Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en Pdf Descargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

ESTUDANTADO


9. DEPORTE


Pomos nun primeiro plano o deporte como complemento á formación académica. O noso compromiso neste sentido é sentar as bases dun modelo de actividade física e deportiva feito desde a UDC para toda a comunidade universitaria e, asemade, aberto á cidadanía e vinculado con todos os axentes con responsabilidades en materia deportiva.


Contamos coa Unidade de Exercicio e Saúde (UES) como servizo de asesoramento e promoción da actividade física e a saúde entre membros da comunidade universitaria.


Con esta oferta procuramos mellorar a práctica deportiva a través de diferentes modalidades, axeitándoas aos distintos niveis dos usuarios. Así, a nivel de competición, organizamos ligas internas en que equipos de estudantes participan durante o curso en competicións de baloncesto, fútbol 7, fútbol sala, rugby, voleibol, torneos de pádel, tenis, bádminton, tenis de mesa, tiro con arco e xadrez. Falamos dun total de 2.300 estudantes, pertencentes a máis de 212 equipos.


Está, así mesmo, a asistencia a competicións externas como os Xogos Galaico-Durienses ou o campionato de copa que se organiza polo Trofeo do Reitor. Nos Campionatos Galegos Universitarios, a representación da UDC superou os 380 participantes, repartidos en distintas modalidades de competición. A UDC acadou resultados importantes que deron a posibilidade de participarmos nos Campionatos de España Universitarios. Nestes últimos participaron un total de 120 deportistas cun alto nivel de rendemento da nosa universidade.


No ámbito internacional cabe salientarmos a participación e o resultado do equipo de rugby feminino no Campionato de Europa Universitario que se realizou en Granada. O equipo da UDC acadou un meritorio segundo posto despois de participar no Campionato de España Universitario e gañalo.


Contamos con equipos federados nos seguintes campos: rugby feminino e masculino, fútbol feminino e masculino, voleibol feminino e tiro con arco. Algúns deles son propios e outros existen mediante convenios de colaboración con outros clubs.


Nas modalidades deportivas individuais, o Consello Superior de Deportes organizou un total de 25 campionatos. A UDC competiu en 19 deles, unha das maiores participacións do Estado español. O total de participantes en deportes individuais foi de 73 usuarios, e conseguíronse 10 medallas: 2 ouros, 3 pratas e 5 bronces.


Dispoñemos tamén dunha ampla oferta en materia de formación, con 36 escolas deportivas: xadrez, rugby, bádminton, tiro con arco, taekwondo, tai-chi, voleibol, e fútbol sala feminino. E cursos puntuais: tenis, escalada, e carreiras de orientación, así como outras actividades: cursos para adestradores de baloncesto e fútbol, monitores de tempo libre, mergulladores ou patróns de embarcación de recreo.


Por outra banda, é de resaltar que o enclave xeográfico da UDC facilita o contacto co contorno natural para a práctica de deportes tanto en terra como en mar: camiñada, pontismo, balsismo, rutas a cabalo, rutas en canoa, excursións e saídas para a práctica de esquí no inverno, cunha participación de preto de 550 usuarios. E actividades náuticas e cursos de deportes de vela co material axeitado e o equipamento propio para o mar e para o coñecemento do mundo marítimo. Estas últimas actividades son organizadas nas dependencias náuticas do Club Universitario da UDC, situado no Dique Barrié de la Maza.


Tanto no campus da Coruña como no campus de Ferrol temos numerosos servizos e unha ampla infraestrutura que mellora o acceso ás instalacións. Así, cóntase con máis de 5.000 usuarios, dos que 3.000 son estudantes.


No campus da Coruña: as instalacións náuticas do Club Universitario, o Pavillón de Deportes do campus de Elviña e o campus de Riazor. E no campus de Elviña, ademais, o complexo deportivo, o Estadio Universitario, a Sala Multiusos, a Sala Muscular de 300 m2 con máquinas de última xeración, o tatami de 150 m2, a pista de tenis, a pista de atletismo, a pista polideportiva exterior e o campo de fútbol e rugby de herba natural.


No campus de Ferrol: a sala da área de deportes.


Por segundo ano organizamos o Día do Deporte no campus de Elviña, con diferentes actividades deportivas: campionatos de fútbol e de baloncesto, actividades de tiro con arco e tirolina, así como avaliacións da condición física tanto no campus de Ferrol como no da Coruña. Para o acto da entrega de premios contamos coa participación de case 200 persoeiros e deportistas reunidos nunha cea. O Premio UDC Deportes foi outorgado este ano ao equipo feminino de rugby pola súa traxectoria e polos importantes éxitos acadados.


Para ver con máis detalle todas as actividades deportivas levadas a cabo no ano 2010, pódese consultar o Informe do reitor 2010.