Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR (PDI)


1. FORMACIÓN COMPLEMENTARIA


A UDC é unha universidade nova, creouse fai 21 anos, en 1989. O 57% do PDI da UDC está entre os 30 e os 49 anos.


A investigación é a forma que ten o PDI de fornecer de coñecemento a cidadanía e de achegar innovación ao desenvolvemento do contorno da UDC. O PDI establece a súa máxima en manter e reforzar a excelencia en materia de ensino e investigación, sen rebaixar o nivel de calidade ofrecido.


A estrutura do PDI da UDC é a que segue:


Tabla


A UDC comprométese a facilitar a transición no proceso de integración no Espazo Europeo de Ensino Superior.


O PDI é o responsable da correcta planificación, organización e supervisión da oferta anual das titulacións da UDC. Coa nova organización docente dos títulos de grao, establécense tres tipos de actividades cos grupos de estudantes:


a) Docencia expositiva en grupos de 60 a 80 estudantes.


b) Seminarios, debates e prácticas en grupos de 20 estudantes.


c) Titorización en grupos reducidos de 10 estudantes, así como actividades de titoría individuais para o seguimento do traballo personalizado do estudantado.


O ensino personalizado mediante a utilización de grupos reducidos de estudantes permite ao PDI cumprir cun dos seus principais cometidos, como é mellorar a aprendizaxe e conseguir os obxectivos que cada centro incluíu na súa memoria docente.


Da mesma forma, reestruturáronse as áreas de especialización e de coñecemento das 140 existentes ás 5 actuais, co problema que comporta no campo da organización do PDI e a consecuente perda de calidade. A UDC buscou unha solución intermedia que minguase a dita problemática: agrupou o PDI en máis dunha rama de coñecemento para dotalo desta forma de maior flexibilidade, o que resulta óptimo para os grupos de traballo interdisciplinares.


Nesta mesma liña, cómpre salientarmos tamén o cambio nos criterios de elaboración do cadro de persoal. No Espazo Europeo de Ensino Superior non se cuantifican apenas as horas de docencia, por iso se introduce a investigación na elaboración da relación de postos de traballo (RPT) a través dos seguintes parámetros obxectivos:


a) Obter o sexenio por avaliación, de carácter voluntario na UDC.


b) Ser o/a investigador/a principal dun proxecto competitivo (IP).


c) Dirixir teses de doutoramento.


d) Participar en proxectos de concorrencia competitiva.


e) E a partir do ano 2011, participar en proxectos de transferencia do coñecemento, criterio de avaliación que será introducido polo Ministerio de Educación.


Grafico


A estrutura do cadro de PDI configúrase a través da xestión do talento mediante o Plan de organización docente (POD), de carácter aberto e anual. O POD achega transparencia, pois permite comprobar o cumprimento das regras de organización e control das titulacións. Na UDC, unha alta porcentaxe do PDI é titular de escola universitaria, dado o número de escolas universitarias desta universidade. Trátase de postos que deben ser extinguidos e substituídos por PDI doutor permanente. A plena capacidade docente, é dicir, a titulación universitaria, non é suficiente; agora o PDI debe acadar a plena capacidade investigadora, isto é, o título de doutoramento.


Para iso, a través dos programas de promoción mediante a cualificación regulados polos organismos externos, a ANECA e a ACSUG, a UDC concede licenzas de 6 meses ao PDI que o solicitar para o remate da súa tese. Neste sentido, a nosa política baséase na cualificación por obxectivos, que garante a cátedra e a seguridade necesaria para o PDI desenvolver a súa carreira profesional: estabilidade e promoción. Así mesmo, presentamos ao PDI, na etapa de prexubilación, un plan de xubilación voluntario con vantaxosas condicións económicas a partir dos 60 anos, o que implica á súa vez a consecuente renovación do noso cadro.


No ano 2010 puxemos en marcha a II convocatoria do Programa DOCENTIA, levado a cabo pola Unidade Técnica de Calidade (UTC), como procedemento para a avaliación da actividade docente. Este programa é a ferramenta que a UDC emprega para garantir a calidade do PDI e favorecer os principios de calidade das novas titulacións. Aínda que o proceso é complicado porque non pode avaliarse todo o PDI a un tempo, o fin é que en 5-6 anos se consiga avaliar na súa totalidade. Na UDC a avaliación é voluntaria, mentres que xa noutras universidades ben tomou carácter de obrigatoriedade, ben é requisito para recibir o complemento retributivo.


Tabla


A través deste programa, o estudantado participa activa e criticamente na avaliación institucional da calidade das titulacións e do ensino, e pode facer propostas de mellora e formular reclamacións e queixas acerca do seu funcionamento perante as direccións dos centros encargados da impartición dos diferentes títulos. Tanto as propostas como as queixas deben ser consideradas nas decisións futuras, e cómpre pór os resultados en coñecemento destes.


Por medio da Unidade de Ensino Non-Universitario do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), desenvolvéronse os seguintes procesos:


a) Plan de formación para o ensino secundario (PFES), moi demandado tras a desaparición do CAP (certificado de aptitude pedagóxica). No ano 2010 organizáronse un total de 10 cursos, con dispoñibilidade de 40 prazas, de 12 horas cada un. Asistiron un total de 355 persoas e contabilizáronse un total de 118 horas de curso.


b) Plan de apoio ao ensino (PAE).


c) Plan de formación do programa DOCENTIA (PFPD).


d) Obradoiro Campus Virtual Moodle.


O obxectivo do CUFIE é impulsar o desenvolvemento dos programas de innovación educativa e favorecer a mellora do ensino por parte do PDI, para o que elabora materiais multimedia e experiencias educativas que incorporen novas tecnoloxías docentes.


Neste sentido, o Servizo de Soporte á docencia presta apoio metodolóxico e técnico ao PDI a través da realización de recursos e materiais de carácter pedagóxico en diferentes soportes, así como de programas de formación continua para a mellora da súa capacidade docente. Tamén fornece soporte metodolóxico á docencia no proceso de adaptación das titulacións e implantación das novas ensinanzas, en consonancia coa aplicación das TIC ao ensino.


Tabla


O CUFIE é un centro de formación continua que conta cun alto grao de participación nas súas actividades, tanto do PDI da UDC como do profesorado de secundaria, ben polos méritos que se obteñen no caso dos primeiros, ben polos puntos que se obteñen para as oposicións no caso dos segundos. A demanda é moi superior á oferta, polo que as prazas para os cursos de carácter semipresencial van ampliándose consecutivamente.