Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

CIDADANÍA


3. INTERNACIONALIZACIÓN


A UDC comprométese a potenciar as relacións internacionais.


A Oficina de Relacións Internacionais (ORI) é o servizo que desenvolve e propón as liñas de actuación en materia internacional, alén de coordinar as actuacións dos diferentes colectivos implicados neste ámbito. A ORI dá a coñecer a UDC tanto a potenciais usuarios doutros países como a responsables de relacións internacionais doutras universidades, co fin de abrir novas vías de cooperación.


Grazas a esta actuación, aseguramos a nosa presenza constante nos principais foros universitarios internacionais, en especial na European University Association (EUA), así como tamén participamos activamente na creación do EEES, no Consello Universitario Iberoamericano (CUIB) e na construción do espazo iberoamericano do coñecemento (EIC), impulsando os procesos de converxencia universitaria. Esta participación en foros e encontros internacionais ou feiras acostuma facerse, na maioría das ocasións, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, como acción de proxección conxunta.


Traspasar os límites nacionais co fin de nos converter nunha universidade de referencia internacional, o intercambio da nosa comunidade universitaria coa doutras rexións, a promoción da mobilidade e o aumento de convenios subscritos con outras universidades son accións que forman parte do proceso vital da internacionalización desta universidade. No ano 2010, á UDC fóronlle concedidos pola Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) 8 novos proxectos de cooperación interuniversitaria (PCI) no ámbito da investigación, a docencia e as redes temáticas con América Latina. Como consecuencia do conxunto de proxectos concedidos, realizáronse un total de 23 accións de acollida por parte da UDC entre PDI e estudantado.


Por outra banda, participamos nalgúns certames internacionais de primeiro nivel para promover a nosa oferta educativa e investigadora, como o Study World 2010 de Berlín, evento a que asistiron 180 universidades de 29 países europeos e en que España foi o país convidado; asistimos a Europosgraos 2010 México, cunha asistencia de preto de 13 500 estudantes; e participamos en NAFSA, a conferencia de internacionalización do ensino máis importante no mundo, na cal puidemos ampliar as nosas redes de contactos e dar a coñecer a nosa oferta académica aos máis de 8000 representantes das institucións de ensino superior.


No que ten a ver coa Universidade Sénior, desenvolvéronse o programa Erasmus Mundos e as Accións Jean Monnet. Cabe salientarmos a nosa participación en Hannover (Alemaña) no primeiro dos encontros de docentes da Asociación de Aprendizaxe Grundtvig da UE, que se está a desenvolver con diferentes institucións de Portugal, Finlandia, Reino Unido, Italia e Alemaña. Así mesmo, participamos activamente nas reunións de coordinadores que tiveron lugar en Portugal e Finlandia; na última edición das Xornadas “Pegadas Españolas en Flandes” en Gante e no World Council of Comparative Education Societies, en Istambul; e no Obradoiro Europeo “Rosalía de Castro”, financiado con cargo a un programa de aprendizaxe permanente, renovado no ano 2010, co HET Perspercief de Gante, Bélxica. Son proxectos en que só está presente, do panorama nacional, a UDC.


Presentamos unha ampla oferta de cursos de idiomas abertos á cidadanía e atendemos as súas necesidades lingüísticas: linguas estranxeiras (inglés, francés, alemán, italiano e portugués) ou linguas nacionais (español e galego) para os chegados doutros países. O Centro de Linguas, como responsable da difusión do patrimonio lingüístico e cultural de Galicia entre a cidadanía, organiza os citados cursos e numerosas actividades de formación. Para ver con máis detalle a súa actividade pódese consultar a sección “Estudantado”.