Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en Pdf Descargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

CIDADANÍA


11. ACTUACIÓN SOCIAL


A nosa actuación social non só está dirixida aos membros da comunidade universitaria, senón que implica a toda a cidadanía e máis en concreto a mocidade. O Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudantado (SAPE), con presenza nos campus da Coruña e o de Ferrol, informa, asesora e orienta tanto academicamente, sobre os estudos e as súas saídas profesionais, como no tocante a cuestións de índole xuvenil: subvencións, axudas, asociacionismo, residencias, alugueres...


Así mesmo, no campo dos servizos non podemos esquecer os comedores universitarios, con prezos reducidos, de que pode facer uso toda a cidadanía. Para ver con máis detalle a actividade do SAPE e os servizos que presta, así como o servizo dos comedores, pódese consultar a sección “Estudantado”.


A UDC pon á disposición da cidadanía a Biblioteca Universitaria, cunha capacidade total de 1.546 postos. Para ver con máis detalle as prestacións da Biblioteca Universitaria pódese consultar a sección “Estudantado”.


Organizamos ao ano un alto número de congresos, cursos (incluídos os de verán), xornadas e seminarios. A Oficina de Cursos e Congresos (OCC), ademais de apoiarnos neste labor, achega as actividades universitarias como complemento da súa formación a todos os colectivos da cidadanía, acredita a realización das actividades para poder xustificar os coñecementos dos asistentes e facilita os medios para a súa realización. A Sección de Protocolo asesora ben na coordinación destes, ben na coordinación dos actos institucionais, co fin de conservar as tradicións e os usos propios da nosa institución, promover e difundir a súa imaxe máis institucional ante toda a cidadanía.


Por outra banda, a UDC, como labor social, aposta pola extensión da cultura universitaria a toda a cidadanía e ofrece unha resposta intelectual ás persoas que non tiveron a oportunidade de acceder a estudos avanzados ou ben desexan ampliar e actualizar os seus coñecementos, como formación continua. Así, co fin de dotar de interxeracionalidade a oferta formativa, e pensada para favorecer a integración e a participación das persoas maiores no mundo universitario, ofrecemos estudos especialmente pensados para eles na Universidade Sénior.


A Universidade Sénior da UDC é unha das que mellor funciona de España. Destaca por ter máis demanda de prazas que oferta, o que se materializa no número de estudantes matriculados, maior que nas universidades de Santiago de Compostela e Vigo xuntas. Actualmente conta con 598 estudantes matriculados (maiores de 50 anos e en situación de inactividade laboral) e con numerosos estudantes oíntes, antigos estudantes que desexan continuar asistindo ás clases.


O estudantado recibe unha formación de calidade e ten acceso a todos os servizos da UDC. A Universidade Sénior permite o acceso, vía matrícula extraordinaria, ao curso de determinadas materias do grao de Humanidades (campus de Ferrol) e Socioloxía. O procedemento para acceder a unha titulación oficial é, vía ordinaria, mediante o exame para maiores de 25 ou 40 anos, segundo proceder.


No ano 2010 a UDC participou no IV Encontro Galego de Programas Universitarios para Maiores no SUG, que tivo lugar na Universidade de Vigo. Temos que remarcar, ademais, que a directora da Universidade Sénior da UDC forma parte do órgano executivo da Asociación Estatal de Programas Universitarios para Maiores, a través dunha vogalía. Desde esta posición desenvolve un papel fundamental para conseguir que a titulación obteña o carácter oficial de grao e que se poidan configurar validacións a nivel europeo.