Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en Pdf Descargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR (PDI)


10. COMPROMISO SOCIAL


Tres son as liñas estratéxicas en que se basea o noso compromiso social: a igualdade de xénero; a cooperación para o desenvolvemento e o voluntariado social; e a atención á diversidade.


Coñecer os posibles conflitos por discriminación de xénero na actividade académica e laboral da UDC, así como solucionalos ou mediar neles, son os principais cometidos da Oficina de Igualdade de Xénero (OIX). Fomenta a participación das mulleres en traballos de investigación, co fin de detectar os obstáculos que dificultan a súa participación, e promove consecuentemente a adopción das medidas máis eficaces para eliminar os ditos obstáculos e evitar a aparición de calquera manifestación de discriminación sexista. Neste segundo sentido, desenvolvemos unha tarefa de difusión das temáticas de xénero entre as tarefas docentes e investigadoras do PDI, en particular, e incentivamos esas preocupacións mediante a organización de cursos, seminarios e conferencias en colaboración constante co profesorado e os grupos de investigación da UDC. Para alén, realizamos unha intensa tarefa formativa orientada ao PDI, co duplo obxectivo de contribuírmos a que a sensibilidade en materia de igualdade de xénero medre entre este colectivo, e de que se fortaleza un maior interese por esta temática nas tarefas docentes e investigadoras.


Xunto a iso, a OIX ten entre as súas tarefas a de cumprir o papel de observatorio de posibles situacións de discriminación en materia de xénero, apto para contribuír á súa superación, o cal obviamente tamén alcanza o PDI da institución. Sen prexuízo disto, o noso obxectivo a curto prazo é ampliar estas tarefas cara ás materias de sexualidade e opción sexual, co obxectivo de sensibilizar a comunidade universitaria, tamén do PDI, en relación con tales vectores de discriminación, así como de evitar situacións desa caste.


No ano 2010, o Consello de Goberno da UDC aprobou unha modificación do Regulamento electoral xeral co obxecto de incorporar medidas para camiñar cara á igualdade de xénero no ámbito da representación, seguindo os cambios introducidos polas leis orgánicas de universidades e de igualdade. A UDC convértese así na primeira universidade galega en incorporar estas medidas paritarias. O Regulamento aplícase para a elección de representantes no Claustro, as xuntas de centro e os consellos de departamento, para a elección de decanos e directores de centro, directores de departamento e membros do Consello de Goberno elixidos entre os decanos e directores de centro e directores de departamento e institutos universitarios.


As medidas de paridade refírense tanto á presentación de candidaturas, en que se recomenda unha composición equilibrada por razón de xénero, como aos parámetros de votación, ao se establecer a posibilidade de votar como máximo a un número determinado de homes e mulleres dentro da circunscrición correspondente que se axuste aos obxectivos da paridade (60%-40%).


A través da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), canalizamos as nosas inquedanzas relacionadas co voluntariado social e cos programas de formación nesta e noutras materias. Para ver con máis detalle esta actividade pódese consultar a sección “Cidadanía”.


A cooperación para o desenvolvemento canalízase a través das diferentes campañas de sensibilización ou das convocatorias específicas para o PDI, como a V edición da convocatoria Fondo 0,7% para axudas á investigación que teñan como obxecto de estudo a cooperación para o desenvolvemento, é dicir, a consecución dunha sociedade máis xusta e a axuda aos colectivos sociais máis desfavorecidos e excluídos da sociedade. No ano 2010, a iniciativa estivo dotada de 90.000 € con achegas desde a UDC e a Xunta de Galicia. Para ver con máis detalle esta actividade pódese consultar a sección “Cidadanía”.


En materia de asociacionismo, a OCV creou a Rede de Educación para o Desenvolvemento (RED), formada polo PDI interesado no ámbito da cooperación para o desenvolvemento (voluntariado social, sustentabilidade ou ética científica). A RED conta cunha base de datos actualizada periodicamente da que forman parte investigadores e grupos de investigación, e unha relación da situación dos proxectos de investigación que se están a desenvolver. Destaca a campaña de sensibilización sobre o cambio climático iniciada por un dos seus membros.


No campo da diversidade, e debido ás necesidades educativas especiais dalgúns dos membros da comunidade universitaria, xorde a Unidade Universitaria de Atención á Diversidade (ADI) do Centro Universitario de Formación de Innovación Educativa (CUFIE), co cometido de lles facer fronte ás diferenzas funcionais que poidan padecer fronte á poboación maioritaria. O PDI participa activamente nesta unidade como ferramenta básica de axuda á superación. No ano 2010, organizamos as I Xornadas sobre Discapacidade, co firme compromiso de continuar con este labor de sensibilización nos anos vindeiros.