Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR (PDI)


2. TRANSFERENCIA DO COÑECEMENTO E INVESTIGACIÓN


A UdC dispón dun alto potencial investigador.


A UDC comprométese a fomentar a relación con outros grupos de investigación.


A UDC conta cos seguintes recursos humanos para a investigación:


Tabla


No tocante aos estudos de doutoramento, estes son os indicadores da UDC:


Tabla


Canto ás bolsas concedidas ao PDI, esta é a relación:


Tabla


Así mesmo, cada dous anos son convocados pola UDC, coa colaboración do Concello de Ferrol, premios á investigación co fin de apoiar e impulsar o labor realizado polos investigadores e equipos de investigación de toda España no ámbito universitario e no mundo empresarial.


No ano 2010 os premiados foron os seguintes:


a) Premio González-Llanos, no campo da enxeñaría naval, ao traballo titulado “Un método para la generación paramétrica de formas del casco de un buque mediante superficies B-spline” de Francisco Pérez Arribas e José Antonio Suárez Suárez.


b) Premio Concepción Arenal, no campo das humanidades, ao traballo titulado “Soldados sin historia. Los prisioneros de guerra en España y Francia a finales del Antiguo Régimen. Estudio de la Guerra de la Convención y fuentes para el periodo 1793-1815” de Manuel-Reyes García Hurtado.


c) Premio Antonio Usero, no campo das ciencias da saúde e das relacións laborais.


d) Premio Enxeñeiro Comerma, no campo da enxeñaría industrial.


A UDC comprométese a incrementar a investigación de calidade.


A UDC conta con 6 institutos universitarios de investigación destinados tanto á actividade investigadora, científica e técnica, como docente, programas de terceiro ciclo, mestrados, cursos de posgrao e cursos de especialización.


Son os seguintes:


a) Instituto de Estudos Europeos Salvador de Madariaga. Persegue favorecer a promoción e o desenvolvemento do coñecemento, da investigación científica e do ensino dos estudos internacionais e europeos, co obxectivo fundamental de acercar todas estas cuestións á realidade social galega. Recentemente conseguiu, por segunda vez, a distinción de Centro de Excelencia Jean Monnet. Só dous centros europeos contan con esta distinción, o que os converte en puntos de referencia no ámbito xurídico no ámbito estatal e internacional.


b) Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal. Resultado da colaboración entre a UDC e o Laboratorio Xeolóxico de Laxe (Fundación Isidro Parga Pondal), o seu obxecto é desenvolver proxectos de investigación teórica e aplicada, coeditar publicacións científicas e organizar cursos monográficos, conferencias e congresos científicos sobre materias directamente relacionadas coa xeoloxía e outras materias que, intensamente relacionadas con ela, permiten unha utilización máis racional dos recursos da UDC e do Laboratorio Xeolóxico de Laxe.


c) Instituto de Medio Ambiente. Ten como finalidade realizar proxectos e programas de investigación nos moi diversos campos de traballo relacionados co medio, así como achegar interdisciplinariedade e alta especialización científica neste ámbito.


d) Instituto de Ciencias da Saúde. O seu fin é desenvolver a investigación e a docencia con singular proxección e especialización na área das ciencias da saúde. Este instituto facilita os esforzos investigadores interdisciplinares, xa que a investigación que nel se desenvolve require unha experiencia multidisciplinar en todo o espectro das ciencias biomédicas.


e) Instituto de Estudos Irlandeses Amergin. Ten por obxecto favorecer o acceso ao coñecemento especializado no ámbito do desenvolvemento cultural de Irlanda e Galicia dentro da UE.


f) Instituto de Estudos Marítimos. Froito da colaboración entre a UDC e a Autoridade Portuaria da Coruña, ten como finalidade acceder ao coñecemento especializado no ámbito das ciencias e técnicas do mar, así como que estas teñan unha incidencia directa no desenvolvemento social, político e cultural de Galicia.


Na realización de estudos e investigacións, a UDC conta con 4 cátedras empresariais: a Cátedra BIOIBÉRICA SA, a Cátedra INDITEX RSC, a Cátedra FUNDACIÓN CAIXA GALICIA e a Cátedra da Empresa Familiar. A través delas desenvólvense investigacións no campo de interese da empresa que as patrocina, co fin de que os resultados redunden directamente en beneficio de ambas. Para ver con máis detalle a súa actividade pódese consultar a sección “Empresa”.


Inserida na Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI), destaca a Unidade de Apoio a Proxectos Europeos de I+D e Captación de Mercados Laborais na UE. A súa función é fomentar a participación do PDI en programas europeos de I+D como socio ou coordinador por medio de actividades formativas, para o que apoia a preparación e a xestión económica dos proxectos. Ademais, e mediante actividades informativas, xestiona a posible creación de empresas nos países pertencentes á UE.


Dentro das súas actividades podemos salientar as seguintes:


a) Información e asesoramento sistemático sobre convocatorias, bolsas e premios á investigación para os grupos de investigación.


b) Asesoramento e apoio nas xustificacións periódicas e finais dos proxectos en marcha. No ano 2010, 11 proxectos de investigación e 9 proxectos a que lle foron concedidas axudas polos programas Interreg IV, o VII Programa Marco e outros programas europeos.


c) Redacción mensual de boletíns sobre investigación e innovación na UE.


d) Organización de xornadas e obradoiros sobre o mercado laboral europeo. No ano 2010 organizamos a xornada “Queres investigar? Móvete! Axudas Marie Curie de Mobilidade e Formación” dirixida a toda a comunidade universitaria. Así mesmo, elaboramos e distribuímos a Guía das axudas de mobilidade Marie Curie orientada ao PDI.


No tocante á Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI), durante o ano 2010 desenvolveu o II Programa de estruturación comercial dos grupos de investigación e puxo en marcha o I Panel de innovacións tecnolóxicas da UDC, co obxectivo de detectar as tecnoloxías innovadoras cunha aplicación práctica e de interese para o mercado e presentárllelas ás empresas, organismos públicos e privados. Tamén participou no programa Empresa-concepto, desenvolvido polas tres universidades galegas e o CSIC para o apoio e fomento das empresas derivadas (spin-off) académicas, e no Comité de Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica da Xunta de Galicia, programa encamiñado a fomentar e incrementar os sistemas de apoio á creación de novas empresas de base tecnolóxica (EBT). Elaborou o Regulamento das empresas da UDC e organizou xornadas e cursos de formación sobre innovación, conferencias e feiras científicas.


Así mesmo, a OTRI conseguiu financiamento para os seguintes proxectos:


a) Un convenio de colaboración coa Consellería de Innovación e Industria para executar os compromisos establecidos no Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (INCITE) 2006-2010, en relación coa función das OTRI no sistema galego de investigación e innovación.


b) O Programa INNCIDE de apoio ás OTRI. A través desta convocatoria foi concedido un proxecto para o impulso de diferentes áreas da OTRI, o Plan estratéxico de transferencia da UDC, con vixencia até o ano 2014.


c) O Proxecto Incuba.t.net, financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, para crear unha rede galega de incubadoras de base tecnolóxica.


d) O Convenio de unidades de investigación intensivas, financiado pola Xunta de Galicia, para a valorización de tecnoloxías de grupos de investigación.


e) O Programa INNCIDE do Ministerio de Ciencia e Innovación, para reforzar os recursos humanos da OTRI.


Ante a necesidade de garantir o respecto dos principios éticos e a normativa xurídica aplicable, e tras o aumento da complexidade do labor investigador e a crecente importancia da dimensión ética da investigación, xorde o Comité de Ética.


O seu cometido é velar polo cumprimento das boas prácticas de investigación en relación cos dereitos fundamentais das persoas, o benestar dos animais e os intereses vinculados coa defensa e a protección do medio, así como emitir informes por pedimento tanto dos equipos investigadores como dos órganos de goberno sobre problemas éticos relacionados coas actividades docentes e investigadoras da comunidade universitaria.


A UDC comprométese a ampliar, mellorar e optimizar as infraestruturas, os equipamentos e os servizos de apoio á investigación.


Desde a súa fundación, a actividade da UDC foi incrementándose de xeito paralelo á relación que mantén coa cidadanía a través das súas empresas e institucións. Tal incremento ten como punta do seu vértice o desenvolvemento do Parque Tecnolóxico.


O papel do Parque Tecnolóxico é fundamental para o PDI por estas razóns:


a) Reforza a actividade investigadora.


b) Ofrece saídas profesionais aos doutores formados na UDC.


c) Proxecta a institución de ensino superior na sociedade.


d) É un punto de apoio básico para o desenvolvemento das propias empresas de base tecnolóxica da UDC.


Os centros de innovación tecnolóxica impulsados pola UDC e nela situados facilitan, alén de oportunidades de investigación, a conexión da empresa co sector público. Os centros principais son:


a) Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC).


b) Centro de Innovacións Tecnolóxicas (CIT).


c) Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC).


Para ver con máis detalle a súa composición pódese consultar a sección “Empresa”.


A UDC comprométese a mellorar os procesos de xestión da investigación e de apoio aos investigadores.


Como ferramenta de apoio á comunidade científica contamos cos Servizos de Apoio á Investigación (SAI). Os SAI realizan tarefas de análise e procesos analíticos e estrutúranse en 7 unidades:


a) Unidade de Análise Estrutural, dedicada á investigación básica e aplicada no campo da industria da construción. Estudos sobre enerxías renovables e xeolóxicos, e deseño de novos materiais.


b) Unidade de Bioloxía Molecular, encargada da investigación básica e aplicada relacionada cos métodos de diagnóstico clínico. Estudos filoxenéticos de poboacións e ecosistemas.


c) Unidade de Espectrometría de Plasma-Masa, relacionada coa investigación básica e aplicada relacionada coa análise de metais en diferentes matrices alimentarias e co desenvolvemento de fármacos. Estudos xeolóxicos e de metais en matrices acuosas.


d) Unidade de Espectroscopía Molecular, dedicada á investigación básica relacionada coa industria dos medicamentos e co desenvolvemento de fármacos. A unidade forma parte de PROTEORED.


e) Unidade de Microscopía, encargada da investigación básica e o estudo de materiais da construción e da industria naval, así como de materiais para ortodoncias.


f) Unidade de Técnicas Cromatográficas, relacionada coa investigación básica e a análise de produtos tóxicos na industria alimentaria e coa detección de alertas alimentarias. Análise de todo tipo de matrices ambientais.


g) Unidade de Técnicas Instrumentais de Análise, dedicada á investigación básica relacionada coa análise fisicoquímica de matrices acuosas. Estudo de cadeas tróficas mediante a análise isotópica e perfís alimentarios de produtos procedentes do mar. Análise da composición de intermedios e potenciais fármacos.


Para ver con máis detalle a evolución dos medios tecnolóxicos dos SAI no ano 2010 pódese consultar o Informe do reitor 2010.


Tabla


Unha das ferramentas básicas de traballo do PDI é a Biblioteca Universitaria: coleccións bibliográficas, monografías, publicacións periódicas en papel, mapas, fotografías e diapositivas, microformas, rexistros sonoros, vídeos e DVD, unidades de CD-ROM e recursos electrónicos. Cada ano a UDC fai un importante investimento nestes e noutros recursos bibliográficos e documentais.


Para ver con máis detalle a evolución dos indicadores da biblioteca no ano 2010 pódese consultar o Informe do reitor 2010.


Hai que salientar o crecemento de actividades desenvolvidas nas bibliotecas dos distintos centros, como exposicións bibliográficas ou mostras de cinema, ou a súa presenza nas redes sociais. Manteñen un contido informativo e actualizado dirixido ao interese do seu colectivo de usuarios.


Tabla


Na cantidade correspondente a revistas e bases de datos inclúense os 634.369 € transferidos mediante convenio a Bugalicia para a adquisición de recursos consorciados, e os 6.960 € transferidos á Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) para a licenza nacional da Web of Knowledge (WOK), contratada en réxime de copagamento para o período 2010-2013.


Así mesmo, asinamos un acordo para contratarmos a licenza nacional 2011-2013 que dá acceso a Scopus, base de datos de referencias bibliográficas e citas, con dúas métricas do factor de impacto na investigación, Scimago Journal Rank (SCR) e Source-normalized Impact Paper (SNIP); participamos no grupo de traballo RECOLECTA, promovido pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e na Guía para la evaluación de repositorios institucionales de investigación; e seguimos a colaborar, xunto con outras 50 bibliotecas, en Dialnet, portal convertido nunha importante base de datos de literatura científica de libre acceso. Igual que en anos precedentes, continuouse a cooperar con Rebiun no Catálogo de bibliotecas universitarias, en que poden consultarse os fondos de 74 bibliotecas.


Cómpre destacarmos que o último ránking web de repositorios mundiais coloca o Repositorio Institucional da UDC (RUC) no posto 326 dos 1.120 repositorios institucionais do mundo. Para apoiar as iniciativas de acceso aberto, os repositorios aparecen ordenados segundo un índice que combina indicadores de actividade (tamaño, ficheiros ricos e Scholar) e de impacto (visibilidade dos enlaces).


Como cada ano, a Comisión de Publicacións editou numerosos libros e revistas, alén de publicar as actas dos congresos e reunións de carácter científico desenvolvidas na UDC, e diversas monografías e manuais. Neste sentido, notouse unha diminución do número de monografías xestionadas pola editorial da UDC, pois cada vez dáselles un maior grao de importancia aos traballos publicados en revistas de calidade. A chegada das TIC tamén está a influír, dado que se está a vivir o paso do libro tradicional aos repositorios de acceso aberto e ao libro electrónico, polo que pasa o futuro máis inmediato. A UDC adáptase ás novas esixencias de accesibilidade, flexibilidade e carácter multimedia dos novos medios, para non deixar pasar a oportunidade de mellora.


De igual maneira, no ano 2010 asinouse un acordo coa plataforma Meubook (www.meubook.com) para desembarcarmos no mundo da edición dixital e baixo demanda. O acceso á información e á oferta editorial da UDC faise así máis doado. Déronse ademais os primeiros pasos para incrementar a colaboración con outras plataformas institucionais, como Dialnet ou Unebooks.


No que ten a ver co material docente, a UDC non conta aínda con materiais didácticos adaptados aos novos plans de estudo que fosen publicados. No entanto, as TIC ofrecen os medios alternativos oportunos para o apoio á docencia como, por exemplo, a plataforma de teleformación baseada en Moodle, máis cómoda e flexible que os manuais impresos e que a Facultade Virtual, que era a ferramenta de teleformación que se manexaba até o momento.


A captación de recursos externos da UDC para a investigación ascendeu a un total de 13.378.961 € no ano 2010, dos cales o 50,57% corresponde á recadación por concorrencia competitiva, e o 49,43% á contratación directa. No ano 2009, porén, a captación foi maior, 12.057.858 €, polo maior número de contratos asinados coa empresa e coa administración, de que un 44,78% veu da recadación por concorrencia competitiva e un 55,22% veu da contratación directa.


Tabla


Entre os traballos elaborados polo PDI poden xurdir proxectos empresarias. Cando a base destes é tecnolóxica, contan co apoio do Viveiro de Empresas de Base Tecnolóxica para os levar a cabo. O Viveiro fornece un espazo físico cedido pola UDC como sede da nova empresa, ademais do uso e goce das salas de presentación, as salas de reunións e outros servizos comúns. Está situado no Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI).