Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

CIDADANÍA


1. FORMACIÓN COMPLEMENTARIA


A UDC comprométese a ter unha oferta que responda ás demandas da sociedade do século XXI.


Facilitar unha oferta docente ao alcance de toda a cidadanía é unha das nosas preocupacións centrais e o motivo polo cal nos últimos anos vimos levando a cabo un importante esforzo para adaptar as estruturas e os medios de que dispón a UDC ao novo paradigma, ás novas necesidades dun ensino superior centrado na aprendizaxe e na potenciación da calidade dos plans de estudo cara á converxencia no espazo europeo de ensino superior (EEES). Tal proceso de adaptación foi abordado no marco do compromiso asumido nos plans operativos anuais que desenvolve o Plan estratéxico 2005-2010 da UDC, co fin de reorientar os recursos dispoñibles.


Aínda que a UDC se caracteriza polo seu perfil eminentemente tecnolóxico, cun 37% da oferta total de graos e cun 28% da oferta total de mestrados nesta rama, no ano 2010 presentamos un amplo catálogo de titulacións nos diferentes ámbitos científicos:


a) Artes e Humanidades


b) Ciencias Sociais e Xurídicas


c) Ciencias da Saúde


d) Ciencias


e) Enxeñaría e Arquitectura


Un 51,6% dos estudos da UDC son únicos no SUG. Un 38% deles pertence á rama tecnolóxica. Para ver con máis detalle a oferta académica da UDC pódese consultar a sección “Estudantado”.


No ano 2010 incorporamos a matemática María Wonenburger ao noso Claustro de Honra. Son xa 19 os persoeiros do mundo da ciencia, a cultura, a política e a economía que recibiron a distinción de doutor ou doutora honoris causa pola UDC.


Neste último exercicio participamos en dúas propostas do Programa campus de excelencia internacional (CEI). A primeira, “Tecnoloxías para a sustentatibilidade económica, social e ambiental”, liderada pola UDC e coa participación da Universidade de Vigo; aínda que acadou unha boa valoración, non lle foi conferida a cualificación de CEI rexional. E a segunda, “Campus do Mar”, liderada pola Universidade de Vigo, que obtivo a cualificación de CEI rexional.


Actualmente traballamos nunha nova proposta que incide nunha maior especialización e na participación activa das institucións de ensino superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.