Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en Pdf Descargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR (PDI)


12. XESTIÓN EFICIENTE


O PDI é o grupo de interese con maior peso de representación na UDC. Os órganos de goberno da propia UDC, centros, departamentos ou institutos están dirixidos por el. Todos os seus membros teñen cabida: doutores funcionarios, doutores laborais, profesores axudantes, bolseiros…


Os Estatutos da UDC recoñécenlle ao PDI, durante un mandato de 4 anos, o dereito a participar nos órganos colexiados de goberno da UDC para promover e defender os seus intereses como colectivo universitario, e participar así nos procesos de progresión e mellora da UDC. En relación con isto cómpre resaltarmos o desenvolvemento do voto electrónico (para ver con máis detalle, pódese consultar a sección “Estudantado”).


Como ferramentas para facer valer os seus dereitos e liberdades, O PDI conta co servizo de Asesoría Xurídica, o Valedor Universitario e o Comité de Empresa. Por un lado, ben a título individual, ben a título colectivo, como membro dun órgano colexiado, o PDI conta co apoio consultivo e o asesoramento en cuestións xurídicas do equipo da Asesoría Xurídica da UDC, o cal lle prestará representación e defensa en xulgados e tribunais en toda clase de procesos, de calquera orde, grao e xurisdición. Polo outro, o Valedor Universitario é o órgano unipersoal responsable do cumprimento do respecto polos dereitos e liberdades do persoal da UDC.


Canto ao Comité de Empresa, trátase do corpo representativo do PDI, responsable da defensa dos seus intereses e da mellora das súas condicións laborais e profesionais nas negociacións colectivas, así como do exercicio do dereito de información e consulta e da participación no proceso de toma de decisións na xestión e goberno da UDC. O Comité está integrado por traballadores elixidos libremente polos seus compañeiros, delegados de persoal ou representantes sindicais. Desempeñan un papel esencial na organización sindical, tanto porque son quen está en contacto directo cos traballadores como porque están posicionados no interior da UDC con pleno coñecemento do proceso produtivo. Os representantes sociais da UDC pertencen á Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino), Comisións Obreiras (CC.OO.), a Unión Xeral de Traballadores (FETE-UXT) ou a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-CSIF).


No ámbito da calidade, o pleno cumprimento dos requirimentos da integración no espazo europeo de ensino superior foi sen dúbida unha das nosas principias preocupacións, baixo os estandartes dunha política de garantía da calidade e a adaptación de todos os centros e títulos, o que se levou a cabo incorporando criterios de avaliación e mellora da calidade. Neste sentido, os títulos de grao e mestrado foron implantados grazas á posta en marcha do programa FIDES-AUDIT, o cal garante a verificación e a posterior acreditación das novas titulacións, e pretende que os centros dispoñan dun proceso sistemático de recollida de evidencias que permita cumprir os futuros criterios de acreditación do ensino universitario. Neste proceso, garantimos un soporte metodolóxico á docencia en consonancia coa aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións.


Por outra banda, e para avanzarmos na conversión das materias dos antigos títulos ao sistema ECTS, convocamos por sexto ano os grupos intra ou interdepartamentais de calidade. Iniciar accións de coordinación docente entre materias dun mesmo curso ou un mesmo módulo nos novos títulos de grao ou mestrado foron os cometidos dos 251 grupos e 902 docentes que participaron.


No campo da política e xestión laboral, no ano 2010 baseámonos no principio de promoción mediante a cualificación. Para desenvolver este principio empregamos ferramentas como a disposición transitoria III dos Estatutos; o compromiso de estabilidade para os axudantes; o programa de promoción para os titulares de escola e os profesores colaboradores; o programa de promoción do PDI acreditado; o programa de promoción dos investigadores contratados Isidro Parga Pondal e os acordos acadados nos convenios colectivos de 2006 e 2010 para o PDI laboral do sistema universitario galego.


A aplicación deste principio permitiunos pasar de 577 a 733 profesores permanentes doutores no período 2004-2010, o que supuxo un incremento do 27% no colectivo. Así, despois da modificación da Lei orgánica de universidades no ano 2007, este pasa a constituír o núcleo fundamental do PDI da UDC. Este incremento medio do 3,8% anual é maior nos últimos tres anos, o que evidencia a adecuación das medidas adoptadas e unha mellora cualitativa, fundamental desde o punto de vista estrutural, do noso cadro do PDI.


Tabla


No tocante á xestión vinculada á tramitación e xestión de expedientes relativos á vida administrativa e laboral do PDI, a UDC conta cun servizo que cobre por completo esta tarefa, o Servizo de PDI.


No ano 2010 pechamos o II Convenio colectivo do PDI laboral das tres universidades do sistema universitario galego, por unanimidade con todas as centrais sindicais con representación no sector (CC.OO., CIG, UXT e CSI-CSIF). Este convenio mantén a filosofía de empregar como referencia as condicións do PDI funcionario equivalente, tanto no salario como na xornada laboral. Amplía o ámbito de aplicación ao PDI en formación contratado en réxime laboral con base en programas estatais, autonómicos e das propias universidades equivalentes aos anteriores; e desenvolve amplamente o título de licenzas, vacacións e excedencias ao incorporar as mellores condicións da normativa funcionarial estatal e autonómica.


Así mesmo, aprobamos a adscrición funcional de materias de grao para os efectos de encarga docente, na liña de ir adaptando a normativa á nova estrutura académica dos graos e aproveitando as experiencias previas. Tras a recomendación da Conferencia Sectorial de PDI das Universidades Españolas de asignar a docencia considerando os recursos humanos dispoñibles e tendo en conta a súa cualificación, acordamos tomar como base para esta organización as áreas de coñecemento en que estaba encadrado o PDI desde a Lei de reforma universitaria.


A nova organización dos estudos de grao, aconsella procurar unha medida organizativa que corresponda a un numero intermedio entre as 5 ramas de coñecemento da nova estrutura e as 146 áreas da anterior organización. Nesta liña, aprobamos que os centros propuxesen a adscrición das materias a un mínimo de 3 areas (coas excepcións que corresponderen) tendo en conta os seguintes factores:


a) A afinidade dos contidos da materia coa área de coñecemento, tendo en conta tamén as actividades de investigación e a transferencia do coñecemento.


b) A adscrición previa das materias equivalentes dos anteriores plans de estudo seguindo o cadro establecido na memoria do grao para as validacións.


c) As orientacións dos libros brancos da correspondente titulación ou as directrices propias do título de grao.


Esta nova organización, con arredor de 50 agrupacións de áreas, debe permitir conseguir os obxectivos máis que razoables marcados pola CRUE e aprobados polo Claustro Universitario dentro das liñas xerais orzamentarias.


No tocante ás retribucións do PDI da UDC, as seguintes táboas resultan ilustrativas:


Tabla


Tabla


A retribución máxima dun profesor visitante ou asociado formúlase da seguinte forma: 2 * 41.997,79 = 83.995,58€.


E a retribución máxima anual (ano natural) dun profesor emérito é de 66.193,41€.


Tabla


Canto aos complementos retributivos do PDI da UDC, veñen establecidos nas seguintes táboas:


Tabla


Para ver con máis detalle a política de xestión pódese consultar a sección “Administración”.