Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en Pdf Descargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS (PAS)


11. ACTUACIÓN SOCIAL


Os servizos que lle prestamos ao noso persoal son múltiples, tanto para satisfacer as súas necesidades como as dos seus familiares máis próximos. Garántense prestacións económicas e sociais, alén de servizos financeiros, transporte urbano e comedores nos campus (para ver con máis detalle, pódese consultar a sección “Estudantado”).


No ámbito das prestacións económicas, establecemos axudas aos herdeiros do PAS en concepto de indemnización por falecemento, compatibles con calquera tipo de axuda similar. Na mesma liña de axudas, o PAS que teña baixo a súa dependencia directa e legal persoas dependentes que vivan ás súas expensas percibirá unha axuda máxima de 150 €/mes até completar, se for o caso, o importe do salario mínimo interprofesional. En caso de incapacidade temporal do PAS, a UDC completará as percepcións recibidas até o 100% das súas retribucións mensuais durante os meses de duración desta. Así mesmo, considérase tamén a posibilidade de conceder anticipos reintegrables.


E no ámbito das prestacións sociais, o PAS conta coa Escola Infantil para os seus fillos, cos mesmos dereitos de admisión e réxime económico que o PDI. Facilitamos os medios para conseguir que a matrícula nos centros da institución e nas escolas oficiais de idiomas sexa gratuíta para o PAS activo ou xubilado, para o seu cónxuxe ou a persoa con quen conviva maritalmente, e para os fillos ao seu cargo. Así mesmo, propiciamos o establecemento de convenios con outras universidades públicas de fóra do SUG ofrecendo a gratuidade para os seus traballadores.


Facilitámoslle ao PAS levar a cabo estudos para obter títulos académicos ou profesionais recoñecidos oficialmente, a realización de cursos de perfeccionamento profesional e o acceso a cursos de capacitación ou de reconversión profesional. A UDC determinará a asistencia obrigatoria a aquelas actividades formativas necesarias para o bo desempeño das tarefas propias do seu posto de traballo.


Neste sentido, e dentro das dispoñibilidades orzamentarias, dedicaremos unha partida para financiar un plan de formación que se negociará dentro da Comisión de Formación conforme aos Estatutos da UDC. Esta comisión vela por un plan integral de formación, no marco da aprendizaxe e o enriquecemento continuo, que potencia o talento do PAS e as súas posibilidades de promoción. No ano 2010 aprobou o II Plan de formación.


Nesta liña, e co obxecto de financiar accións dirixidas ao PAS, constituíuse un fondo de acción social equivalente, cada ano, ao 1,5% da masa salarial anual, que garante como mínimo os fondos necesarios para contratar un seguro de asistencia sanitaria de prestacións análogas ás vixentes na data de sinatura deste convenio.


Noutra orde de cousas, a UDC, en cumprimento de toda a normativa en materia de saúde e benestar da comunidade universitaria, manifesta o seu compromiso coa prevención de riscos laborais, así como coa mellora continua das condicións de seguranza e saúde no traballo. Así, o II Convenio colectivo do PAS da UDC recolle o dereito dos traballadores a participaren neste eido por medio dos seus representantes, os delegados de prevención.


Para estes efectos, e como órgano paritario e colexiado de consulta, creouse un Comité de Seguranza e Saúde Laboral que vela pola adopción, o mantemento e o perfeccionamento de medidas axeitadas na materia. Apoia o labor deste comité o Servizo de Prevención de Riscos Laborais cuxos técnicos elaboran periodicamente estudos sobre os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais no ámbito da UDC.


Por outra parte, durante o período de embarazo e o de lactación as traballadoras teñen dereito ao cambio de posto de traballo se for o caso de que, segundo a prescrición dun facultativo da sanidade pública ou do Servizo de Vixilancia da Saúde, se certificase que as condicións do que ocupa resultan nocivas para a súa saúde ou a do feto, ou impiden o normal desenvolvemento da actividade que desempeña.


Nestes supostos asegurarase que a traballadora non sufra ningunha mingua dos seus dereitos económicos, e que poida volver incorporarse ao seu posto cando remate a circunstancia que dese lugar ao cambio. Neste sentido, a UDC ten como proxecto dotarse dun plan de universidade saudable, que terá por finalidade impulsar programas e actividades que permitan que o conxunto da comunidade universitaria gañe en saúde.