Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

ESTUDANTADO


8. CULTURA


A UDC concibe a educación como a transmisión de coñecementos dentro dun proceso de formación integral en actitudes e valores. Entendemos así a universidade como algo máis que un lugar onde se reciben ou imparten materias. As mellores tradicións universitarias souberon ver a formación do estudantado como un proceso integral que cobre por igual aquilo que os clásicos chamaban o lecer creativo, sexa mediante o deporte ou a cultura no sentido máis amplo.


As actividades culturais, como as deportivas ou as solidarias, son tamén lugar de encontro nun sentido máis amplo, pois abranguen non só a comunidade universitaria, mais tamén o conxunto da cidadanía, para a que como servizo público traballamos, ensinamos e investigamos. Con este obxecto, as actividades culturais que organizamos son sempre de portas abertas á cidadanía. A inauguración en 2011 de Normal. Espazo de Intervención Cultural no campus de Riazor, no centro da cidade da Coruña, virá fortalecer esta aposta. Algo semellante sucederá coa posta en marcha do novo espazo de Extensión Universitaria no campus de Esteiro, Ferrol.


A UDC ofrece un amplísimo programa de actividades culturais en campos diversos:


Letras, poetas, narradores e ensaístas que len e comentan a súa obra en obradoiros de reflexión e de debate literario. E a Aula de Prensa, espazo de debate con conferencias e mesas redondas sobre temas de actualidade ou de divulgación, onde se colabora con Radio Coruña.


Teatro e danza contemporánea, con varios niveis formativos, produción propia de obras e un festival anual, o Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña (FITEUC), a que asisten mostras doutras universidades. E cinema e imaxe, con proxeccións comentadas de filmes en ciclos temáticos, conferencias e cursos, videoteca, atención ás novas tecnoloxías da imaxe ou videocreación.


Música clásica, con cursos formativos, os concertos didácticos de periodicidade anual, o Ciclo de Novos Intérpretes ou o renovado Coro Universitario da UDC. E outras músicas, nomeadamente músicas contemporáneas ou de cantautor, co festival anual Campus Rock, a colaboración co pub Filloa para concertos de jazz ou o concerto de cantautores.


Exposicións, que van encontrar o seu marco estable no centro cultural Normal, dentro dunha liña alternativa e de vangarda moi ligada ás novas linguaxes urbanas e aos contidos audiovisuais, ben de produción propia, ben en colaboración. E obradoiros de fotografía, arte, audicións comentadas, radio, cociña...


Para alén disto, cóntase cunha ampla programación de cursos de verán, 17 no ano 2010, ligada sobre todo aos concellos do ámbito xeográfico da UDC, a cal vai crecendo de ano en ano. Destaca, desde fai tres anos, o Curso de Verán de Divulgación Científica na Sociedade, dirixido ao estudantado e ao PDI. Xunto con isto, non podemos esquecer a Cátedra Jorge Juan, mercé á cal UDC organiza, en colaboración coa Armada, ciclos de conferencias de diversa índole.


Para ver con máis detalle todas as actividades deportivas levadas a cabo no ano 2010, pódese consultar o Informe do reitor 2010.