Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en Pdf Descargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS (PAS)


5. TIC


O permanente contacto do PAS coas novas tecnoloxías fai que a súa formación nesta materia sexa un aspecto sobresaliente: sistemas operativos, sistemas de xestión de proxectos, deseño gráfico… A Aula de Formación Informática (AFI) permítelle ao PAS estar en continua adaptación ás novidades do mercado tecnolóxico a través dos diferentes cursos que imparte, e atinxir un grao de maior especialización e calidade no servizo prestado. Trátase de aproveitar os recursos tecnolóxicos de que dispón a UDC e propiciar así a súa modernidade.


A UDC comprométese a axilizar e simplificar os procedementos de xestión.


Os servizos proporcionados polas TIC facilitan o traballo do PAS nas súas tarefas básicas e nas relacións coa comunidade universitaria, por medio da administración electrónica. Por iso o PAS conta con 1.116 contas de correo electrónico.


Os servizos TIC serven de soporte a todas as áreas e servizos da UDC no seu labor de desenvolvemento de novas aplicacións e procesos informáticos, e como soporte dos sistemas, bases de datos e backups.


O PAS emprega diariamente as seguintes aplicacións tecnolóxicas: a páxina web do seu centro ou o sitio web corporativo; a aplicación UDCVirtual e o webmail, o servizo de correo electrónico baseado no programa ZIMBRA; e a aplicación da Secretaría Virtual.


Tamén utiliza outros servizos tecnolóxicos como a Oficina de Sóftware Libre (OSL); o acceso á rede wifi a través do portal cativo UDCPortal ou eduRoam desde calquera centro da UDC; e o servizo de atención telefónica. Como novidade cómpre mencionarmos a consolidación do novo xestor de identidade corporativa, que simplifica o acceso do persoal aos servizos informáticos.


No ámbito da xestión universitaria abordouse a elaboración e a implementación dun almacén de datos (datawarehouse) que permitise dispor dun cadro de mando que facilite as tarefas de planificación e a toma de decisións, coa adaptación do data mart de xestión académica e a posta en marcha do data mart de recursos humanos para os servizos de PAS. Tamén se realizaron axustes no data mart de xestión económica e empezáronse as especificacións de requisitos para o data mart de I+D+i.


Na actualidade os distintos data mart da UDC constan de 32 áreas de negocio sobre as que están definidas un centenar de informes para o seguimento dos novos títulos. Igualmente, púxose en marcha un programa para a implementación dun sistema de seguimento de expedientes en todos os servizos universitarios, o que supón a previa reenxeñaría dalgúns procesos administrativos e a súa posterior informatización vía web.


Así mesmo, levouse a cabo unha tarefa de renovación da totalidade do hárdware de xestión da UDC. O uso das tecnoloxías baseadas en 64 bits e a virtualización da maior parte dos servidores permitirán ofrecer ao longo dos próximos anos unha mellora substancial dos tempos de resposta e dispoñibilidade do sistema. Para este sistema de virtualización elixiuse a plataforma Vmware, que permite o desdobramento e a duplicidade da información aloxada. Tamén se puxo en funcionamento un CPD de apoio que permite manter os servizos críticos da UDC operativos ante calquera problema no CPD principal.


Destaca, ademais, o desenvolvemento de novos módulos de Xescampus, o sistema de xestión académica. Xescampus representa a solución para a xestión académica da UDC, baixo unha concepción integral da oferta académica e da xestión. O seu deseño organizouse partindo dun concepto modular que permitise a evolución continua a partir da integración de novos módulos, e tiña en conta tamén a adaptación aos requisitos do Espazo Europeo de Ensino Superior. De igual maneira, prevé e incorpora a interacción con terceiros (entidades financeiras, SUG, ACSUG).


Arestora atópase implantado e constitúe a base da xestión académica non só na UDC, senón tamén na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Vigo. Xestiona máis de 300 000 expedientes académicos e de 50.000 matrículas por ano.


A cidadanía ten dereito a acceder aos servizos públicos electronicamente. Isto obriga a un profundo cambio na UDC, xa que implica que o inicio, a tramitación e a resolución dos procedementos poidan realizarse a través dos medios electrónicos con plena validez e en plenas condicións de seguridade xurídica. Esta nova forma de xestión constitúe a e-universidade.


A UDC xestiona este proxecto a través dunha plataforma electrónica adecuada para facer efectivo o dereito da comunidade universitaria a se relacionar con ela por medios electrónicos, que lle permite realizar os seus trámites a través da internet desde calquera lugar e en calquera momento, a través do uso de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos. Configúrase, desta forma, como unha nova forma de atención á cidadanía, pois pode gozarse dunha oficina virtual as 24 horas do día, os 365 días do ano, co único requirimento de conectarse ao sitio web da UDC e dispor do certificado de sinatura dixital ou DNI electrónico.


Entre as accións máis salientables que se van desenvolver progresivamente con vistas á implantación da e-universidade encóntranse estas:


a) A posta en marcha do portal de sinatura electrónica.


b) O desenvolvemento do procedemento de sinatura de actas electrónicas.


c) O desenvolvemento da integración da plataforma en liña.


d) As áreas de xestión académica, económica, persoal e investigación.


e) A prestación de servizos de soporte evolutivo para a e-administración e outras aplicacións propias.


f) O desenvolvemento dun portal do empregado da UDC.


g) O desenvolvemento dun sistema de facturación integrado coa xestión económica.


h) O desenvolvemento dun portal económico para centros de gasto.