEES


III. Campus de Elviña (A Coruña)


- Ampliación do CITIC

- Ampliación do CITEEC

- Construción da CICA

- Área Científica do Parque Tecnolóxico

- Obra de accións previas, cimentacións, soterramento da instalación e iluminación na área deportiva e das pistas do Campus Center

- Oficinas bancarias e servizos universitarios

- Reforma da Facultade de Ciencias da Educación para a súa adaptación ao EEES

- Reforma da Facultade de Dereito para a súa adaptación ao EEES (interior, exterior e pintura)

- Administración conxunta da Facultade de Economía e Empresa

- Restauración exterior e proxecto de reurbanización do contorno da Casa do Lagar

- Proxecto de adaptación ao EEES da Facultade de Informática (aulas e laboratorios)

- Reforma do Edificio Xoana Capdevielle: despachos do CUFIE

- Proxecto “Tecnolóxico da 3.ª idade”

- Proxecto “Centro de día-gardaría”


IV. Campus de Riazor (A Coruña)


- Proxecto de reforma do acceso e do teatro, e substitución de carpintarías (espazos exteriores) do Centro Cultural de Riazor


V. Campus de Bastiagueiro (Oleiros-A Coruña)


- Proxecto e obra da nova conserxaría nas pistas de atletismo da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física


VI. Campus de Esteiro (Ferrol)


- Adaptación das aulas da Escola Politécnica Superior ao EEES

- Ampliación do CIT no edificio do comedor do campus de Esteiro

- Construción do Centro Cívico Universitario de Ferrol (CCU): acondicionamento interior e urbanización do contorno, e redacción do proxecto de licitación de ambas as obras

- Pintado da Facultade de Enfermaría


Para ver con máis detalle a evolución das actuacións urbanísticas, así como a súa valoración orzamentaria, no ano 2010 pódese consultar o documento Accións 2010: plans, proxectos e obras e o Informe do Reitor 2010.


Destacamos o proxecto do Campus Center. En grandes liñas, consiste na reordenación dunha extensa área triangular do campus de Elviña, parcialmente ocupada na actualidade por 3 edificios (Pavillón de Estudantes, Pavillón Polideportivo e Edificio Graderío) e unhas pistas deportivas, mediante un edificio híbrido con usos administrativos, de servizos universitarios e deportivos que relacione os edificios e xere a fachada da UDC á área máis intensiva da cidade compacta da Coruña.


Ademais, o ámbito do concurso introduce a reordenación do espazo público entre os edificios (preservando o campo de fútbol existente e as pistas de atletismo) e o estudo das posibilidades de intermodalidade que aparecen no contorno do apeadeiro de Renfe no ámbito de actuación. A idea parte da necesidade de aproveitar este cúmulo de confluencias para crear e potenciar o nacemento dunha megaestrutura que dote dun foco de centralidade territorial e urbana o campus e forneza un nodo de relación coa cidade e o territorio.


Así mesmo, apoiámonos no Centro de Extensión Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) para levar a cabo a tarefa de sensibilizar e xerar unha conciencia crítica, individual e colectiva á hora de tratar os problemas ambientais, así como traballar na procura de solucións e fomentar as boas prácticas cidadás neste eido.


O CEIDA está situado no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), e configúrase como o foro perfecto para que a cidadanía reflexione sobre o patrimonio do contorno da UDC, no ámbito natural, histórico e cultural. O seu labor materialízase en cursos e programas de formación ambiental, exposicións, xornadas, publicacións como a revista AmbientalMente Sustentable… Os temas tratados son o medio mariño, o cambio climático, o medio forestal, a conservación do medio… Ademais, difunde todo tipo de material formativo e divulgativo, e fomenta o coñecemento dos valores ambientais en toda Galicia.


Tratamos de lles dar publicidade ás medidas e actuacións nesta materia, co obxectivo de servirmos de exemplo, informarmos e sensibilizarmos a cidadanía no tocante á adopción de criterios de aforro e eficiencia enerxética, enerxías renovables e sustentabilidade en xeral. Así, na nosa intención de achegar puntualmente información sobre o estado dos campus aos nosos usuarios, facemos públicas na páxina web todas as accións e actuacións postas en marcha, así como a documentación dos proxectos que se foren acometer.