Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en Pdf Descargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

CIDADANÍA


10. COMPROMISO SOCIAL


A UDC comprométese a fomentar unha cultura crítica, solidaria e participativa.


As liñas estratéxicas do noso compromiso social son tres: a igualdade de xénero; a cooperación para o desenvolvemento e o voluntariado social; e a atención á diversidade.


Da primeira destas liñas é responsable a Oficina de Igualdade de Xénero (OIX), servizo que centraliza toda a información sobre as situacións de desigualdade de xénero que poidan xurdir, así como sobre as súas causas e consecuencias, ofrece canles de xestión do conflito ás persoas afectadas e facilita, posteriormente, o seu coñecemento á comunidade universitaria e á cidadanía.


Apoiamos a consecución da igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes, e procuramos a creación de sinerxías no labor a prol da igualdade de xénero. Alén diso, somos plenamente conscientes de que a OIX constitúe unha das unidades da UDC cunha maior responsabilidade de cara á cidadanía, toda vez que se as problemáticas de discriminación de xénero poden darse na UDC, non se dan en menor medida no conxunto da sociedade. Na asunción do compromiso e a responsabilidade da UDC, pretendemos contribuír ao debate sobre a materia no noso eido de incidencia, como contribución á construción dunha cidadanía crecentemente libre da discriminación de xénero.


Isto implica que as reflexións na materia realizadas ou impulsadas desde a OIX distan de se limitar ao eido académico. Lonxe diso, pretendemos cooperar na difusión dos debates sobre xénero coas redes organizadas da cidadanía, con vocación de dinamizar eses debates e dotalos de perspectivas innovadoras. Nesa tarefa, queremos establecer sinerxías e colaboracións coas organizacións de mulleres e coas redes activas en materia de xénero e de sexualidade.


A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) é a responsable da segunda das liñas. Difunde e coordina as tarefas en materia de cooperación ao desenvolvemento e voluntariado social. O seu labor favorece o intercambio de información e de experiencias nestes campos entre a cidadanía e a comunidade universitaria, así como fomenta a creación dunha masa crítica e solidaria.


No campo da cooperación para o desenvolvemento, a OCV realiza tamén intensas colaboracións coas seguintes ONG: Enxeñaría sen Fronteiras-Galicia, Acsur-Las Segovias, Entreculturas, Intermón-Oxfam, Survival, e InteRed Galicia. Para ver con máis detalle esta actividade pódese consultar a sección “Estudantado”.


No ano 2010 integrámonos na Comisión de Cooperación para o Desenvolvemento, adscrita ao Comisión Española Universitaria de Relacións Internacionais (CEURI), unha das comisións sectoriais da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE). E subscribimos o Código de conduta das universidades sobre cooperación para o desenvolvemento, como símbolo do compromiso solidario da UDC e da súa vontade de axustar as actividades de cooperación para o desenvolvemento aos procedementos e criterios éticos que o dito código establece.


No campo do voluntariado social a OCV presenta as seguintes actividades:


1. Programas propios: actividades lúdicas (albergue de acollida de nenos de Bañobre), apoio ás tarefas escolares (barrios do Portiño e As Rañas), actividades lúdicas (Hospital Materno Infantil Teresa Herrera), charlas-coloquio culturais (Centro Penitenciario de Teixeiro), mobilidades e recollida de apuntamentos (Programa de acompañamento de estudantes discapacitados), rutas (con persoas sen fogar ou en risco de exclusión social).


2. Programas en colaboración con outras entidades: acompañamento a enfermos de cancro (Asociación Española contra o Cancro), apoio escolar aos menores en idade escolar dos campamentos xitanos (Fundación Secretariado Xitano), alfabetización de adultos e apoio escolar a nenos (Ecodesarrollo Gaia), clases de español á poboación senegalesa (Asesor-Teranga), estimulación cognitiva con enfermos de alzheimer (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, AFAL-Ferrolterra), actividades de dinamización (Centro de Atención ao Minusválido Físico), actividades para mulleres sen teito (Fundación Fogar Santa Lucía), accións de sensibilización polo cambio climático (Sociedade Galega de Historia Natural) e actividades cos maiores (Residencia Abrente Ferrol).


3. Actividades con outras institucións: a Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, Secretaría Xeral de Emigración, Secretaría Xeral de Relacións Exteriores e coa UE), a Plataforma Coruñesa de Voluntariado, os Concellos da Coruña e Ferrol e a Fundación Ronsel.


Somos conscientes do importante que é que a cidadanía colabore activamente en todas as accións. No entanto, aínda que non cómpre estarmos feitos dunha pasta especial para prestar axuda, sempre é útil e necesaria a formación. Desta forma, ideamos dous tipos de cursos, por un lado, as liñas formativas e de sensibilización orientadas á cooperación para o desenvolvemento: cursos de introdución ao desenvolvemento e de especialización en cooperación internacional e xestión de ONG; xornadas de sensibilización sobre inmigración e interculturalidade, así como sobre as crises esquecidas (conflitos bélicos, refuxiados e acción humanitaria); e polo outro, cursos de voluntariado que abranguen desde unha formación inicial e básica en que os voluntarios coñecen os seus dereitos, os seus deberes e os aspectos xerais relacionados co labor que levarán a cabo, até a formación continua, en que se incide en aspectos específicos que se vinculan a cada un dos programas desenvolvidos.


É dicir, actividades, proxectos, campañas de sensibilización… e tamén formación. Formación en temas como a cultura xitana, a intervención social con menores e adolescentes en risco de exclusión social, a animación hospitalaria, a psicoloxía oncolóxica, a promoción de actitudes e condutas saudables, as habilidades sociais para o trato con persoas sen fogar e con persoas con discapacidade física, os primeiros auxilios na infancia, os traballos manuais aplicados ao trato con enfermos oncolóxicos, os primeiros auxilios psicolóxicos, a educación multicultural, a animación sociocultural e a dinamización de grupos.


A terceira liña de actuación do compromiso social é a atención á diversidade, ámbito do que é responsable Unidade Universitaria de Atención á Diversidade (ADI) do Centro Universitario de Formación de Innovación Educativa (CUFIE). Para ver con máis detalle a actuación desta unidade pódese consultar a sección “Estudantado”.